Xépidos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Gepiden
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[pobos xermánicos|Pobo xermano]] procedente do baixo [[Vístula]], asentáronse en [[Transilvania]].
Os '''Xépidos''' eran un [[pobos xermánicos|pobo xermano]] procedente do baixo [[Río Vístula|Vístula]], asentáronse en [[Transilvania]].


Foron dominados polos [[hunos]], combateron xunto a [[Atila]] na [[Batalla dos Campos Cataláunicos]].
Foron dominados polos [[hunos]], combateron xunto a [[Atila]] na [[Batalla dos Campos Cataláunicos]].

Revisión como estaba o 15 de abril de 2008 ás 20:01

Os Xépidos eran un pobo xermano procedente do baixo Vístula, asentáronse en Transilvania.

Foron dominados polos hunos, combateron xunto a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos.

Trala morte de Atila os xépidos ao mando do seu rei Ardarico rebeláronse contra os hunos, aliáronse aos ostrogodos e hérulos para derrotaren aos fillos de Atila na beira do río Nedao.

No ano 565 estalou a guerra entre longobardos e xépidos, quen, ante a superioridade dos longobardos, buscaron axuda do emperador Xustino II prometendo entregar a cambio a cidade de Sirmium.

Os longobardos foron derrotados e o rei xépido Cunimundo non cumpriu a súa promesa e retivo Sirmium, Os longobardos entón aliáronse aos ávaros e derrotaron totalmente aos xépidos matando ao seu rei e repartíndose todos os seus territorios cos ávaros.