Henrique IV de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: nl:Hendrik IV van Castilië
m bot Engadido: hr:Henrik IV. Kastiljski
Liña 26: Liña 26:
[[es:Enrique IV de Castilla]]
[[es:Enrique IV de Castilla]]
[[fr:Henri IV de Castille]]
[[fr:Henri IV de Castille]]
[[hr:Henrik IV. Kastiljski]]
[[hu:IV. Henrik kasztíliai király]]
[[hu:IV. Henrik kasztíliai király]]
[[ia:Henrico IV de Castilia]]
[[ia:Henrico IV de Castilia]]

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2008 ás 14:10

Enrique IV de Castela

Enrique IV (Valladolid, España; 25 de xaneiro de 1425Madrid; 11 de decembro de 1474). Rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Fillo de Xoán II de Castela e de María de Aragón, e medio irmán de Isabel a Católica, naceu na desaparecida Casa das Aldabas da rúa Teresa Gil de Valladolid.

Á idade de 15 anos casa coa infanta Branca de Navarra, filla de Branca I de Navarra e de Xoán II de Aragón, da cal non tivo descendencia. En 1453 e despois de comprobar que Henrique IV non tivera ninguna relación coa súa esposa, o Papa Nicolás V anulou o matrimonio.

En 1455 casou en segundas nupcias con Xoana de Portugal. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono, mais a ambición da súa irmá Isabel polo poder, fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Xoana de Portugal con Beltrán de la Cueva; de aí o nome de Xoana a Beltranexa. Na súa época chamábanlle Henrique "O Impotente", por non consumar, supostamente, os seus matrimonios, mais hoxe en día hai quen opina que isto se debía á súa homosexualidade, e que mantiña relacións cos seus favoritos homes sen ninguna dificultade.

Henrique IV no seu reinado quixo restablecer a paz entre a monarquía e os nobres, relación que seu pai deixara ben revolta. Perdooulles aos nobres, pediulles o seu regreso e entregoulles as terras e todos os bens que foran confiscados. A pesar de todas estas melloras, lonxe de agradecer o xesto, os levantamentos da nobreza foron constantes, segundo eles debido ao poder e ao desastre económico ao que os conducía o rei.

Asediado polas revoltas e as exixencias dos nobres, Henrique IV tivo que asinar un tratado polo que nomeaba o seu irmán Afonso lexítimo herdeiro. Tras a morte deste en accidente, Henrique asina coa súa media irmá Isabel o Tratado dos Touros de Guisando, segundo o cal a nomea herdeira, deixando a súa filla Xoana fóra da sucesión, a cambio dalgunhas cuestións, entre as cales está que Isabel non casaría sen a aprobación do rei.

En 1469, o rei, ante o matrimonio secreto entre a súa irmá Isabel e Fernando de Aragón, celebrado en Valladolid, considerou violado o tratado e proclamou a súa filla Xoana como herdeira ao trono, xurando poblicamente que era filla lexítima. Á súa morte, acaecida en 1474, comezou unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, que se decidiu o 1 de marzo de 1475 na batalla de Toro. En 1479 terminou a guerra quedando Isabel I como raíña de Castela.

Enrique IV xace enterrado no panteón real do Mosteiro de Guadalupe.