Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 15: Liña 15:
Sobre o río de Santa Icía -tamén chamado Río Freixeiro- se atopa a ponte chamada popularmente "romana", pero que foi obra do ano 1814. Nas cercanías está o chamado Muiño dos Amenadás, cuxa primeira construción data do ano 1813.
Sobre o río de Santa Icía -tamén chamado Río Freixeiro- se atopa a ponte chamada popularmente "romana", pero que foi obra do ano 1814. Nas cercanías está o chamado Muiño dos Amenadás, cuxa primeira construción data do ano 1813.


[[lmo:Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol]]
[[pms:Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol]]
[[pms:Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2008 ás 02:48

Santa Cecilia de Trasancos é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 771 habitantes.

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ferrol

Brión (Santa María) | A Cabana (Santo Antonio) | Covas (San Martiño) | Doniños (San Román) | Esmelle (San Xoán) | Ferrol | A Graña (Santa Rosa de Viterbo) | Leixa (San Pedro) | Mandiá (Santa Uxía) | Marmancón (San Pedro) | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) | Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia) | Serantes (San Salvador)


O primeiro documento coñecido -na actualidade- onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano 1087 e pertence á colección diplomática do próximo mosteiro de San Martiño de Xuvia. Durante a Idade Media e a Idade Moderna, Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcedianádego de Trasancos.

O couto -medieval- de Santa Icía de Trasancos estaba en máns do correspondente arcedián, por canto era anexo a esta dignidade do cabido mindoniense. No ano 1586 o rei Felipe II, despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, coengo doutoural da Catedral de Santiago de Compostela. O Dr. Yáñez de Leiro outorgou testamento no ano 1599, polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá -logo co apelido Bermúdez de Mandiá- até a abolición do sistema xurisdiccional co fin do Antigo Rexime no século XIX.

Da igrexa medieval non se conserva máis que un pequeno anaco dunha dovela, empotrado na parede interior do altar maior da que hoxe corre popularmente como "igrexa vella", a cal data do ano 1771 e se edificou baixo o padroado de D. Xosé María Bermúdez de Mandiá e Pardiñas Villardefrancos, señor xurisdiccional polo entón. A actual igrexa parroquial data do ano 1964.

Na mesma parroquia de Santa Icía de Trasancos e lindando coa freguesía anexa de San Pedro de Leixa atópase o espléndido Pazo do Monte, que se rematou de construir no ano 1780 e foi casa solarenga da liñaxe dos Bermúdez de Mandiá, antigos señores da xurisdición, na actualidade en propiedade dos seus sucesores os Moreno-Bermúdez.

Sobre o río de Santa Icía -tamén chamado Río Freixeiro- se atopa a ponte chamada popularmente "romana", pero que foi obra do ano 1814. Nas cercanías está o chamado Muiño dos Amenadás, cuxa primeira construción data do ano 1813.