Organismo pluricelular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Zelulanitz
Liña 19: Liña 19:
[[es:Pluricelular]]
[[es:Pluricelular]]
[[et:Hulkrakne organism]]
[[et:Hulkrakne organism]]
[[eu:Zelulanitz]]
[[fr:Organisme pluricellulaire]]
[[fr:Organisme pluricellulaire]]
[[hr:Višestanični organizmi]]
[[hr:Višestanični organizmi]]

Revisión como estaba o 3 de abril de 2008 ás 20:27

Un organismo pluricelular é aquel que está constituído por máis dunha célula e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares - protozoos e bacterias, entre moitos outros- que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.

A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, se posibilita a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como myxobacteria, atopan células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.

Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexenerar o organismo enteiro a partir de células xerminais, obxecto de estudio/estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo o estuda a anatomía.

Os organismos pluricelulares poden sufrir de cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.