Richard Réti: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo ligazóns de homónimos
Liña 1: Liña 1:
'''Richard Réti''' ([[28 de maio]] de [[1889]], [[Pezinok]] (agora [[Eslovaquia]]) - [[6 de xuño]] de [[1929]], [[Praga]]) foi un xogador de [[xadrez]] [[Checoslovaquia|checoslovaco]], aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a [[Hungría]].
'''Richard Réti''' ([[28 de maio]] de [[1889]], [[Pezinok]] (agora [[Eslovaquia]]) [[6 de xuño]] de [[1929]], [[Praga - Praha|Praga]]) foi un xogador de [[xadrez]] [[Checoslovaquia|checoslovaco]], aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a [[Hungría]].


Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Reti tiña un gran sentido do humor e sempre estaba sorrindo, excepto cando vía algún automóbil porque os tiña un gran pavor.
Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Reti tiña un gran sentido do humor e sempre estaba sorrindo, excepto cando vía algún automóbil porque os tiña un gran pavor.

Revisión como estaba o 21 de abril de 2008 ás 13:16

Richard Réti (28 de maio de 1889, Pezinok (agora Eslovaquia) — 6 de xuño de 1929, Praga) foi un xogador de xadrez checoslovaco, aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a Hungría.

Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Reti tiña un gran sentido do humor e sempre estaba sorrindo, excepto cando vía algún automóbil porque os tiña un gran pavor.

Un dos máis grandes xogadores do mundo durante os anos 10 e os anos 20, Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo aperturas talles como o Gambito de rei (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da primeira guerra mundial, o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do hipermodernismo, xunto con Aron Nimzowitsch e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch O meu sistema, é considerado como o maior contribuínte literario do movemento.

A Apertura Reti (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo José Raúl Capablanca en Nova York 1924 —a primeira derrota de Capablanca en oito anos e a primeira logo do título— é nomeada na súa honra. Tartakower denominou a esta apertura como "a apertura do porvir".

Era tamén un compositor notable na parte final do xogo. En 1925 Réti logrou a marca mundial para a variedade de xadrez a cegas con 29 xogos simultáneos. Incriblemente, gañou vinte e un destes, empatou seis e perdeu soamente dous.

Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: Novas ideas en xadrez (1922) e Os mestres do taboleiro de xadrez (1930) aínda se estudan hoxe en día.

Réti morreu o 6 de xuño 1929 en Praga vítima de escarlatina.

Publicacións

  • Novas ideas en xadrez (1922)
  • Os mestres do taboleiro de xadrez (1930)