Dieta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 756500 de 190.43.152.47 (disc.)
Desfíxose a edición 756498 de 190.43.152.47 (disc.)
Liña 17: Liña 17:
==A dieta mundial==
==A dieta mundial==

Todo depende da región e relixión na que se encontre. Xa sexa por costume ou por facilidade dos alimentos ou dependendo do estado climático. Pero en cada rexión trátase de establecer certos tipos de comidas; algunhas son saudables e, polo tanto, outras non o son.
Todo depende da rexión e relixión na que se encontre. Xa sexa por costume ou por facilidade dos alimentos ou dependendo do estado climático. Pero en cada rexión trátase de establecer certos tipos de comidas; algunhas son saudables e, polo tanto, outras non o son.

Tendo en conta as bases dunha boa alimentacion poderiamos dicir que un 75% da poboación, varíe o lugar e a ubicacion, estaría padecendo un grao de estabilidade pouco saudable. Algunha vez teremos inxerido comida chatarra (a preferida polos nenos), e é por ela que o noso grao de saúde se degrada.

Revisión como estaba o 4 de abril de 2008 ás 00:03

O termo dieta vén do grego díaita, que significa "forma de vida", a dieta é o conxunto de platos e alimentos illados que cada persoa consume nun día.En ocasións confúndese dieta con réxime especial para baixar de peso ou para tratar certas enfermidades. Pero a realidade é que, boa ou mala, todo ser humano ten a súa dieta.

Trátase do conxunto de hábitos ou comportamentos alimenticios ou nutricionais dunha persoa ou poboación. A dieta forma parte do estilo de vida, da cultura, e vese afectada por factores sociais e económicos das persoas.

Condicionantes da dieta

A conformación da inxesta ou dieta está condicionada pola dispoñibilidade de alimentos que, evidentemente, depende das condicións climáticas, edafolóxicas e de ubicación xeográfica de cada rexión, pero tamén é consecuencia de razóns relixiosas, culturais e ideolóxicas ou de fenómenos históricos, sociais, económicos e políticos.

A alimentación, consecuencia de moitos factores, confórmase tamén tendo en conta aspectos individuais, que na escala de preferencias son moi variables, condicionados por múltiples axentes que actúan en función de preferencias estéticas, gastronómicas, etc. que, á súa vez, están influídas, entre outros, pola publicidade ou a dispoñibilidad de medios.

Variedade da dieta

A variedade da alimentación, mesmo nun mesmo país, rexión ou familia, podería disuadir da súa análise conxunta e, porén, aínda tendo en conta os aspectos puntuais, hai unha grande parte da poboación que está afectada por condicionantes comúns que fan que as similitudes sexan, a pesar de todo, tantas que permiten establecer as liñas xerais da nutrición, a alimentación, a dieta e a gastronomía, porque ademais dos factores que tenden a crear diferenzas hai outros que, polo contrario, fan que a alimentación tenda a ser homoxénea, como é, por exemplo, a necesidade de facer comidas fóra da casa. É cada vez máis frecuente que, polo menos cinco días á semana, se coma primeiro na gardería, que se siga facendo o mesmo na escola, logo na universidade, despois na empresa e, máis tarde, en moitos casos, na residencia para a terceira idade.

A dieta mundial

Todo depende da rexión e relixión na que se encontre. Xa sexa por costume ou por facilidade dos alimentos ou dependendo do estado climático. Pero en cada rexión trátase de establecer certos tipos de comidas; algunhas son saudables e, polo tanto, outras non o son.

Tendo en conta as bases dunha boa alimentacion poderiamos dicir que un 75% da poboación, varíe o lugar e a ubicacion, estaría padecendo un grao de estabilidade pouco saudable. Algunha vez teremos inxerido comida chatarra (a preferida polos nenos), e é por ela que o noso grao de saúde se degrada.

Cantidade e calidade da dieta

Cando unha sociedade evoluciona positivamente ten máis opcións na elección de alimentos e isto leva aparellado que os máis aprezados se consuman con máis frecuencia. Sucede, ademais, que os alimentos máis desexados adoitan ser nutricionalmente máis ricos, polo que as enfermidades por falta de nutrientes teñen cada vez menor incidencia e por este motivo, en poucos anos, quedaron na lembranza carencias que durante moito tempo estivieron estendidas. A inxesta de alimentos máis ricos, máis concentrados en nutrientes, que nos proporcionan máis pracer, non supón que se consigan estados nutricionales perfectos, o que ocorre é que cambian as enfermidades. Por sorte, o mellor coñecemento da nutrición, dos nutrientes, da fisioloxía e, en xeral, da relación alimentos-organismo, permítenos tomar as medidas oportunas para chegar a obter os mellores resultados. Todas as cociñas, mesmo as máis autóctonas e tradicionais evolucionaron e nelas produciuse un fenómeno de desenvolvemento e refinamento a través das xeracións.

Ligazóns externas

  • OMS A dieta segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde)
  • Calculadora dietética Aplicación onde se pode facer unha dieta on-line