Laredo, Cantabria: Diferenzas entre revisións
m Laredo, España movida a Laredo |
|||
Liña 24: | Liña 24: | ||
* [[Tarrueza]] |
* [[Tarrueza]] |
||
* [[Villante]] |
* [[Villante]] |
||
{{commons|Category:Laredo}} |
|||
[[Categoría:Cantabria|Laredo]] |
[[Categoría:Cantabria|Laredo]] |
Revisión como estaba o 9 de maio de 2008 ás 19:22
Laredo é unha vila e un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria, sito na parte oriental da mesma e sobre o Mar Cantábrico.
É cabeza comarcal do val baixo Asón, e como tal empresta servicios aos seus concellos limítrofes (Colindres, Limpias, Bárcena de Cicero, Liendo, Ampuero, etc.).
Xeografía
Sitiudo na desembocadura oriental do río Asón, na súa maior parte é un estenso areal de máis de 5 km nomeado La Salvé. Porén, a superficie é sobretodo chaira e areosa; aínda que arredor da mesma aparecen terreos alombados. A maior parte do territorio está ocupado por edificacións, pese a que é frecuente o xurdimento de fragas de eucaliptos, piñeiros e castiñeiros, así como vexetación de tipo dunar nas areas da praia.
Economía
Económicamente, pasou de vivir, hai pouco máis de 30 anos, da pesca a depender do sector servicios. Dentro deste merece mención especial a hostelería, á que se adica unha parte importante da súa poboación activa, e está destinada a cubrir as necesidades de ocio das numerosas persoas que visiten a vila, designadamente na época do verán. De feiro, Laredo é unha referente do tópico turismo de sol e praia no norte da Península.
A industria municipal está baseada na transformación dos produtos pesqueiros, salientemente de anchoa, e máis nas pequenas empresas familiares. O sector primario, por contra, foi perdendo importancia, aínda que polo de agora son moitos os laredanos que se dedican a este tipo de labor.
Patrimonio cultural
A súa historia ven definida polo antigo esplendor como localidade vencellada ao Mar Cantábrico. Dentro do seu núcleo urbano son correntes as casas solariegas brasonadas e numerosos os centros relixiosos, entre os que cómpre destacar a igrexa gótica de Santa María da Asunción (século XIV).
Localidades
- La Arenosa
- El Callejo
- Las Cárcobas
- Las Casillas
- Laredo (Capital)
- La Pesquera
- Tarrueza
- Villante
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Laredo, Cantabria |