Xoán VI Cantacuzeno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Liña 30: Liña 30:
[[bg:Йоан Кантакузин]]
[[bg:Йоан Кантакузин]]
[[ca:Joan VI Cantacuzè]]
[[ca:Joan VI Cantacuzè]]
[[cs:Jan VI. Kantakuzenos]]
[[de:Johannes VI. (Byzanz)]]
[[de:Johannes VI. (Byzanz)]]
[[el:Ιωάννης ΣΤ']]
[[el:Ιωάννης ΣΤ']]
Liña 39: Liña 40:
[[it:Giovanni VI di Bisanzio]]
[[it:Giovanni VI di Bisanzio]]
[[ja:ヨハネス6世カンタクゼノス]]
[[ja:ヨハネス6世カンタクゼノス]]
[[lt:Jonas VI Kantakuzinas]]
[[nl:Johannes VI Kantakouzenos]]
[[nl:Johannes VI Kantakouzenos]]
[[pl:Jan VI Kantakuzen]]
[[pl:Jan VI Kantakuzen]]

Revisión como estaba o 23 de abril de 2008 ás 07:31

Xoán VI Cantacuzeno (h. 1292 - 15 de xuño de 1383), emperador bizantino de 1347 a 1354, naceu en Constantinopla. Pertence á Dinastía Cantacuzeno.

Relacionado coa casa dos Paleólogo pola familia da súa nai, cando Andrónico III ascendeu ao trono en 1328 confióuselle o máximo poder na administración. Á morte do emperador en 1341, Cantacuzeno quedou como rexente de Xoán V Paleólogo que só contaba con nove anos de idade.

Ao ter a oposición da emperatriz e dun poderoso partido cortesán, rebelouse e fíxose coroar emperador en Didymoteicos, en Tracia, mentres que Xoán V e os seus partidarios conservaban Constantinopla.

A guerra civil que seguiu durou seis anos, en cuxo curso ambas partes pediron axudas externas, dos serbios e dos turcos otománs, e contrataron mercenarios de todo tipo. Pero o apoio dos turcos, con quen chegou a un desgraciado acordo, sería definitivo para que Cantacuzeno acabase coa guerra no seu favor.

En 1347 fixo a súa entrada triunfal en Constantinopla, e obrigou aos seus opoñentes a asinar un acordo polo cal se convertía en co-emperador con Xoán V, e único administrador durante a minoría. Tamén logrou que o seu propio fillo Mateu Cantacuzeno fose co-emperador.

Nesta época, o Imperio, xa entón dividido e reducido á súa mínima expresión, era atacado por todas partes. Houbo guerras cos xenoveses, que mantiñan unha colonia en Gálata e controlaban as transaccións monetarias coa corte. Guerra tamén cos serbios, que expandían o seu propio imperio nas fronteiras noroccidentais de Bizancio. E ademais produciuse a perigosa alianza cos turcos, que tomaron as primeira cidade en Europa (Galípolis en Tracia) cara ao final do seu reinado.

Cantacuzeno recorreu con demasiada facilidade á axuda estranxeira para liquidar os seus problemas internos, e como a miúdo non tiña diñeiro para pagarlles, estes tomaban cidades do Imperio como pago. As cargas fiscais que impuxo resultaron excesivas para os seus súbditos, de modo que se reforzou o partido favorábel a Xoán Paleólogo. Finalmente, cando este último entrou en Constantinopla a finais de 1354, a súa vitoria foi doada.

Cantacuzeno retirouse a un mosteiro (onde tomou o nome de Joasaf Cristódulo) e dedicouse a escribir. Morreu no Peloponeso e foi enterrado polos seus fillos en Mistra, en Laconia. A súa Historia en catro libros relata os anos 1320 - 1356: unha apoloxía das súas accións que debe ser lida tendo en conta esta circunstancia. Afortunadamente, pode complementarse e corrixirse coa obra doutro contemporáneo, Nicéforo Gregoras. Ten o mérito de ser ordenada e homoxénea, pero a información sobre asuntos que non o atinxían directamente non resulta moi fiábel.


Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán V Paleólogo
Xoán VI Cantacuzeno
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Paleólogo