Manuel Martínez González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
* López Rodríguez, Francisco, ''Lembranza de Manuel Martínez González'', in "Grial. Revista galega de cultura", nº 71, Vigo, xaneiro-febreiro-marzo 1981, páx. 76 e ss.
* López Rodríguez, Francisco, ''Lembranza de Manuel Martínez González'', in "Grial. Revista galega de cultura", nº 71, Vigo, xaneiro-febreiro-marzo 1981, páx. 76 e ss.


[[Categoría:Escritores en ligua galega|Martínez González, Manuel]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Martinez Gonzalez, Manuel]]

Revisión como estaba o 10 de abril de 2008 ás 23:37

Manuel Martínez González, nado en Azuqueca de Henares (Guadalaxara) o 21 de abril de 1849 e falecido o 26 de abril de 1894, foi un poeta galego.

Biografía

Manuel Martínez González era fillo dun garda civil natural de Somozas, e mais dunha salmantina. Aos seis anos comezou os estudos primarios en Santiago de Compostela, onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar Dereito na mesma cidade, estudos que rematou en Madrid en 1871.

Posteriormente, Martínez fixo oposicións para notaría, exercendo a profesión, sucesivamente, en Vigo, Cangas do Morrazo e Padrón.

Faleceu en 1894.

Obra publicada

Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:

  • Poemas gallegos. Pontevedra. Tipografía de José M. Madrigal. 1883.

A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.

Temática

Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha critica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeira Rosalía aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("Rodrigo Gómez") e, un bon ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").

Lingua

A escrita de Martínez González é a usual no século XIX, con abundancia de apóstrofes. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (rey, nay, ley) e con carácter antihiático (todo o manexa / y é quen o desfay; filliño d'a yalma). Substitúe con o -r- nos grupos con -l- (imposibre, puebro, groria). Usa o seseo de tipo implosivo (xues, arcás). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (decir, puebro, carretera, gallego, diputado) e os vulgarismos (hestoria, auntamento, Madrí, eleutoral).

Bibliografía

  • Carballo Calero, Ricardo, Historia da literatura galega contemporánea. Vigo. Galaxia. 1975.
  • López Rodríguez, Francisco, Lembranza de Manuel Martínez González, in "Grial. Revista galega de cultura", nº 71, Vigo, xaneiro-febreiro-marzo 1981, páx. 76 e ss.