Conversa usuario:Arco de Rayne: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Liña 99: Liña 99:


Feita a corrección de ''rasgo'' a ''trazo''. Foron unhas 100 páxinas; pódelas ver [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?limit=50&title=Especial%3AContributions&contribs=user&target=XoseBot&namespace=&year=&month=-1 aqui]. Un saúdo, --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 10:59, 21 marzo 2008 (UTC)
Feita a corrección de ''rasgo'' a ''trazo''. Foron unhas 100 páxinas; pódelas ver [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?limit=50&title=Especial%3AContributions&contribs=user&target=XoseBot&namespace=&year=&month=-1 aqui]. Un saúdo, --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 10:59, 21 marzo 2008 (UTC)

==Obrigado==

Olá! Estou muito obrigado com você pela bem-vinda. Tentaré fazer um pouco de tudo. Gracias, de nuevo, y al menos haré alguna traducción pequeña del gallego al castellano o colocaré interwikis. Saludos, --[[Usuario:Góngora|Góngora]] 23:51, 31 marzo 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 31 de marzo de 2008 ás 23:51

  • Benvido/a á Arco de Rayne. Na Galipedia sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores. Moitas veces suxerimos aos usuarios novos que escriban algo na súa páxina persoal sobre os proxectos que teñen en relación con este wiki, se o consideras oportuno sería valioso para a comunidade que puxeras algo nesa páxina. Quixera engadir outro comentario nesta mensaxe de benvida, unha das liñas nas que estamos traballando é na mellora da calidade da wikipedia en galego. Nese sentido quixera pedirche, que se é posible, os artigos sexan un pouco máis amplos. De feito no proxecto de revisión minuciosa da Galipedia que estamos preparando dise o seguinte: "Extensión mínima douscentos caracteres (sen contar cabeceiras, Véxase tamén, Ligazóns externas, ...)". Nesta fase estamos moi preocupados pola mellora na calidade, non tanto na cantidade. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:56, 27 marzo 2006 (UTC)
  • Grazas, diso se trataba. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 07:10, 30 marzo 2006 (UTC)

Ola Arco de Rayne!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Benvido outra vez

Benvido outra vez á Galipedia, grazas por colaborar de novo connosco. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:24, 1 outubro 2006 (UTC)

Perdón

20.000 artigos

Ola Arco de Rayne. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:33, 6 decembro 2006 (UTC)

Saúdo

Alédome novamente de verte outra vez por aquí. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:43, 6 xuño 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:27, 3 outubro 2007 (UTC)

Mikhaiovsk -> Mikhailovsk ?

Ola, entendo que o nome Mikhaiovsk é un erro tipográfico por Mikhailovsk, non? dígoo por ser esta a transliteracion de Михайловск. Saúdos e bo traballo.---- Maañón00 (o que ho?) 20:12, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Coido que xa está, agora soamente queda que un admin borre a páxina trabucada, que a marquei como lixo, como podes ver. Saúdos e bo traballo, calquer cousa xa sabes onde estamos ---- Maañón00 (o que ho?) 20:33, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Califato

Ola Arco de Rayne ! Disculpa a molestia : anduven polo artigo Califato é vin que sacaches unha parte dos interwiki. Non comprendo cal é a razon é eu de boa fé iba recuperalas, pero o millor hai unha razon que non vexo. Saudos ElviraConversa con mi 23:07, 10 xaneiro 2008 (UTC)

Pois antes habia controlado ca wiki catala é non me fixei no que dis. Tes a razon e agradezcoche moita a colaboracion Arco de Rayne. Saudos ElviraConversa con mi 23:20, 10 xaneiro 2008 (UTC)

Saúdos

Ola Arco de Rayne. Tiña pendente saudarte e agradecerche que continues axudando a acrecentar este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:14, 10 febreiro 2008 (UTC)

Pois a verdade é que temos un pequeno lío. Así, por exemplo temos Categoría:Escritores de Galicia, pero temos Categoría:Pintores galegos ou Categoría:Personalidades da política de Galicia (que como pertence á ponla da política pensei que por coherencia os demais tíñanse que semellar). Seguramente haxa que ir á taberna e que a xente diga que xeito prefire para categorizar, e a partires de aí seguir ese modelo. As páxinas mudaríanse de categoría mediante bots. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:33, 1 marzo 2008 (UTC)

Cousiñas

Ola, Arco de Rayne. Parabéns polos traballos dos últimos días. Estás facendo un gran número de edicións atinadas e necesarias. Quería facerche só un par de comentarios:

  • Consulta Wikipedia:Wikiproxecto Papas, porque che pode servir de axuda.
  • Hai cousas que podes facer directamente ti. Está ben que as expliques na páxina de conversa, ou no resumo, os motivos pero podes tomar ti algunhas decisións. Non teñas medo de trabucarte. Cando o fagas, que algunhas veces pasa, xa haberá tempo de dar a volta, ;) --Xabier Cid 16:22, 2 marzo 2008 (UTC)

Fernández de Mesa

Ola, Arco de Rayne... Pisámonos un pouco ao facer os trocos sobre Fernández de Mesa. Síntoo. Borrei a afirmación do usuario anónimo da páxina de conversa porque contén informacións que son acusacións graves. Non debemos deixar eses comentarios sobre terceiros, tampouco nas páxinas de conversa. Porén, engadín o marcador de 'cómpre referencia' ao do título de enxeñeiro, aínda que esixirlle unha referencia a un título de alguén en concreto non é algo completamente neutral. Non sei, sobre isto último teño as miñas dúbidas. Un saudiño. --Xabier Cid 17:28, 4 marzo 2008 (UTC)

Pequena reprimenda

Ola, Arco de Rayne. Fixeches moi ben borrando esa ligazón da web de Olivenza. Pero non debes facer ese tipo de valoracións nos resumos, porque poden levar a crispacións innecesarias: cando nos acompaña a razón, e neste caso ti lévala toda, debemos ser un pouco máis delicados. ;) Pero parabéns polo traballo destes últimos días (e o de hoxe tamén). ;) --Xabier Cid 20:46, 6 marzo 2008 (UTC)

Semanas da calidade

impresionado polo teu bo facer, recollo a testemuña do Especial:Shortpages. Parabéns, e a seguir así. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:08, 7 marzo 2008 (UTC)

Olivença e Gibraltar

Compara Olivença e Gibraltar? Bem. Pode incluir a canção que queira, desde que esteja na rede e se possa ouvir. Obrigado. --Ibérico 09:11, 9 marzo 2008 (UTC) Não faz mal. Obrigado. --Ibérico 15:24, 10 marzo 2008 (UTC)

Galeusca

Ola Arco de Rayne ! Fixen o que me pareceu ben e fixen informe en Conversa:Galeusca. Poño tamen unha mesaxe a cada usuario que participou. Esi en espera, dalle tempo os usuarios e os interwikis estan correctos. Saudos ElviraConversa con mi 00:55, 11 marzo 2008 (UTC)

conclusións das semanas de calidade (I)

buf! agora que o vexo desde dentro, saco o chapeu ante a túa proposta da semana de calidade de mellorar os artigos pequenos. Agora maiormente estou buscando interwikis para as páxinas de homónimos, pero tamén hai que pór caixas de parroquias, eliminar moitos artigos, mandar outros para o diccionario...

xa queda pouco, e espero que alguén recolla a testemuña, porque unha semana está ben, pero máis xa cansa. Coñeces as cidades hititas e as illas de Tuvalu e os periódicos galegos do século XIX, pero esgota un pouco.

Seguimos traballando! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 08:59, 12 marzo 2008 (UTC)

o galego e o usuario iberico

Ola Arco de Rayne ! Vexo que tu e Alberte andades co Usuarion Iberico. Pareceme oportuno que xa hubo explicacios co usuario, ver a sua paxina de conversa Conversa Usuario:Ibérico, e a de Prevert e a miña nas mismas tmporadas. Saudos ElviraConversa con mi 12:18, 17 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:05, 19 marzo 2008 (UTC)

Castelanismos

Ola, Arco de Rayne. A verdade é que me resulta moi complexo axudarche nesa cuestión. Se ben o concepto castelanismo parece claro nas distintas fontes, non o é tanto determinar qué cousas son castelanismos e cales non. Póñoche un exemplo clásico, vasoira e escoba. Todas as fontes teñen máis ou menos claro que vasoira é unha palabra patrimonial que designa un obxecto para varrer composto por unha xesta e unha vara, obxecto que patrimonialmente en español se denominaba escoba. Cando se comezou a fabricar un obxecto de forma e materiais diferentes pero que tiña a mesma función, en español estenderon o campo semántico, e consideraron que a de xesta e a de plástico eran a mesma cousa. Porén, en galego recollemos o empréstito léxico (escoba) pero mantivemos os campos semánticos á parte: para nós eses obxectos non son o mesmo obxecto. Hai prodúcese un castelanismo léxico. Pero anos despois, os linguistas entenden que é necesario mudar ese castelanismo (consideran que, ademais de ser castelanismo, é incorrecto), e cometen outro castelanismo, neste caso semántico: deciden que o obxecto de xesta e o obxecto de plástico son o mesmo obxecto, criterio copiado do español.

É dicir: catelanismo é calquera influencia do español, en calquera nivel, sexa esta incorrecta ou correcta conforme a norma posterior. Determinar cando entra unha palabra e por onde entra é tarefa de etimólogos e historiadores da lingua, e un proceso demasiado arduo para despachalo en dúas patadas (entre outras cousas, habería que saber cando empezan a empregarse as palabras vasoira e escoba en galego, e referidas a que, e despois determinar se ese escoba entra no galego a través do provenzal, do español, do latín, etc.). E estamos a falar dun exemplo clásico e bastante claro. Outra cousa é que entendamos que "castelanismo" é unha palabra incorrecta en galego por proceder do español: iso non é correcto, pero ademais é bastante difícil de referenciar. Existen algúns dicionarios de "dúbidas" que se encargan destas cuestións, pero tampouco son precisamente biblias no tocante á confiabilidade; en todo caso, se ben poden ser fiábeis no que respecta ao grao de corrección, non o son, en absoluto, con respecto á etimoloxía. --Xabier Cid 13:19, 19 marzo 2008 (UTC)

  • Non sei se me entendeches... Ti preguntáchesme se "render contas" era un castelanismo, e eu quixen responder que nin idea, que esa é unha pregunta difícil, das máis difíciles que se poden formular. Se a pregunta fose se "render contas" é incorrecto, habería que acudir a algunhas fontes, entre elas o dicionario da RAG, aínda que non é unha ferramenta demasiado fiábel. Das cousas que dis hai unha que me gusta especialmente: estes son debates pra especialistas. Efectivamente. A pesar de que calquera con un curso de iniciación e perfeccionamento se atreve a ir por aí sinalando palabras como castelanismos (como se fosen termos apestados), debemos tentar ser unha miga serios nesa cuestión, que como tamén dis, non ten que ver co grao de corrección ou incorrección. :) --Xabier Cid 17:18, 19 marzo 2008 (UTC)

Feita a corrección de rasgo a trazo. Foron unhas 100 páxinas; pódelas ver aqui. Un saúdo, --Xosé (✉) 10:59, 21 marzo 2008 (UTC)

Obrigado

Olá! Estou muito obrigado com você pela bem-vinda. Tentaré fazer um pouco de tudo. Gracias, de nuevo, y al menos haré alguna traducción pequeña del gallego al castellano o colocaré interwikis. Saludos, --Góngora 23:51, 31 marzo 2008 (UTC)