Quidditch Through the Ages: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 67: Liña 67:
[[Categoría:Libros de Harry Potter]]
[[Categoría:Libros de Harry Potter]]


[[ar:كويدتش عبر العصور]]
[[bs:Metloboj kroz stoljeća]]
[[bs:Metloboj kroz stoljeća]]
[[cs:Famfrpál v průběhu věků]]
[[cs:Famfrpál v průběhu věků]]

Revisión como estaba o 17 de abril de 2008 ás 12:21

O quidditch a través dos tempos é o título dun libro escrito pola británica J. K. Rowling, que actúa como complemento á saga de Harry Potter (que tamén foi escrita por ela), ao igual que Bestas fantásticas e onde dar con elas. A versión en castelán foi publicada en 2001 pola editorial Salamandra.

O libro trata sobre a historia do quidditch, deporte máxico que practican os bruxos e meigas. Este libro é mencionado ao longo das novelas de Harry Potter como un libro da biblioteca de Hogwarts. As vendas do libro van dirixidas á fundación Comic Relief, e contén ilustracións de J. K. Rowling.

O libro ficticio

Dentro do mundo ficticio de Harry Potter, O quidditch a través dos tempos, é un libro que está escrito por Kennilworthy Whisp, un experto e fanático do quidditch.

O libro conta a historia do quidditch dende os seus incios, así como a dos primeiros xogos que se practicaban cunha vasoira. Segundo Madam Pince, a libreira da biblioteca de Hogwarts, a copia do libro que está na biblioteca é: «rasgado, babeado por riba del e xeralmente maltratado case a diario». Harry Potter disfrutou lendo este libro. Cando Severus Snape pillou a Harry fóra da escola con este libro en Harry Potter e a pedra filosofal, Snape inventou a regra de que non estaba permitido levar os libros da biblioteca ó exterior, e quitoullo das mans quitando, ademais, 5 puntos a Gryffindor.

O libro real

O libro real foi escrito por J. K. Rowling, aínda que o nome de Kennilworthy Whisp aparece na portada do libro e ás veces tómase como co-autor do mesmo. As recaudacións que se obtiveron coa venda do libro foron parar á fundación Comic Relief como as do seu compañeiro, Bestas fantásticas e onde dar con elas.

Aínda que Harry ten este libro durante o seu primeiro ano (1991-1992), hai nomeado un evento que ocorreu en 1994.

Capítulos do libro

Á esquerda están os títulos dos capítulos en castelán, e á dereita o seu correspontente título en galego:

  1. Prólogo
  2. La evolución de la escoba voladora
  3. Antiguos juegos de escobas voladoras
  4. El juego del pantano Queerditch
  5. La aparición de la snitch dorada
  6. Precauciones anti-muggles
  7. Cambios en el quidditch a partir del siglo XIV: Campo; Pelotas; Jugadores; Reglas; Árbitros
  8. Equipos de quidditch de Gran Bretaña e Irlanda
  9. La expansión del quidditch por el mundo
  10. El desarrollo de la escoba de carreras
  11. El quidditch en la actualidad
  1. Prólogo
  2. A evolución da vasoira voladora
  3. Antigos xogos de vasoiras voladoras
  4. O xogo do pantano Queerditch
  5. A aparición da snitch dourada
  6. Precaucións anti-muggles
  7. Cambios no quidditch a partir do século XIV: Campo; Pelotas; Xogadores; Regras; Árbitros
  8. Equipos de quidditch de Gran Bretaña e Irlanda
  9. A expansión do quidditch polo mundo
  10. O desenvolvemento da vasoira de carreiras
  11. O quidditch na actualidade


Curiosidades

  • Comic Relief pediulle con poucas esperanzas a J. K. Rowling que escribise un conto curto de Harry para destinar os beneficios á asociación. Como a ela se lle dá mal escribir contos curtos, pensou que era mellor escribir non un libro, señón dous.
  • A J. K. Rowling sempre lle gustou debuxar. Xa que non publicaran os bocetos que tiña para ilustrar Harry Potter e a pedra filosofal, dado que a editorial opuxérase, nesta ocasión debuxou ela tódalas ilustracións que aparecen no interior.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazón externa


Modelo:Harrypotter