Diferenzas entre revisións de «Gallia Narbonensis»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
corrixo ligazóns de homónimos
m (corrixo ligazóns de homónimos)
[[Imaxe:REmpire-04 Gallia Narbonensis.png|thumb|200px|A provincia romana da Gallia Narbonnensis]]
A '''Gallia Narbonnensis''' (Galia Narbonense) era unha provincia do Imperio Romano creada a partir da primeira colonia fundada no 118 adC. polos romanos no litoral mediterraneo da Galia, actual Francia. Esta colonia primitiva, Narbo ([[Narbona]]), situada nas beiras do [[Aude]], daralle máis tarde o seu nome a toda a provincia romana que se estrutura ao seu redor. Os romanos déronlle o nome de ''Narbo Martius'', xa que estaba dedicada a [[Marte (deus)|Marte]], deus romano da guerra. Outra cidade importante da Galia Narbonense, Aquae Sextiae ([[Aix-en-Provence]]), foi fundada na mesma época (122 adC.). Os vinculos desta provincia con Roma foron tan fortes que os romanos a miúdo se referían con [[Provincia]] só a esta rexión. esta denominación deu lugar ao actual nome de [[Provenza]] (''Provence'', en francés).
 
Roma ocupa a Galia Narbonesa mediante varias campañas militares, entre 125 e 121 adC., co obxectivo de crear unha ligazón terrestre entre a Hispania e a [[Galia Cisalpina]]. A colonia grega de Massilia ([[Marsella]]) e a súa comarca constitúen un enclave territorial especial no seo da Narbonnensis, até a súa integración definitiva nela decretada por [[Xulio César]]. Esta medida foi tomada como castigo á cidade de Marsella, que apoiara a [[Pompeio]] na súa guerra contra César. Este, procónsul da Galia narbonesa do 58 ao 49 adC., estabeleceu alí a súa base para a conquista das Galias.
68.670

edicións

Menú de navegación