Literatura copta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:formateando categorías en maíuscula
XoseBot (conversa | contribucións)
m rasgo->trazo
Liña 1: Liña 1:
A '''literatura copta''' é unha das literaturas [[cristianismo|cristiá]]s de [[Oriente]], escrita en [[lingua copta|copto]], lingua que é a fase máis recente do antigo [[lingua exipcia|exipcio]].
A '''literatura copta''' é unha das literaturas [[cristianismo|cristiá]]s de [[Oriente]], escrita en [[lingua copta|copto]], lingua que é a fase máis recente do antigo [[lingua exipcia|exipcio]].

A literatura copta desenvolveuse a partir do [[século II]] coa expansión do cristianismo nun [[Exipto]] cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten rasgos comúns, polo tanto, coas literaturas [[literatura siríaca|siríaca]], [[literatura etíope|etíope]], [[literatura armenia|armenia]] e [[literatura xeorxiana|xeorxiana]], xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a [[Biblia]] como a [[liturxia cristiá]], que na altura só eran accesíbeis en [[lingua grega|grego]].
A literatura copta desenvolveuse a partir do [[século II]] coa expansión do cristianismo nun [[Exipto]] cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas [[literatura siríaca|siríaca]], [[literatura etíope|etíope]], [[literatura armenia|armenia]] e [[literatura xeorxiana|xeorxiana]], xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a [[Biblia]] como a [[liturxia cristiá]], que na altura só eran accesíbeis en [[lingua grega|grego]].

O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia ([[monofisismo|monofisita]]) da de [[Bizancio]] ([[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]]), contribuindo á reacción nacionalista-relixiosa ao dominio político, relixioso e lingüístico do [[Imperio Romano de Oriente]]. Nas súas orixes atópanse versións de obras cristiás gregas e, con efeito, moitas destas coñécense hoxe grazas exclusivamente ás súas traducións ao copta. A literatura copta coñécese ainda mal, debido á pillaxe sofrida polos [[mosteiro]]s e bibliotecas, e á grande cantidade de material ainda inédito. O que resta son fundamentalmente textos cristiáns, ainda que fican bastantes [[gnósticismo|gnósticos]] e [[maniqueísmo|maniqueos]].

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2008 ás 13:21

A literatura copta é unha das literaturas cristiás de Oriente, escrita en copto, lingua que é a fase máis recente do antigo exipcio.

A literatura copta desenvolveuse a partir do século II coa expansión do cristianismo nun Exipto cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas siríaca, etíope, armenia e xeorxiana, xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a Biblia como a liturxia cristiá, que na altura só eran accesíbeis en grego.

O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia (monofisita) da de Bizancio (ortodoxa), contribuindo á reacción nacionalista-relixiosa ao dominio político, relixioso e lingüístico do Imperio Romano de Oriente. Nas súas orixes atópanse versións de obras cristiás gregas e, con efeito, moitas destas coñécense hoxe grazas exclusivamente ás súas traducións ao copta. A literatura copta coñécese ainda mal, debido á pillaxe sofrida polos mosteiros e bibliotecas, e á grande cantidade de material ainda inédito. O que resta son fundamentalmente textos cristiáns, ainda que fican bastantes gnósticos e maniqueos.

O primeiro traballo acometido foi a tradución da Biblia, da que non se conservan versións completas, senón só reconstrucións dalgúns libros e un Novo Testamento. A literatura copta propiamente comeza cos "apócrifos", numerosas adaptacións libres do grego ou textos orixinais, escritos en ton lúdico e esaxerado. A maioría son relatos dos Feitos dos Apóstolos ou Evanxeos novos, cheos de milagres e acontecementos prodixiosos. Hai tamén un Apocalipse imaxinativo (non se pretendía transmitir un dogma exacto), que abunda nas atrocidades infernais e nas delicias paradisíacas. Redactáronse moitas vidas de santos e "apotegmas", episodios moralizantes breves que ilustran unha máxima producida por un santo. Estes textos apócrifos resultan estereotipados e inxenuos.

Descoñécese o nome da maior parte dos escritores coptas. Os de maior relevancia foron Pancomio (292-346), fundador dos mosteiros do Alto Exipto, e Scenutes (-451 aprox.).

Consérvanse fragmentos de dous textos novelescos laicos: unha historia de Alexandre Magno e outra da conquista de Exipto por Cambises, o derradeiro testemuño das pegadas do Exipto faraónico.

Unha característica da literatura copta son os tratados populares, presentes en todo tipo de textos, grazas aos que se coñecen obras do gnosticismo (Manuscritos de Nag Hammadi) e do maniqueismo (homilías, Kephaliaia, os Salmos de Tomás, etc.).