John Dos Passos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:John Dos Passos
→‎Biografía: Ascendencia portuguesa de Dos Passos
Liña 2: Liña 2:


== Biografía ==
== Biografía ==
Nacido en Chicago, na súa infancia e mocidade viaxou cos seus pais por [[México]] e algúns países de [[Europa]] (en especial [[Bélxica]], o [[Reino Unido]] e [[España]]). En 1916 graduouse en Artes pola [[Universidade de Harvard]].
Nacido en Chicago, en unha familia descendente de [[Portugal|portugueses]] da [[Arquipélago de Madeira|illa da Madeira]], na súa infancia e mocidade viaxou cos seus pais por [[México]] e algúns países de [[Europa]] (en especial [[Bélxica]], o [[Reino Unido]] e [[España]]). En 1916 graduouse en Artes pola [[Universidade de Harvard]].


Ó iniciarse a intervención norteamericana na [[Primeira Guerra Mundial]] atopábase de viaxe en [[España]], e alistouse voluntario nas ambulancias militares de [[Italia]]. Publica en 1919 unha novela de corte autobiográfico, ''A iniciación dun home''. Trala guerra, volveu a viaxar por España e ó seu regreso publicou ''Rocinante volve ó camiño''.
Ó iniciarse a intervención norteamericana na [[Primeira Guerra Mundial]] atopábase de viaxe en [[España]], e alistouse voluntario nas ambulancias militares de [[Italia]]. Publica en 1919 unha novela de corte autobiográfico, ''A iniciación dun home''. Trala guerra, volveu a viaxar por España e ó seu regreso publicou ''Rocinante volve ó camiño''.

Revisión como estaba o 22 de abril de 2008 ás 13:19

John Rodrigo Dos Passos, (Chicago, Illinois, 14 de xaneiro de 1896 - Baltimore, Maryland, 28 de setembro de 1970) foi un novelista e xornalista estadounidense.

Biografía

Nacido en Chicago, en unha familia descendente de portugueses da illa da Madeira, na súa infancia e mocidade viaxou cos seus pais por México e algúns países de Europa (en especial Bélxica, o Reino Unido e España). En 1916 graduouse en Artes pola Universidade de Harvard.

Ó iniciarse a intervención norteamericana na Primeira Guerra Mundial atopábase de viaxe en España, e alistouse voluntario nas ambulancias militares de Italia. Publica en 1919 unha novela de corte autobiográfico, A iniciación dun home. Trala guerra, volveu a viaxar por España e ó seu regreso publicou Rocinante volve ó camiño. En 1925 publica a novela que lle deu fama e relevancia mundial: Manhattan Transfer, escrita como un mosaico polo que deambulan as diversas personaxes, con breves relatos fragmentarios que en conxunto retratan unha idea fiel da Nova Iorque da época que describe. Este mesmo estilo é o que utilizaría na súa triloxía U.S.A..

En 1927 fixo pública a súa postura contraria á execución dos anarquistas Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti, sendo metido no cárcere por iso.

Aínda que inicialmente mantivo unha ideoloxía cercana ó socialismo, unha visita á Unión Soviética a finais dos anos 20 fíxoo ser bastante máis crítico. En 1937 volveu de novo a España para colaborar con Ernest Hemingway no guión do documental La tierra española, pero ó coñecer a desaparición do seu amigo e tradutor da súa obra José Robles, presumiblemente a mans dos servizos secretos soviéticos, rachou definitivamente coa ideoloxía comunista. A esta época corresponden algunhas das súas novelas, como Adventures of a Young Man, Number One ou The Grand Design.

A súa obra

John Dos Passos historiou a realidade social norteamericana. O seu particular estilo, con cadros e referencias aparentemente desconectadas, sitúan as obras no marco da época.

  • The Scene of Battle (1919)
  • One Man's Initiation: 1917 (novela, 1920)
  • Three Soldiers (novela, 1921)
  • A Pushcart at the Curb (1922)
  • Rosinante to the Road Again (novela, 1922)
  • Streets of Night (1923)
  • Manhattan Transfer (novela, 1925)
  • Garbage man (teatro, 1926)
  • Facing the Chair (1927)
  • Orient Express (1927)
  • Airway Inc. (teatro, 1928)
  • U.S.A. (triloxía; 1938) inclúe:
    • The 42nd Parallel (novela, 1930)
    • Nineteen Nineteen (1932)
    • The Big Money (novela, 1936)
  • The Ground we Stand On (1949)
  • District of Columbia (triloxía; 1952) inclúe:
    • Adventures of a Young Man (novela, 1939)
    • Number One (novela, 1943)
    • The Grand Design (novela, 1949)
  • Chosen Country (1951)
  • Most Likely to Succeed (1954)
  • The Head and Heart of Thomas Jefferson (1954)
  • The Men Who Made the Nation (1957)
  • The Great Days (1958)
  • Prospects of a Golden Age (1959)
  • Midcentury (novela, 1961)
  • Mr. Wilson's War (1962)
  • Brazil on the Move (1963)
  • The Best Times: An Informal Memoir (memorias, 1966)
  • The Shackles of Power (1966)
  • The Portugal Story (1969)
  • Century's Ebb: The Thirteenth Chronicle (1970)
  • Easter Island: Island of Enigmas (1970)

Bibliografía

  • Ignacio Martínez de Pisón. Enterrar a los muertos, Ed. Seix Barral, 2005
  • Niall Binns. "La muerte de José Robles y la baja literaria de John Dos Passos", en La llamada de España. Escritores extranjeros en la Guerra Civil, Ed. Montesinos, 2004

Ligazóns externas