Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Cornes Antigo lugar da parroquia de Santa María de Conxo integrado en Compostela en 1925. A antiga aldea de Cornes, en cuio nome resoa unha voz prerromana que alude ao rochedo no que...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de abril de 2008 ás 01:28

Cornes Antigo lugar da parroquia de Santa María de Conxo integrado en Compostela en 1925. A antiga aldea de Cornes, en cuio nome resoa unha voz prerromana que alude ao rochedo no que se abriga encarada á solaina do sul, queda por baixo do camiño, e conserva a súa traza medieval. A antiga casa do Concello de Conxo estaba na actual avenida de Vilagarcía nº 28. Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra da actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro, que lle adicou os poemas "Aos lirios de Cornes" e "Ao lavadeiro de Cornes". Cornes - Carril foi a primeira liña de camiño de ferro en Galicia. Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento, etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo e avd. de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros principalmente marmolistas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.