Acne: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: vi:Mụn |
m bot Modificado: eo:Aknohaŭto |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[el:Ακμή]] |
[[el:Ακμή]] |
||
[[en:Acne vulgaris]] |
[[en:Acne vulgaris]] |
||
[[eo: |
[[eo:Aknohaŭto]] |
||
[[es:Acné]] |
[[es:Acné]] |
||
[[fi:Akne]] |
[[fi:Akne]] |
Revisión como estaba o 16 de abril de 2008 ás 10:23
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A acne, é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.
A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuente pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos e pode persistires durante a terceira e cuarta década.
Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a sua patoxenia implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituido por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estaren infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando o problema desapareza.
As localizacións preferentes das lesións son:
- Cara
- Nuca
- Lombos
- Costas
- Peito.
A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituindo unha forma grave da enfermidade, o acné abscesiforme. Sen embargo o habitual é que esta enfermidade curse por brotes sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade. É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.
Existen outros tipos de acné:
- Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea).
- Rinofima: en varóns adultos, repetición do cuadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz.
- Outras acnés menos frecuentes:
- Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no borde de implantación do pelo.
- Acne nodular: deixan moitas cicatrices.
- Acne queloidiana: Foliculite crónica na nuca, deixando unha cicatriz antiestética.
- Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alquitrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas sustancias.
- Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos, etc.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |