Les Schtroumpfs: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2005 ás 21:52

Ficheiro:Schluempfe1.jpg
Dous pitufos de plástico

Os pitufos son unha raza ficticia de pequenas criaturas azuis que viven nun bosque nalgún lugar de Europa. Foron creados polo historietista belga Peyo, e popularizados pola serie animada de televisión dos estudios Hanna-Barbera.

Na Aldea Pitufo, onde viven tódolos pitufos, tódalas casas son hongos, todos visten igual (pantalón blanco e gorra blanca), exceptuando a Papá Pitufo (que viste de cor vermella), que ademáis coñece de feitizos e maxia. Cada pitufo ten unha personalidade extravagante, destacando Fortachón, Goloso (o cociñeiro), Vanidoso, Bromista (cós seus regalos explosivos que sempre fallan), Granxeiro, Filósofo e o antes mencionado Papá Pitufo. Ademáis, nas últimas temporadas aparecen 3 pitufos pequeños, e o Avó Pitufo (vestido de amarelo).

Gargamel, un bruxo cun gato chamado Azrael, sempre trata de capturar ós pitufos con trampas para poder prepararse con eles a 'sopa de pitufos', un lexendario plato exquisito de sabor irrepetible. Pero máis tarde a súa manía persecutoria hacia eles vólvese máis imprecisa.

O tema musical que acompaña as aparicións de Gargamel, na serie de debuxos, comeza cunha mezcla de Scherezada e continúa có primeiro movemento da Octava Sinfonía de Franz Schubert, chamada Inconclusa.

O tema en francés é cantado por Dorothée, que presentaba programas para nenos na televisión nos anos 90. En España, esta serie emitíuse a través das distintas cadenas de televisión autonómicas.

Os personaxes máis coñecidos son: Azrael, Gargamel, O Gran Pitufo (posteriormente, na serie animada, Papá Pitufo) e Pitufina.