Xosé María Álvarez Blázquez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
volvo desfacer vandalismos reiterados
O contido da páxina foi substituído por 'que non'
Liña 1: Liña 1:
que non
'''Xosé María Álvarez Blázquez''' ([[Tui]], [[5 de febreiro]] de [[1915]] - [[Vigo]], [[2 de marzo]] de [[1985]]) foi un [[escritor]] ([[poesía]], [[narrativa]] e [[ensaio]]), arqueólogo, investigador, e editor galeguista. É un dos representantes da poesía [[Neotrobadorismo|neotrobadoresca]]. Será o homenaxeado no [[Día das Letras Galegas]] do [[2008]].

==Biografía==
Xosé María Álvarez Blázquez pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó [[Emilio Álvarez Giménez]], seguiu co seu tío [[Xerardo Álvarez Limeses]] e compartiu co seu irmán [[Emilio Álvarez Blázquez]]. O encarceramento e posterior fusilamento do seu pai, o médico [[Darío Álvarez Limeses]], o 30 de outubro de 1936 por parte das forzas golpistas contra a [[Segunda República española|II República]], marcárano de por vida (como ao resto dos seus irmáns, Darío, Celso, Alfonso, Emilio e Álvaro), sendo sancionado en 1937 polo goberno de Franco coa suspensión de emprego e soldo como mestre da escola de [[Coia, Vigo|Coia]] (onde nunca chegou a exercer) e co traslado á de Coreses, na [[provincia de Zamora]].

É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, con unha gran actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación coma arqueólogo e a súa tarefa coma editor e galeguista, militando na [[Federación de Mocedades Galeguistas]] e no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]].

É un dos representantes da poesía [[Neotrobadorismo|neotrobadoresca]], vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa .

En 1950 fundou con [[Luís Viñas Cortegoso]] a [[Editorial Monterrey]]. En 1962 ingresa na [[Real Academia Galega]]. Funda, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilo [[Edicións Castrelos]] en 1964, da que foi director xerente, e na que destacan as súas coleccións de ''O Moucho'', de libros do pobo para o pobo, uns libriños de baixo prezo e gran difusión que marcaron época nos anos 60 e 70 do pasado século que contaron con unha grande aceptación por parte dos lectores, como destaca as reedicións de ''[[O catecismo do labrego]]'', é nesta ano tamén premio Club de Ribadavia. En 1967 é premio Noriega Varela. En 1968 é premio das Letras da deputación Provincial de A Coruña. En 1971 é premio Cidade de Vigo. Foi cronista oficial da cidade de [[Vigo]].

Dedicou atención ao estudo da [[Arqueoloxía]], que tivo como resultados os descubrimentos de laudas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do [[Baixo Miño]] e das [[Gándaras de Budiño]], de restos dunha instalación romana de obtención de aceite de oliva en [[Teis]] (Pontevedra), unha cisterna con enxoval funerario da época do bronce en [[Atios]] (Pontevedra), etc.

Na investigación literaria descubriu a égola ''Belmiro e Benigno'' de [[Nicomedes Pastor Díaz|Pastor Díaz]], e realizou contribucións a época chamada da Decadencia (''Escolma de Poesía Galega t.II''), con investigacións que alcanzan ao teatro, as panxoliñas, a poesía lírica, a prosa político-social, a poesía panfletaria, o romanceiro, etc., da citada época.

'''Xosé María Álvarez Blázquez''' colaborou en diversos medios ([[BBC]] de Londres, [[Radio Vigo]], Prensa de Galiza, Portugal e América, etc.) e pronunciou moitas conferencias en España e no mundo. Algúns dos seus poemas teñen sido musicados polos mestres Freitas Branco, Rodolfo halff-ter, Groba Groba e Ignacio Iglesias. Mostras da súa obra poética figuran en antoloxías de Enrique de Arcoaga, Varela Jácome, Fernández del Riego, González Alegre, etc. A súa novela ''En el pueblo hay caras nuevas'' foi traducida ao francés (Nogent-sur-Marne, 1969).

Xosé María, Alfonso e Celso Álvarez Cáccamo, escritores os tres, advirten que a figura do seu pai ten máis relevancia na historia cultural recente de Galicia que o lugar que ocupa na historiografía. Os tres coinciden en sinalar que «a súa actitude modesta marcou o seu desinterese por figurar».

==Obras==
===Narrativa===
*''Os ruíns'', 1936 (relatos)
*''El crimen de la isla verde'', 1941
*''En el pueblo hay caras nuevas'', 1945 (novela en castelán, finalista do Premio Nadal)
*''Una cabaña en el cielo'', 1952
*''Las estatuas no hablan'', 1955
*''Crecen las aguas'', 1956
*''A pega rabilongo e outras historias de tesouros'', 1971 (narrativa infantil)

===Poesía===
*''Abril'', 1932
*''Poemas de ti e de min'', 1949 (poemario co seu irmán [[Emilio Álvarez Blázquez]])
*''Roseira do teu mencer'', 1950 (poemario)
*''Cancioneiro de Monfero'', 1953 (poemario)
*''Romance do pescador peleriño'', 1954 (poemario)
*''Escolma de epigramas'', 1968 (poesía)
*''Canle segredo'', 1976 (escrito en 1954) (poemario)

===Ensaio===
*''El libro del por qué?'', 1945
*''Arquitectura rural gallega. Un plano de Fray Manuel Caeiro'', 1948
*''Industria paleolítica de la comarca de Tuy'', 1949
*''Vigo'', 1950
*''Romerías gallegas'', 1951
*''O vencello espiritual dos Fisterres Atlánticos'', 1951
*''Industrias paleolíticas do Baixo Miño'', 1952
*''Escolma de poesía medieval'', 1975
*''Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX'', 1959

===Teatro===
*''El zapato de cristal'', 1947
*''Los pazos altivos'', 1947

==Premios==
*Finalista do [[premio Nadal]] en 1945, coa novela ''En el pueblo hay caras nuevas''.
*Premio Historia dos Xogos Florais de Vigo (1950).
*Primeiro premio de poesía no Concurso dentro de Fillos de Vigo (1954).
*Premio Pondal de poesía do CEBA (1954).
*Premio Peréz Galdós de novela (1955).
*Premio Biografía da Asociación da Prensa de Vigo (1958).
*Premio Ramón Mourente (1960).
*Premio Valle Inclán nos Xogos Florais Minho-Galaicos (1960).
*Premio de novela López Cuevillas no I Certame Literario do Miño celebrado en Lugo (1960).
*Premio especial Blas Agra sobre a historia do periodismo vigués (1960).
*Premio Álvares García de biografía (1961).
*Premio Josefina de Lema (1961).
*Premio Enrique Lorenzo Docampo (1962).

==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{cita libro| autor =[[Clodio González Pérez]]| título =Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985)| ano =2007| publicación =Noia: Editorial Toxosoutos| id = ISBN 978-84-96673-36-6}}

===Ligazóns externas===
* [http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigureWork.do?year=2008 Real Academia Galega]
* [http://limiarpoetas.blogspot.com/ Poema de X. Mª Álvarez Blázquez]
* [http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=10260 En culturagalega.org]
* [http://www.limiarlibros.com/webgaliza/letras2008.htm en limiarlibros.com]

[[Categoría:Escritores en lingua galega|Alvarez Blazquez, Xose Maria]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Alvarez Blazquez, Xose Maria]]
[[Categoría:Día das Letras Galegas|Alvarez Blazquez, Xose Maria]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia|Alvarez Blazquez, Xose Maria]]
[[Categoría:Poesía|Alvarez Blazquez, Xose Maria]]

[[es:Xosé María Álvarez Blázquez]]

Revisión como estaba o 12 de marzo de 2008 ás 17:40

que non