Galactosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algunha corrección
Lameiro (conversa | contribucións)
modifico categoría
Liña 12: Liña 12:
* [http://www.leloir.org.ar/espanol/paginas/Uridina.htm Explicación científica do descubrimento]
* [http://www.leloir.org.ar/espanol/paginas/Uridina.htm Explicación científica do descubrimento]


[[Categoría:Carbohidrato]]
[[Categoría:Carbohidratos]]


[[ar:جالكتوز]]
[[ar:جالكتوز]]

Revisión como estaba o 4 de abril de 2008 ás 23:26

D-galactosa
D-galactosa

A galactosa é un monosacárido formado por seis átomos de carbono (é dicir, unha hexosa), que se converte en glicosa no fígado como aporte enerxético. Ademais forma parte dos glicolípidos e glicoproteínas das membranas celulares das células, sobre todo das neuronas.

Dende o punto de vista químico é unha aldosa pois o seu grupo químico funcional é un aldehido (CHO) ubicado no carbono 1. Por outra parte, ao igual que a glicosa, a galactosa é unha piranosa xa que teoricamente pode derivarse do anel de seis lados formado por 5 átomos de carbono e 1 de osíxeno, chamado pirano.

Síntese da galactosa

A galactosa é sintetizada polas glándulas mamarias para producir lactosa, que é un disacárido formado pola unión de glicosa e galactosa. Por tanto, a maior achega de galactosa na nutrición provén da inxesta de lactosa do leite.

A síntese da galactosa foi o primeiro descubrimento relevante que realizou o médico e bioquímico arxentino, e logo Premio Nobel de Química, Luis Federico Leloir. O descubrimiento, realizado en 1947, baseouse nun problema plantexado polo biólogo Rawell Caputo no tecido da glándula mamaria.

Ligazóns externas