Wikipedia:A Taberna (axuda): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Xosé (conversa | contribucións)
Liña 797: Liña 797:
Necesito alguén que controle debuxo co ordenador, para mellorar a Imaxe:Parroquias de Narón.png.
Necesito alguén que controle debuxo co ordenador, para mellorar a Imaxe:Parroquias de Narón.png.
Quería poñer os nomes das parroquias no mapa.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] 21:30, 8 marzo 2008 (UTC)
Quería poñer os nomes das parroquias no mapa.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] 21:30, 8 marzo 2008 (UTC)
:Mira se che vale [[:Imaxe:Parroquias de Narón.svg]]. Está en formato [[svg]], o que che permite modificala moi facilmente mediante programas como [[inkscape]], que é libre e gratuíto. Puxen as 7 parroquias, pero non coñezo como está dividida a de Narón (son barrios?). --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 01:25, 9 marzo 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2008 ás 01:25

Atallo:
WP:TA

A sección axuda de A Taberna úsase para peticións de axuda.

Por favor identifique as súas mensaxes coa sinatura e a data (tecleando ~~~~ - os símbolos obtéñense coas teclas Alt+126 repetíndoo catro veces - ou premendo na icona da barra de edición - segundo botón pola dereita -).

Comezar un novo tema na sección axuda

A Taberna
Novas editar
Políticas editar
Técnica editar
Propostas editar
Axuda editar
Imaxes editar
Xeral editar
Seccións

As discusión antigas están arquivadas en: Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo


varias cousas

  • ¿Cal é o criterio para ordenar categorías gramaticais? ¿1º sust, 2º adx, 3º verbo?
  • ¿Cómo separar un segundo parágrafo dentro dunha mesma acepción, que manteña a sangría esquerda das acepcións 1, 2, 3...?
  • ¿Cómo engadir unha 2ª acepción nunha voz que xa ten unha 1ª (face), sen conflictos cos sinónimos e traducións desta?
  • Os sinónimos dunha voz dada, ¿deben ter entrada propia? En caso afirmativo, ¿defínense de novo ou redirecciónanse á entrada "principal"? ¿as redireccións se fan co mesmo código que en Galipedia?
  • Supoño que as entradas deberán categorizarse. ¿Como ve-las categorías existentes para busca-la que proceda en cada caso? ¿Tódalas entradas deben categorizarse, en calquera caso, como "Galego" ou xa o fai automaticamente?
  • Outro día máis. Pedro "Lameiro". --Lameiro 20:50, 24 xuño 2007 (UTC)
    • Estas preguntas ían dirixidas á taberna do Galizionario. ¿Só temos unha taberna (será por bares neste país) ou fixen algo mal? Pedro.
Comezo respondendo por partes. Sobre segunda acepción: escribes #Texto explicativo da segunda acepción, iso engade automaticamente un número e mantén a sangría da primeira acepción. No mesmo vocábulo engádense todas as acepcións posibles. Se esa palabra tamén existe noutras linguas o seu significado nesas linguas baixo o apartado correspondente. Para diferenciar sinónimos e significados úsanse números (para referirse a unha acepción ou outra). En caso de dúbida podes recurrir á versión en inglés do Wiktionary para ver o formato. Sobre sinónimos: deben ter a súa propia entrada propia. Creo que non temos unhas directrices sobre se repetir a definición ou non, debería facerse sempre que haxa matices que sinalar. Sobre categorías: con {{-gl-}} inclúese automaticamente a categoría. Seguirei respondendo o resto das cuestións noutro momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:38, 27 xuño 2007 (UTC)

subcategorías

  • ¿Como se crean subcategorías? Na categoría Mamíferos temos tres subcategorías: Roedores, Vacas e Équidos. E quero crear subcategorías de Cetáceos, Primates e algunha máis que non lembro agora.
  • ¿Como se substitúe a categoría "vacas" pola de Rumiantes (ou artiodáctilos, non sei qué facer)? Unha categoría "Vacas", neste momento, parece demasiado restritiva.
  • Outro día máis. Pedro --Lameiro 21:41, 24 xuño 2007 (UTC)
Podes facelo de varios xeitos, un deles e escribir na barra de enderezos algo así: http://gl.wikipedia.org/wiki/Category:Nome_da_categoría por exemplo http://gl.wikipedia.org/wiki/Category:Primates. Aparecerá unha páxina na que debes incluír a categoría raíz por exemplo [[Category:Mamíferos]]. Feito iso cando insiras a categoría nos artigos xa estará dispoñible. Outra opción é poñer a categoría que queiras crear no artigo [[Category:Primates]], estará en vermello se non existe, segues o enlace e inclúes a categoría raíz. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:23, 26 xuño 2007 (UTC)

¿Alguén que saiba alemán?

Necesito que alguén que entenda o alemán lle bote un vistazo a Algenblüte na súa wikipedia(parece ser que Marea vermella en alemán) e confirme se no texto se explica algo desda fotografía dunha canle coa auga totalmente verde. É dicir, se podemos asumir que iso é unha forma de marea vermella ou se non ten que ver. Pedro. --Lameiro 15:18, 25 xuño 2007 (UTC)

  • Eu non vos sei moito de alemán, pero nunha das partes ven a dicir algo así: "Debido á marea vermella a superficie da auga vóltase de cores verdosas, e en casos especiais tamén azul ou vermella". Agardo que sirva de axuda. --Beninho 15:38, 25 xuño 2007 (UTC)
  • O problema é que Algenblüte non é Marea vermella, senón que mirando nos interwikis correspóndese co inglés Algal Bloom, que traducindo aproximadamente sería Floración de algas ou algo así, polo que non necesariamente terían de ser vermellas. AlberteSi, digame? 15:41, 25 xuño 2007 (UTC)
  • O que di Alberte é certo. Na maioría das demais linguas o significado é semellante a floración de algas, os nomes non fan referencia para nada á cor vermella, que ao parecer só se dá nalgúns casos das mareas vermellas. --Beninho 16:28, 25 xuño 2007 (UTC)
  • Esta é a resposta de Elster:

"Como Algenblüte ou Wasserblüte definese a masiva e repentina aparición de algas ou cianobacterias nunha masa acuática. Este fenómeno tingue a tona da auga de verde, nalguns casos especiais tamén de azul ou de vermello, a auga faise turba e nubosa. A causa é en xeral a presencia abundante de fosfatos na auga. En sentido estricto falase de algenblüte perante o aumento masivo dunha soa especie de alga ou ciano bacteria.[[..]].Unha alga do tipo Euglena-Art pode por a auga de cor vermella de lume, mentres que O.rubescens danlle unha cor vermello de sangue, Microcystis-Art azul ceo." --Elster 15:40, 11 xullo 2007 (UTC)

Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:17, 11 xullo 2007 (UTC)

Template "sen referencias"

  • En biodiésel traducín un pedazo da wiki en español e en dúas afirmacións había o {{sinreferencias}}, mais na galega non sae {{senreferencias}}. Hai algún alternativo? --Xoán Carlos Fraga 11:29, 27 xuño 2007 (UTC)
Pola de agora non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:39, 27 xuño 2007 (UTC)

¿unha proposta para título?

Na relación do artigo especias aparece tomiño, que enlaza (normal) coa páxina de Tomiño como concello. Para a herba aromática ¿podería valer tomiño (condimento), por coherencia con pemento (condimento) ou chile (condimento)? Non tiña pensado crea-lo artigo do tomiño como herba aromática, pero é que cómpre corrixi-lo enlace. Pedro --Lameiro 18:29, 3 xullo 2007 (UTC)


No de pemento entendo que se fale de condimento, pero no caso de Tomiño é unha herba non? porque condimento?, no caso do Ourego non se fala de condimento, non reduciríamos moito o significado de Tomiño poñéndolle o apelido de condimento só para distinguilo do concello, non serve para nada mais? Non habería outra solución mais respetuosa coas posibilidades da herba e non só as culinarias? Lansbricae (Ti dirás) 18:56, 3 xullo 2007 (UTC)

Mentres discutiamos, Hugo22 xa o solucionou: "tomiño (planta)". A min váleme perfctamente. A proposta de "(condimento)" erá só por coherencia coas outras cousas semellantes. Pedro--Lameiro 19:51, 3 xullo 2007 (UTC)

compañías de Galicia ou Empresas de Galicia

Ambas están creadas e non creo que sexa bo manter as dúas xa que non lle atopo a diferencia. Co tempo supoño que se encadrarán noutra categoría de entidades galegas para facer subcategorías para fundacións, ongs, etc... ¿Qué opinades, hai algo xa acordado sobre o desenvolvemento da categoría Galicia? Lansbricae (Ti dirás) 11:53, 4 xullo 2007 (UTC)

Xa observara esta situación. Voto por uni-las como Empresas de Galicia.--Xosé (✉) 13:12, 4 xullo 2007 (UTC)
  • Concordo co de Empresas. --Xabier Cid 17:21, 8 xullo 2007 (UTC)
  • Concordo co de Empresas--Uxio 22:55, 6 novembro 2007 (UTC)

Autor aragonés

Estaba escribindo un artigo sobre a literatura en aragonés cando quedei parado, sen saber que camiño elixir, o caso é que hai un humanista, fundamental na literatura aragonesa, e non sei que nome darlle, nas fontes bibliográficas casteláns coñécese como Juan Fernández de Heredia e con ese nome pasou á maior parte dos traballos de autores estranxeiros pero o caso é que ese non foi o seu verdadeiro nome, en manuscritos das obras que mandou realizar aparece como Iohan Ferrandez Deredia ou Johan Ferrandez de Heredia e quizais con algunha forma máis (era habitual dubitar ao escribir nunha lingua romance) que descoñezo pero nunca coa forma Fernández. Que forma debo poñer no artigo Juan Fernández de Heredia, a forma castelanizada que se emprega na bibliografía española, ou ben a orixinal modificada cos acentos Johán Ferrández de Heredia ou mesmo como a wikipedia aragonesa que emprega Johan Ferrández d'Heredia, aínda que non puiden contrastar que o autor empregase o apóstrofo e descoñezo por que non poñen til a Johan e si a Ferrández.--Da liñaxe de Uxío o Grande 17:13, 8 xullo 2007 (UTC)

Vaites, esa non é unha cuestión sinxela, pero eu poríalle o nome en aragonés actual, e crearía a páxina co nome español como redireccionamento. --Xabier Cid 17:20, 8 xullo 2007 (UTC)

Precisamos axuda no mantemento

Warning signAxúdanos no mantemento se podes
  • Imaxes
A maior parte das imaxes que cargan os usuarios descoñecidos non cumpren os requisitos da licenza da Wikipedia e en moitos casos conteñen licenzas falsas. Na Galería de imaxes novas pode facerse un seguimento das imaxes que se van cargando no wiki. Algúns indicios de que hai problema cunha imaxe son:
  • que sexa dun tamaño pequeno (miniatura)
  • que careza de información de licenza. Se un usuario carga unha imaxe sen licenza despois de ver as múltiples advertencias que hai no formulario de carga evidentemente hai un problema.
  • que careza de información sobre o autor ou a orixe.
  • que careza de información de Metadatos (EXIF), vese na parte inferior da páxina de descrición da imaxe. Non todas as imaxes sen información de metadatos son ilícitas así e todo é un bo sistema para sabelo. Moitas na información EXIF reflicten que foron retocadas con programas como Photoshop, iso pode querer dicir (a miúdo) que proceden doutras imaxes collidas de Internet logo modificadas.
  • que o usuario se rexistre para cargar as imaxes e logo desapareza (isto pode comprobarse no historial do usuario).
  • que a imaxe sexa un logo, unha portada dun libro, un póster de película, a carátula dun CD,... Eses tipos de imaxes non se permiten na Galipedia.
No caso de detectar algunha imaxe que presente problemas debe marcarse como {{SenOrixe|data}} se falta a información sobre o autor ou a orixe da imaxe, exemplo {{SenOrixe|12 de xullo de 2007}}. Se falta a licenza o procedemento é semellante pero co marcador {{SenLicenza|12 de xullo de 2007}}. Ao mesmo tempo hai que deixar na páxina de discusión do usuario este marcador {{subst:Isd|Image:Nome_da_Imaxe|||--~~~~}}, basta con copiar e pegar este exemplo mudando o nome da imaxe. (Nota: hai procedementos máis sofisticados de comprobación das imaxes pero a efectos desta mensaxe co sinalado é suficiente.)


  • Infracións do copyright dos textos
Un problema recurrente, que aparece de cando en cando, é a copia de textos doutros sitios webs para logo pegalos no artigo da Wikipedia. Soen facelo usuarios anónimos cando insiren textos longos, tamén algúns usuarios rexistrados que non teñen claro as limitacións do copyright. Neses casos unha sinxela busca de fragmentos do texto en Google soe dar resultados. Iso non é suficiente cando a infración do copyright procede dunha tradución do castelán, portugués ou outra lingua (a maior parte dos copyvios de textos traducidos, polo de agora, proceden de traducións do castelán). Outro problema na localización de copyvios prodúcese cando o sitio web de orixe non está indexado polos motores de busca ou cando procede de textos en soporte papel. Como no caso das imaxes hai procedementos máis complexos para facer esas verificacións.
No caso de atopar un texto que sexa infración do copyright debe retirarse inmediatamente do artigo, no resumo de edición sinalar a páxina de orixe e na páxina de discusión avisar para que os administradores poidan facer un seguimento das contribucións do usuario que incluíu ese texto.


  • Falta de rigor, fontes non fiables, textos terxiversados, falta de neutralidade, sen referencias
Un dos aspectos que máis prexudica a credibilidade do proxecto é que as entradas conteñan textos con escaso rigor procedentes de fontes pouco fiables ou simples invencións do autor. Outro problema frecuente é que persoas con intereses en determinado asunto terxiversen o contido (normalmente en artigos refiridos a crenzas, opinións, ideoloxía, política, relixión,... ocasionalmente tamén noutro tipo de entradas). Conxuntamente con iso está o feito de que o texto careza de referencias ou non sexa verificable por calquera usuario que queira facelo.
A solución nestes casos é redactar de novo aqueles parágrafos que teñan problemas, eliminar as apreciacións personais e os textos dubidosos que non poidan ser verificados. Outro dos procedementos é transformar un texto cheo de calificativos nun texto neutro. E verificar todas aquelas edicións sospeitosas de querer agochar a súa orixe e intereses como un texto propio da Galipedia. Na páxina de discusión do artigo é conveniente avisar desa circunstancia.


  • Traducións doutras Wikipedias e traducións automáticas
Un dos problemas asociados á tradución de artigos doutra Wikipedia é que os usuarios consideran que como esa entrada foi publicada noutra Wikipedia é lexítima. A miúdo non é así, algúns artigos teñen vandalismos na orixe, son páxinas de escaso valor, os datos non son certos ou conteñen algún tipo de defecto que se propaga coa tradución. Ao mesmo tempo surxen dificultades relacionadas coa estrutura, os nomes das categorías, as ligazóns externas ou a organización dos materiais diferentes dunha Wikipedia a outra. Xunto con iso a falta de referencias, cando é aplicable, á realidade galega.
Se se vai facer unha tradución doutra Wikipedia é preferible que sexa de temas que un domina de tal xeito que poida localizar con facilidade os erros, incoherencias, faltas de rigor,... Nos artigos publicados na Galipedia con esa orixe sometelos a un traballo de revisión, corrección de erros, verificación de fontes e edición de todos aqueles elementos que non cumpran uns requisitos mínimos de calidade. Así mesmo incluír aqueles contidos que sexan precisos para que teñan sentido no contexto galego.
Outra das cuestións é a falta de atribución, un procedemento común e facelo no resumo de edición cun texto coma este "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." por exemplo "tradución do artigo pt:Lisboa da Wikipedia en portugués". A licenza da Wikipedia (GFDL) require atribución, ademais indicar a orixe permite que calquera usuario poida verificar o artigo con maior facilidade.
No caso de que o artigo sexa unha tradución e non indique no resumo esa circunstancia, realizar unha pequena edición e engadir no resumo "a primeira versión deste artigo é unha tradución de Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua...". Pode comprobarse seguindo o interwiki (se o ten) ou buscando en es.wp ou pt.wp o artigo correspondente (é a situación máis habitual).


  • Spam (ligazóns externas, bibliografía)
Conforme medra o proxecto tamén medra a chegada de persoas que publicitan os seus sitios webs, os dos seus amigos, do seu artista preferido, da súa cidade, da súa empresa, etc. Soen ser anónimos ou usuarios rexistrados só con ese propósito. Un instrumento para comprobrar as ligazóns externas ademais dos cambios recentes é a Busca de ligazóns web, velaquí un exemplo aplicado aos dominios .com
A Wikipedia non é un directorio de ligazóns, polo tanto edicións que só inclúan ligazóns externas agás casos puntuais (dos que haxa razóns fundadas para mantelos) deben desfacerse por non seren lexítimas. Ultimamente comezaron a aparecer outros casos de spam refiridos á bibliografía, o procedemento a seguir é o mesmo.


  • Galicia/Galiza // -ble /-bel e semellantes
As regras da toponimia din que nos títulos de páxinas e categorías úsase Galicia, mentres no contido da páxina pódense usar ambolos dous termos. As edicións que substitúan Galicia por Galiza ou Galiza por Galicia se non están fundamentadas deben desfacerse. Mántense o escrito en primeiro lugar. O mesmo ocorre co troco da terminación -bel por -ble ou -ble por -bel, e situacións semellantes.
Desfacer en todos os casos que non estea fundamentados.


  • Vangloria, autobombo, autopromoción, propaganda
Unha das situación máis problemáticas ocorre cando unha persoa escribe sobre si mesma. Ás veces cun nome de usuario que coincide co propio nome, noutras ocasións mediante argucias para agochar a verdadeira orixe (tamén poden darse casos de suplantación para denigrar a outra persoa). Unha parte desde tipo de artigos levan asociados outros problemas relacionados coa Eliminación rápida sen necesidade de entrar a valorar a Vangloria, autobombo, autopromoción, propaganda. Crear un artigo sobre un mesmo non é lexítimo, polo tanto, debe eliminarse. Evidentemente o tratamento destas situacións non é sinxelo, sobre todo nalgúns casos.
Os casos que máis se repiten son:
  • propaganda dun mesmo creando a propia entrada nos diferentes wikis da Fundación Wikimedia (neste apartado o máis frecuente é que o fagan usuarios doutros países)
  • entrada tipo currículo (o autor inclúe o seu propio currículo ou o de alguén co que está relacionado)
  • crear a propia entrada desde un IP que só edita iso, crear un usuario co propio nome ou diferente que só edita iso (ou se fai máis edicións só son edicións para agochar que é a mesma persoa), escribir sobre a familia,...
Variantes diso prodúcense nos casos de promoción de empresas, asociacións, entidades de todo tipo,... Pode ocorrir que algunha entrada que sexa vangloria poida recrearse como lexítima por un usuario con historial de edicións no wiki, pero en ningún caso é admisible que se faga pasar como edición doutros o que escribe unha persoa sobre si mesma. Naturalmente nisto hai graos, persoas que actúan de boa fe por descoñecemento e outras que actúan con engano.
O procedemento pode variar segundo o caso, se se trata dunha persoa anónima a efectos de Wikipedia pode ser marcando a entrada como eliminación rápida, no resto dos casos co marcador {{GloriaVa}} ou mesmo abrindo un procedemento de borrado.


  • Eliminación rápida
Por regra xeral as páxinas publicadas noutra lingua (castelán, portugués, inglés,...) deben marcarse como eliminación rápida, a non ser que se teña a seguridade de que o contido sexa lexítimo e se considere que pode ser útil (e se teña a intención de traducila un mesmo de contada). Habitualmente as páxinas noutra lingua traen problemas asociados: copyright, fontes non fiables, publicidade, etc. A páxinas que estean redactadas como artigos de opinión, como se fora un blog,... tamén deben marcarse como eliminación rápida. Tamén aquelas curtas de máis que teñan moi poucos caracteres.
Marcar como eliminación rápida.

Moitas grazas a todos os que poidan botar unha man. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:21, 12 xullo 2007 (UTC)

artigo duplicado

O artigo topoloxía está na lista de artigos para mellorar que aparecen no portal da comunidade. Actualmente este artigo non trata da rama das matemáticas así chamada, senón que se refire a unha noción da informática que penso que xa foi tratada no artigo topoloxía de rede. Quixera eu redactar un artigo sobre a rama matemática da topoloxía, pero son novo na Galipedia e non teño claro cal é o procedemento correcto para emendar a situación. Alguén me pode botar unha man? Graciñas.--Daniarmo 21:33, 22 xullo 2007 (UTC)

  • Tes razón. Xa realicei as modificacións precisas para combinar os dous artigos e manter o historial de edicións. Agora, no artigo topoloxía só tes unha redirección. Elimina-a e comeza a escreber; eu vou crear outra páxina, topoloxía (homónimos) para listar os varios conceptos que comparten ese nome. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:45, 22 xullo 2007 (UTC)

Imaxes que desaparecen

Ola. Estou intentando subir unha imaxe a un novo artigo e ó cabo duns minutos desaparece coma se alguén a borrase. Creo que cumpre o requerimentos de tamaño e descripción...cal pode ser o problema?

O artigo é Moon Cresta

--81.34.33.106 17:31, 2 agosto 2007 (UTC)

  • Boas, para elo compre ser preciso que te rexistres, unha vez rexistrado, segue de novo os pasos que a paxina che proporciona (respeta sempre as licenzas xa que é moi importante) e mira o tipo de extensión da imaxe que desexas cargar. Outro punto a teres en común é que a imaxe debe de ser en rgb (vba) en non en cmyk (cman). Saudos. --Xelo2004 Ficheiro:Sig-panda.gif (Se non estás dacordo, dimo) 17:40, 2 agosto 2007 (UTC)

É un artigo duplicado. Un deles debería converterse en Redirect do outro, pero non sei cal. No artigo portugués pon: São Domingos, Espanhola ou Hispaniola é uma ilha das Antilhas. Cal é a denominación máis adecuada en galego?--Lmbuga Commons - Galipedia 19:55, 5 agosto 2007 (UTC)

Un par de dúbidas

Ola, estou a preparar o meu primeiro artigo e aínda estou un pouco perdida. Quería utilizar uns debuxos que atopei nunha páxina do Goberno de Aragón, mais non sei se ditas imaxes teñen copyright. ¿Como podo sabelo? Déixovos o enlace por se é de axuda: http://www.aragob.es/culytur/rcajal/gal-cient.htm

E outra cousiña, ¿os artigos de revistas hai que escribilos en galego ou no seu idioma orixinal?

Moitísimas grazas a todos.--Rouge 23:25, 6 agosto 2007 (UTC)

As imaxes de http://www.aragob.es/culytur/rcajal/gal-cient.htm non se poden subir. Na páxina non hai ningunha mención ó copyright. É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
Polo que respecta á túa segunda pregunta, entendo que se deben poñer os nomes na lingua orixinal, repara no artigo El País. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:52, 6 agosto 2007 (UTC)

Mediación

Solicito a mediación do equipo administrativo aquí: Talk:1 de xaneiro.

Un saúdo.--Fryant 02:03, 8 agosto 2007 (UTC)

Mediación 2

Xa teño comentado en conversa privada con Prevert cousas referentes á IP 91.117.17.30. Baixo a súa responsabilidade está a creación de numerosos (moi numerosos) artigos nos últimos días, primeiro de illas de Escocia, logo de illas de Oceanía e esta noite de illas do Caribe. Os artigos son, moitos deles, traducións sen revisar: plantillas inexistentes, ligazóns incorrectas, decisións erróneas sobre desambiguacións e tratamento de topónimos, traducións sen facer, hipertraducións... Ademais, tampouco fai ningunha correspondencia de idiomas, nin categoriza as páxinas. O usuario ou usuaria non está rexistrado. Eu levo estes días botando parte dos fígados en amañar cousas, coa sensación de que tanto máis eu amaño, máis el ou ela escribe e crea novas páxinas case como se fose un bot. Pode alguén socorrerme ou conminar esta IP a que se rexistre e poder así ir mellorando as súas colaboracións, que non deixan de ser valiosas?? --Xabier Cid 08:44, 17 agosto 2007 (UTC)

axuda!!

axuda!!! acabo de liala. Resulta que metín "Durruti", e como non existía artigo, comecei a crealo, e cando xa está, descubro que xa existía "Buenaventura Durruti". ¿pode alguén borrar o novo, ou redirixilo, ou algo?

Síntoo... --Estevoaei 01:08, 1 setembro 2007 (UTC)

    • Respondido na páxina do usuario --Xabier Cid 01:51, 1 setembro 2007 (UTC)

mover artigo

cando creo un artigo novo, por defecto a segunda verba (p.e. Gogol bordello) aparece en minúscula, e non dou caído da burra de comezalo mudando a maiúsculas... ás veces váiseme e esquézoo...

¿como fago para mover de "Gogol bordello" a "Gogol Bordello"?

graciñas, e perdoade as torpezas dun principiante...

--Estevoaei 03:33, 1 setembro 2007 (UTC)

plantillas

dous asuntos:

  • cando quero usar unha plantilla, por exemplo dun grupo de música, o que fago é coller a doutro grupo e mudar os datos; ¿como podo facer para obter a plantilla vacía?
    • Si, podes conseguir o modelo baleiro na propia páxina do modelo (p.ex. Template:Grupo_musical), pero non vale de moito... O máis práctico é o que estás facendo.--Xabier Cid 09:15, 1 setembro 2007 (UTC)
  • hai dispoñible algunha plantilla de películas? pódese traducir do castelán, ou algunha chapuza semellante?

--Estevoaei 04:26, 1 setembro 2007 (UTC)

Gran Wyoming

boas!

hai dous artigos similares: Gran Wyoming e El Gran Wyoming.

alguén pode redireccionalos, ou unilos, ou algo??

saúde!

--Estevoaei 11:40, 4 setembro 2007 (UTC)

¿quen sabe grego?

Na páxina egg (food) [1] afírmase o seguinte: one or two spiral bands of tissue called the chalazae (from the Greek word khalazi, meaning hailstone or hard lump). ¿Alguén pode dicirme se é certo ese grego e ese significado? Pedro --Lameiro 14:42, 4 setembro 2007 (UTC) Respondin na tua páxina de discusión. --Emilio juanatey 15:08, 4 setembro 2007 (UTC)

Boloña/Bolonia

creando a páxina de Pasolini, atopei ca dúbida: Boloña? Bolonia?

non existe aínda ningún artigo con ningún deses nomes, pero procurando, ambos saen en varios artigos. Estaba ben correxir os que teñen o incorrecto.

Non estou seguro, pero creo que é Boloña, así que é o que vou pór no artigo de Pasolini.

saúde, e pola sombra!--Estevoaei 22:43, 4 setembro 2007 (UTC)

¿un voluntario?

Necesitaría que algún voluntario con máis coñecementos ca min me fixera unha táboa estreita coa composición nutritiva dos ovos (ver artigo ovo (alimento)). E tamén unha gráfica coa que ilustra-la evolución do consumo de ovos en España desde 1987 ata o 2005. ¿quen se ofrece?

E unha pregunta: ¿debemos tomarnos en serio esa advertencia que me aparece de que o artigo ten máis de 35 kb e que debería pensar en dividilo en artigos máis pequenos?

  • Si. Resultan longos de ler nun ordenador normal, pero pensa especialmente nos PDA e nos teléfonos (tamén se pode consultar neles!) --Xosé (✉) 23:43, 6 setembro 2007 (UTC)

Pedro --Lameiro 22:27, 6 setembro 2007 (UTC)

  • Fixen unha táboa, se falta algo ou queres engadir ou modificar algo adiante, se necesitas axuda avísame. Un saúdo --BaNjO (tell me) 18:37, 10 setembro 2007 (UTC)

caracteres especiais

¿Como se escriben aquí caracteres especiais? Necesito escribi-la letra grega beta (para o beta-caroteno) e outra letra que non sei como se chama: unha especie de i grego ó revés e que significa "micro" (para indicar microgramos). Grazas por adiantado.

A beta grega así (βῆτα) ou β pero como nin idea, saqueina do artigo beta, supoño que será ao estilo dos xeroglifos exipcios que teñen un sistema propio que é bastante complicado, neste caso semella máis doado: ω e salería omega e o mesmo co resto. Lansbricae (Ti dirás) 17:11, 10 setembro 2007 (UTC)

  • Iso era o que necesitaba: con & e o nome da letra en grego. Ben, pero ¿como se chamará esa letra para "micro"? Grazas. Pedro --Lameiro 17:16, 10 setembro 2007 (UTC)
    • mi (μ). Consulta as que necesites en alfabeto grego. A Wikipedia emprega Unicode (UTF-8), polo que non é preciso empregar as entidades html tipo &beta e pódense apegar directamente. --Xosé (✉) 18:02, 10 setembro 2007 (UTC)
      • Cando se edita unha páxina, ó final, na esquerda de todo, hai un recadro que pon standard. Facendo click nel, pódese poñer o alfabeto grego (greek) e outros moitos. Resulta útil para escribir símbolos--Lmbuga Commons - Galipedia 12:29, 17 setembro 2007 (UTC)

necesito unha imaxe

Para o artigo das enfermidade de orixe alimentaria (e para o seguinte que vou facer: manipulador de alimentos) necesitaría unha fotografía ou debuxo dalguén lavando as mans, ou un lavamáns (non me vale un lavabo normal, que conste), e non atopo nada semellante. ¿Alguén sabe se hai algo así en Commons ou ten unha fotografía propia que poida colgar? Grazas por anticipado. Pedro --Lameiro 14:20, 16 setembro 2007 (UTC)

  • Incrible. Non atopo case nada en Commons. Quizais non busque ben. Dei con esta imaxe Image:SchoolchildrenWashingHands.jpg. Tamén dei con esta en en.wp (pódese subir aquí), tiña como pé de foto: An example of how minuscule particles can be caught between dermal ridges in the hand, yet remain unseen by the naked eye. Washing one's hands removes such contaminants. Verei de facer algunha foto sobre o tema--Lmbuga Commons - Galipedia 12:53, 17 setembro 2007 (UTC)

Situación de Commons

A situación en Commons cada vez é máis difícil. Algúns sucesos ós que non respondín son mostra da miña imcompetencia por non dominar inglés, unicamente o entendo, polo que non podo entrar en discusións.

Ata fai un mes ou dous, a categoría de Commons para Galicia era Category:Galicia, agora é Category:Galicia(Spain) é o que é máis grave a páxina-galería de Galicia (que segundo as políticas deben estar na lingua da zona é hoxe Galicia(Spain), debido a que en vez de poñer os polacos e outros Galicja (que funciona como redirect), puxeron Galicia(Central Europe). Ós administradores españois non lles importa, e eu non teño azos para esta guerra sen estar acompañado e sen alguén (ou varios) -era o labor que facía Prevert- que desenvolva avidamente as discusións en inglés.

Actualmente estase intentando romper a estrutura das nosas páxinas. Véxase o meu comentario en http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=User_talk%3ADantadd&diff=7581989&oldid=7559825 ou http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=Category:Ourense&curid=340298&diff=7558819&oldid=6826332

Evidentemente, eu non son o administrador galego ideal en Commons. É preciso que alguén máis se implique. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 11:54, 17 setembro 2007 (UTC)

  • Eu creo que xa tes demostrado que si es un bo administrador en Commons e aquí. Pola miña parte non sei no que podo axudar. O meu inglés é bastante precario, pero se consideras que podo axudar en algo faimo saber. Eu estou rexistrado en Commons pero alí ando máis perdido que aquí, pero se axuda ter máis presenza alí pois farase un esforzo e vaise, e se hai que falar o inglés fálase. O ideal sería alguén cun nivel moi alto de inglés, pero por ir para alá que non sexa. Saúdos e a túa disposición. Lansbricae (Ti dirás) 12:22, 17 setembro 2007 (UTC)


Axuda, non se falar!

Hola a todos (ou todas), voi fazer un intento por escribir, mais xa podeis ver que non se ni escribir ni falar. O meu pai é un immigrante. Eu quero colaborar na wikipedia galega, mais non tehno diccionario ni nada. Eu se que en catalan (lingua que falo) existen programas pra traducir e correctores, diccionarios, etc. Sabeis si hai agora alguna cousa com esta en galego? muitas gracias (e perdon por escribir tan mal).--Carril 16:11, 20 setembro 2007 (UTC)

Existe unha ferramenta na web: http://sli.uvigo.es/tradutor/ OLLO! Non é perfecta, terás que revisar o que escribeu. Hai tamen outras paxinas pero non as coñezo ben. Aproveito para preguntar eu: hai ferramenta para traducir de portugues->galego?---- Maañón TURRA CANTO QUEIRAS 16:40, 20 setembro 2007 (UTC)

Esta template presenta problemas. O feito de que a imaxe do escudo teña que ser en formato JPG provoca que non se poidan colocar os escudos en SVG. En Commons estanse a cambiar as imaxes que son debuxos a SVG. Véxase o problema no concello de Bande, pois hai imaxe en Commons Image:Escudo de Bande.svg e non se pode colocar.

¿Ocórresevos algunha alternativa para variar a template que supoña o menor esforzo posible e o mellor aproveitamento do fondo de imaxes da Galipedia e Commons?--Lmbuga Commons - Galipedia 19:25, 26 setembro 2007 (UTC)


  • Estiven investigando un pouco en meta. Hay unha función {{#ifexist:}} que permite comprobar se existe unha páxina. Non estou seguro pero poderíase engadir de forma que se existe a imaxe en formato jpg a inclúa así, e se non que a inclúa no formato svg. --BaNjO (tell me) 19:44, 26 setembro 2007 (UTC)
    • Ou viceversa, si existe en svg e se non en jpg. --BaNjO (tell me) 19:46, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Incluír esa función pode ser mooito para min. Se ninguén o intenta intentareino eu. Hai Outras imaxes de escudos svg en Commons:
Image:Escudo de Mondoñedo.svg, Mondoñedo
Image:Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg, Monforte de Lemos
Image:Escudo de Monterroso.svg, Monterroso
Image:Escudo de O Páramo.svg, O Páramo
Image:Escudo de Pantón.svg, Pantón
Image:Escudo de Rábade.svg, Rábade
Image:Escudo de Sarria.svg, Sarria
Image:Escudo de Triacastela.svg, Triacastela
Image:Muras Coat of Arms.svg, Muras
Image:Pedrafita do Cebreiro Coat of Arms.svg, Pedrafita do Cebreiro

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:48, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Ando mirando a ver, levaráme algo de tempo e algunha que outra proba. Grazas pola lista, vaime resultar de axuda :D --BaNjO (tell me) 19:53, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Vale, teño malas novas. Estiven probando coa función esta. O que quería facer era comprobar se existía a imaxe svg en commons que a puxera, se non que puxera a imaxe en jpg da galipedia. O problema é que con esta función so se pode comprobar que exista unha páxina no mesmo lugar, é dicir, só serve para comprobar se existe unha páxina aquí na galipedia, non en commons (espero terme explicado). Vou poñer unha pregunta en meta para ver si existe algunha forma de comprobar que exista unha páxina en commons desde aquí, a ver se consigo algunha resposta. Se nón a única idea que se me ocorre é modificar o template para que haxa que engadir a extensión da imaxe manualmente, o cal vai dar bastante chollo. Se alguén ten algunha idea agradeceríase :D -- BaNjO (tell me) 20:13, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Isto é fácil de solucionar. Simplemente se lle quita esa esixencia dos formatos .JPG e .PNG borrando iso do template. Cando se faga hai que revisar todos os artigos que incluan este template para pór o nome correcto da imaxe. Algun voluntário? --Xosé (✉) 21:50, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Apúntome. Eu creo que o tocar todos os templates podemos chegar a consenso tamén nos datos económicos como se propuxera nalgún momento para facer as dúas cousas a un tempo, porque o certo é que os datos económicos dos concellos agora mesmo son imposibles de completar polo que estaría ben que acordásemos algunha modificación. De tódolos xeitos aínda que estaría ben facer as dúas cousas a un tempo eu apúntome xa a empezar polo tema das imaxes. Como están tratados os artigos dos concellos galegos foi unha das primeiras cousas que máis me gostaron da Galipedia.A espera quedo do que se decida. Lansbricae (Ti dirás) 21:56, 26 setembro 2007 (UTC)
  • ...e nunca máis se soubo... fedellando na wiki.es atopei que o escudo de Cotobade aparece en svg moito mellor que na nosa en jpg; como *#!&$%#!!!! se pode cambiar iso? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:28, 13 febreiro 2008 (UTC)
  • Uff, custoume atopar onde estaba esta intervención. Eu estou facendo unha remodelación dese template (Usuario:Albert galiza/Meu Portal), no que xa estaría solucionado ese problema. De momento está en fase de desenvolvemento e teño 2 estilos diferentes abertos. Están abertos a calquera suxerencia. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:58, 13 febreiro 2008 (UTC)

Pregunta de Lameiro

¿Porque esta páxina, e maila de "A Taberna", aparecen categorizadas en "Categoría: Wikipedia:Artigos que requiren referencias"? Pedro --Lameiro 19:32, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Había un tema que incluía o template Template:SenReferencias, o que facía que esta páxina e a da taberna se incluísen nesa categoría, está amañado. --BaNjO (tell me) 19:44, 26 setembro 2007 (UTC)

Mediación da comunidade

Solicito a mediación da comunidade: O administrador Albert galiza está acusarme de xogar co sistema sen especificar as causas nas que basea tal razoamento o que me está a xerar unha situación de indefensión. Ademais está a xerar "ruido" en propostas que levan tempo esbozándose e que propuxen como material de traballo. Eu establezco un periodo de tregua e alónxome de todo lugar onde participe para evitar aumente a confrontación. Só rogo que cando se fagan acusacións de tal magnitude estean baseadas e razoadas con feitos ou en caso contrario as persoas que as fagan sexan amoestados co obxecto de respetar as normas básicas de convivencia. Véxase:

Como exemplos de posicionamento de enfrontamento non razoado. Lansbricae (Ti dirás) 12:22, 4 outubro 2007 (UTC)

quero comezar a facer un artigo na galipedia sobre simone weil e necesito informacion sobre esta filosofa francesa

axudaaaaa

quero comezar a realizar un artigo na galipedia sobre simone weil e necesito informacion sobre esta filosofa francesa

R

boas!

é procedente crear unha páxina de homónimos para R (a letra e a empresa)?

pode facelo alguén que saiba?

Graciñas! saúde, e pola sombra! --Estevoaei 11:02, 13 outubro 2007 (UTC)

proposta de categoría

Estimad@s siareir@s e parroquiáns da taberna:
¿podería facerse unha categoría co nome de "Rúas de Pontevedra"? Aí poderían ir artigos como Manuel Quiroga, Castelao... e podería ser unha subcategoría de Pontevedra.

Obviamente esta proposta serviría para outras cidades, pero (posible problema) quizais sería un Cristo ter artigos en 10 categorías (rúa de Pontevedra, rúa de Vigo...)

¿Pódese facer? ¿Védelo factible?

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei 23:25, 15 outubro 2007 (UTC)

  • Eu, sinceramente non o vexo. Se xa o artigo de Castelao ten bastantes categorías, se incluímos o das rúas pode acabar con 30 e pico categorías. Por este e outros motivos eu non as crearía. AlberteSi, digame? 11:39, 16 outubro 2007 (UTC)
  • A mín tamén me parece algo excesivo, serían moitas categorías para algúns artigos. É algo así coma na Wikipedia en castelán, onde teñen categorías do estilo "Nados en 1900", "Falecidos en 1999", etc. Sobrecargan un pouco aos artigos (ao meu parecer). Eso sí, non me parece mal (todo o contrario) que nestes casos se poña no artigo o dato de que teñen unha ou máis rúas adicadas, se non está feito xa :). --BaNjO (tell me) 17:36, 16 outubro 2007 (UTC)

Cargar imaxes

Estou traducindo o artigo de Sonic 2 desde o inglés, e quería incluír as imaxes e fotos contidas nel, mais non sei como facelo. Poderíame axudar alguén? Moitas grazas.

--Manudosde 12:38, 19 outubro 2007 (UTC)

  • Antes de nada hai que asegurarse que as imaxes da wiki inglesa valen para a galega (xa que moitas das imaxes da wiki inglesa non poden ser empregadas na Galipedia por mor do copyright, debido, creo, a que eles fan fair use). Pode servirche esta ligazón: Wikipedia:Política de uso de imaxes. Respecto a como cargalas, pode servirche esta: Wikipedia:Como engadir imaxes. Se te queda algunha dúbida non tes máis que dicila. AlberteSi, digame? 13:03, 19 outubro 2007 (UTC)

Terminacións -polis

Boas a todos. Reformando o artigo de Fórmula 1, viñome a dúbida de se os nomes propios de lugares que rematan en -polis no seu idioma orixinal, moi presentes sobre todo nos Estados Unidos (Indianapolis, Minneapolis, Annapolis), deben conservar a súa forma orixinal (Indianápolis) ou pasar a leva-la terminación -pole (Indianápole). Que pensades?--FryantTralarí Tralará 19:54, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Uf, as cuestións dos topónimos e das palabras rematadas en -polis non adoitan ser sinxelas, pero neste caso non hai demasiada dúbida: Indianapolis, Annapolis e Minneapolis. Son topónimos ingleses que non deberiamos adaptar por seren de segundo nivel (non capitais nin cidades importantes). Podería darche dez argumentos a favor disto e en contra outros dez, pero en todo caso, nin acento nin -poles.--Xabier Cid 11:11, 29 outubro 2007 (UTC)
Por seren de segundo nivel? Tes algunha ligazón ou algo así que me poida servir para profundirzar niso? Grazas, Xabier.--FryantTralarí Tralará 21:44, 30 outubro 2007 (UTC)
O criterio do "segundo nivel" (denominación miña) é un dos que manexa Benigno Fernández Salgado en Os xentilicios e os topónimos do mundo, o único catálogo de formas que ademais inclúe criterios, e que é nin máis nin menos que de hai 17 anos. Non é sinxelo dar con el, e ademais tampouco está en rede. Pero en principio, os topónimos estranxeiros de cidades que non sexan capitais de países ou cidades moi relevantes, e que non inclúan na súa forma artigos, o termo 'novo' ou o termo 'porto' (falo de memoria), non se deben adaptar. Ademais, neste caso, son termos que proceden do inglés, e non do grego ou dun cultismo recente, polo que o significado de -polis como cidade non é transparente. Se che serve de guía, tamén no portugués estes termos se escriben con -polis. Non sei se respondín a túa pregunta... Dime máis e seguireiche botando unha man, ou tentándoo. --Xabier Cid 21:52, 30 outubro 2007 (UTC)
Respondiches, Xabier, sérveme para entendelo. Tentarei mirar se o libro está na miña Facultade, e tentarei botarlle unha ollada. Moitas grazas.--FryantTralarí Tralará 21:59, 30 outubro 2007 (UTC)

Bloqueo de páxina

Para evitar a guerra de edicións, solicitolles aos administradores que bloqueen a edición da páxina A-76 ata que determinen sobre a neutralidade dos contidos, por favor. Grazas --Xabier Cid 16:41, 29 outubro 2007 (UTC)

Axuda

Necesitaba dun diccionario galego-castelán sobre elementos arquitectónicos e sobre elementos arqueolóxicos. Eu tiña un que recollía ambos campos pero non recordo nin autor nin editorial, nin onde o teño. Tiñao en fotocopias e non sei onde foi parar. Alguén pode recomendarme algo? Lansbricae (Ti dirás) 21:41, 30 outubro 2007 (UTC)

Autor Título Ano Editorial Lugar U D
de Llano, Pedro Arquitectura popular en Galicia. Razón e construción 2007 Fundación Caixagalicia & Edicións Xerais de Galicia Vigo 7 8
Léxico de Urbanismo e Arquitectura (Castelán-Galego) 1998 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) & Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo Vigo 6 9
Diccionario galego da construcción ? ?
González Rodríguez, A. (coord.) Dicionario visual da construción 2004 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) 8 10
Instituto galego da vivenda e solo Base de datos da construcción de Galicia (BDCGalicia) 1997 Instituto tecnológico de Galicia & Xunta de Galicia - Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda Santiago de Compostela 7 1
Souto González, M. & al. Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura castelán-galego 1998 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) & Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo Vigo 6 4
Dosil, Benxamín (coord.) Léxico da construcción 2001 Asociación Provincial de Empresas da Construcción da Provincia de Pontevedra & Fundación Instituto Tecnológico de Galicia & Xunta de Galicia Vigo ? ?
Caamaño Suárez, Manuel As construccións adxectivas 1999 Museo do Pobo Galego & Fundación Caixa Galicia Santiago de Compostela ? ?

U: utilidade e fiabilidade dende o meu punto de vista; D: dispoñibilidade; o 9 e o 10 están en internet (o 10 só hai que buscar en Google; o 9 non o atopo, cando poida xa o concreto). Os ? non os coñezo de memoria nin os podo ter diante facilmente. Cando sexa así, xa lles poño unha nota. Salvo os "Léxico de...", non son bilingües, polo que hai que buscar no medio do texto. -- Sobreira (parlez) 02:13, 8 novembro 2007 (UTC) Tamén:

  • Arias Vilas, F. & Romero Masiá, A. Diccionario de termos de arqueoloxía e prehistoria
  • Pereira González, Fernando Léxico básico de arqueoloxía castelán-galego
  • García Alén, A. & Sociedad Arqueológica Vocabulario de los canteros de Pontevedra

E supoño que estes poden tamén ser útiles en certa medida:

  • Gutiérrez Izquierdo, R. Vocabulario castelán-galego de historia, arte e xeografía
  • Candocia Pita, P. & Fernández Prieto, L. & Sousa Fernández, X. C. Vocabulario de Historia

-- Sobreira (parlez) 02:17, 8 novembro 2007 (UTC)

desfacer cambios sucesivos

¿Como se desfán varios cambios vandálicos sucesivos realizados nubn mesmo artigo? Por exemplo, os que acaba de facer 190.4.212.217 en Servizo Postal dos Estados Unidos, que corrixiu eficazmente Estevoaei. Pedro --Lameiro (conversa) 23:32, 3 novembro 2007 (UTC)

  • Pois na última modificación tes dúas ligazóns a desfacer. Nunha desfas a última edición. Na outra desfas todas as últimas edicións feitas pola mesma ip ou usuario. AlberteSi, digame? 17:12, 4 novembro 2007 (UTC)

Template:Infobox País

Ola a todos, necesito algo de axuda para facer unha cousiña. O Template:Infobox País tiña un problemiña, cando o pasei dende a wiki en castelán quiteille un parámetro que serve para as ligazóns de "bandeira de..." "cidades de....", etc. En fín, non teño moito tempo para explicalo todo, se alguén lle interesa como foi a cousa (dubidoo :D) explicollo mais adiante, así que ao chollo :D. Se pasades por un artigo dun país que conteña o template, se podedes mirade se o template ten o parámetro "nome_curto" engadido, se non o ten podedes poñelo para arranxar o template nese artigo e que as ligazóns do mesmo apunten ao artigo/categoría correcta. Eu tentarei ir facendo algo cando poida conectarme e teña tempo, pero se me botades unha man millor :D. Saúdos --BaNjO tell me 20:36, 4 novembro 2007 (UTC)

  • Acabo de revisalo, aínda se pode mellorar o template incluíndo a preposición que se debe poñer (de/da/do). Hai que engadir |de = ***, onde *** é o valor), se pasades por algún dos países xa sabedes, cambiadeo please (que pedichón son :D) --BaNjO tell me 14:47, 5 novembro 2007 (UTC)

Copyright

Eu subín unhas cantas fotos dos primeiros óleos que eu mesmo pintei como afeccionado e autodidacta. Se eu son o autor das obras o que xa non entendo é que clase de licencia teño que ter para figurar como pintor ou 'artista' na Galipedia. Sinto non haber feito ben as cousas por descoñecemento do tema e polo tanto pídolles disculpas por non ter a licencia ésa da que falan. Teño outras obras,inda que sexan tamén malas, na páxina http://www.artistasdelatierra.com, e todas élas figuran con copyright (c). Por outra banda, figuro na Guía de Artistas de Galicia, na Guía de Arte editada por Plecs D'Art-Barcelona, etc. Agradeceríalles moito que me orientasen para saber a quén lle teño que pedir esa licencia para poder aparecer na Galipedia. Moitas grazas e saúdos. M.Parada (e-mail: manuelparada@mundo-r.com)

  • A licenza non cha temos que dar nós para incluír fotos. En realidade tésnola que dar ti por seres o autor da obra, para que as poida usar calquera. O certo é que cando inclúas imaxes na Galipedia deben estar dispoñibles para todo o mundo (licenza GFDL), pero como teñen copyright, parece ser que vai ser imposible a non ser que cambies a da páxina. Un saúdo, -- Sobreira (parlez) 22:26, 5 novembro 2007 (UTC)

Solicito a intervención da administración da Galipedia e da comunidade en xeral non implicada na vulneración do 4º piar: Normas de conducta

  • Norma obxecto de vulneración: 4º piar: Normas de conducta: Respecta aos teus compañeiros incluso cando non esteas dacordo con eles. Compórtate civilizadamente. Evita os ataques persoais e as xeneralizacións. Vid. Wikipedia:Cinco piares
  • Suxeitos ofensores e contido que vulnera o 4º piar:
    • User:Banjo:
Persoalmente non teño nada en contra do controlador deste bot, pero si sei que a súa actuación con certos usuarios non foi a correcta, e de ahí a falta de confianza que sinala Sobreira...
O seu operador está comezando a facerme dubidar que podo outorgarlle a confianza que se lle debe dar a un usuario con bot. Cómpre lembrar que as súas modificacións non son vistas en Cambios recentes, polo que o seu comportamento debe ser digno de toda confianza. Hai detalles que non me acaban de casar ben e non me parece oportuno permitir que unha parte da Galipedia (lembremos: de difícil control) estea baixo o dominio dun editor tan rápido como é un bot.
...Pero outorgar a categoría de bot é, ademais de permitir unha acción recorrente, outorgar unha garantía de confianza nun operador. Nun operador que primeiro se oculta, que logo teme represalias, que actúa imprudentemente (como se non coñecese o funcionamento ético dos bots), que edita páxinas de usuario, que esgrime a súa recente incorporación á wikipedia pra que se lle perdoen erros, que porén ás dúas semanas de chegar suplanta a personalidade dun administrador, que porén en dous meses é capaz de crear un bot e operalo tecnicamente, que calquera discrepancia a leva ao ataque persoal, ao vitimismo, e ao cristo permanente... Non estou en contra do bot, pero gustaríame un pouco máis de calma nestas augas, tendo en conta que esas funcións están xa máis ca cubertas non me importaría analizar de novo a cuestión deste bot dentro duns meses

.

Por razóns obvias.
Outorgar o status de bot non é un mero trámite. É un procedemento no que os usuarios do wiki outorgan a súa confianza ao operador do bot para agochar as súas contribucións nos cambios recentes e dese xeito aceptar como acertadas as mudanzas que faga case sen verificación. Polo tanto o obxecto da votación non é valorar en exclusiva a función que vai desenvolver o bot, nin se pode valorar o seu posible uso sen ter en conta quen é o operador. Xa na presentación da candidatura houbo irregularidades. Agochar a identidade do operador do bot resulta cando menos estraño. No momento no que o operador foi preguntado sobre a súa identidade manifestou receos polo posible comportamento da comunidade. Se o propio candidato demostra desconfianza fronte aos colaboradores dificilmente ten xustificación que espere que os colaboradores teñan confianza nel, máxime cando ten un historial cheo de manobras arteiras tal e como moi acertadamente expresaron outros colaboradores arriba. Todo iso sumado a que os operadores dos bots seguen unha serie de pautas no seu uso que o candidato semella descoñecer (inundou os cambios recentes de edicións no período de probas, editou en mensaxes de usuarios,..) faime discordar.
Mudo a orientación do voto. Eu penso que o bot era útil, e que foi creado de boa fe no seu momento, mais tamén entendo que outorgarle o status de bot é dar plena e total confianza ó operador. A derradeira xornada na Galipedia fíxome reflexionar. E creo que a actuación de Maañón, que pensei que estaba mudando (vexo que non é así), non é merecedora da confianza que lle din. Tamén quero dicir que vincular as leas a cando alguén di algo contrario ó que alguén quere escoitar, é para min un xeito de intimidar. Se por votar discordo vai comezar un acoso contra alguén... vamos que paréceme unha actitude moi pouco ética. Os ataques e montar leas cando alguén opina non me gustan nada. Pois resumindo: no seu momento votei concordo sen saber que era Maañón, cando se identificou confirmei o voto (pensei que ía cambiar o comportamento), e agora vendo que cada edición pode ser aproveitable para meter tralla cambio a opinión. Gustaríame que por dar esta opinión non se me linchara, se pode ser

Dado que non temos regulado ningún sistema de resolución de conflitos, solicito a todos os implicados na vulneración do 4º piar que recapaciten e modifiquen o contido ofensivo das súas verbas, non o sentido do seu voto, cada un pode votar o que queira pero no respecto e na mesura cara aos compañeiros. Grazas. Alma (fálame eiquí) 16:05, 7 novembro 2007 (UTC)

  • A min que me expliquen o carácter ofensivo das miñas verbas e só despois se me poderá pedir que as cambie. A estas alturas de curso xa temos motivos de abondo para poder formarnos unha opinión fundada de case todos nós, e sobre esa opinión emito o meu voto. Con todo o respecto de que son capaz. Non ofendo a ninguén se digo que non me gusta o que fai e como o fai (e o meu "por razóns obvias" é tan obvio que non compren máis explicacións). Agora, a estas alturas de curso, insisto, non emito prexuízos, senón xuízos. ¿Queda claro? Pedro --83.57.226.180 17:50, 7 novembro 2007 (UTC) [Síntoo: Pedro --Lameiro (conversa) 17:52, 7 novembro 2007 (UTC)]
xeneralizarv.t. 1. Facer xeral [unha cousa], estendela á maioría. O Goberno vai xeneraliza-los servicios médicos gratuítos. Intentaban xeneraliza-lo consumo do novo producto. ANT. limitar. // v.i. 2. Aplicar a un conxunto amplo algo que é propio dun número limitado de casos. Ó dicires que as mulleres falan moito, estás xeneralizando. // v.p. 3. Facerse común ou xeral [unha cousa], estenderse á maioría. Xeneralizouse entre a poboación a tendencia a deixa-lo tabaco. Un hábito que acabou xeneralizándose. CF. propagarse.Búscao aquí A que maioría está a xeneralizar nada Banjo? Lameiro?

--FryantTralarí Tralará 18:56, 7 novembro 2007 (UTC) RE:

  • Mira que o puxen... "persoalmente non teño nada en contra deste usuario...". Creo que está claro que dito usuario non ten a confianza de X outros usuarios, que hai de ataque persoal en decir eso? Acaso non confiar en alguén é delito? É mais, acaso decir que X non confía en Y é delito???? Non vou retirar o meu comentario, non o vexo como unha ofensa, máis ben todo o contrario. Estou expoñendo unha situación que vexo o máis obxectivamente posible. E en consecuencia con esa situación obxetiva creome unha opinión subxetiva. E en consecuencia con esa opinión subxetiva voto (neste caso cambio un voto). Non hai mais, non vou defenderme cando creo que non teño porqué facelo. BaNjO tell me 18:03, 7 novembro 2007 (UTC)
    • RE:si sei que a súa actuación con certos usuarios non foi a correcta, e de ahí a falta de confianza = Evitar os ataques persoais e as xeneralizacións. - Alma (fálame eiquí) 18:38, 7 novembro 2007 (UTC)
  • Pídesenos a opinión sobre algo, e eu dina. Se se nos preguntase sobre o artigo sobre Linguas illadas e eu dixese que hai que borralo porque o creou un determinado usuario, sería ataque persoal. Pero entendo que non é o caso, porque o que se nos pide é respaldar a xestión dun usuario. Porén, coller unha frase das normas da wikipedia, illala do seu contexto, e incluso volvela contra o seu lexítimo propósito (non se pode discordar de outorgarlle confianza a un Bot porque iso sería un ataque persoal), iso é Wikipedia:Xogar co sistema. --Xabier Cid 18:53, 7 novembro 2007 (UTC)
    • RE: As opinións poden darse sen entrar en valoracións persoais como fixeron tanto User:Fryant como User:Lmbuga. É bo que aludas a Wikipedia:Xogar co sistema xa que eu non solicitara que a comunidade interviñera pola vulneración tamén das seguintes regras ao non estar aprobadas aínda, pero deixochas eiquí para que lles botes un ollo:
  1. Malinterpretar as accións doutros editores co obxectivo de que estas parezan irrazonables ou impropias.
  2. Tentar impoñer unha interpretación interesada dunha política, ou impoñer un punto de vista persoal sobre os estándares e non aqueles que fixou a comunidade.
  3. Entorpecer: activar repetidamente as mesmas discusións ou regresar a elas sen xeito nin maneira despois de que xa fosen resoltas, co obxectivo de non rematar ningún debate ou atacar a política que resultou desa discusión.
  4. Xogar co límite: camiñar polo límite do cumprimento das políticas ou cumprilas só daquela maneira, para que sexa máis difícil de probar unha conduta malintencionada.

Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:08, 7 novembro 2007 (UTC)

xeneralizarv.t. 1. Facer xeral [unha cousa], estendela á maioría. O Goberno vai xeneraliza-los servicios médicos gratuítos. Intentaban xeneraliza-lo consumo do novo producto. ANT. limitar. // v.i. 2. Aplicar a un conxunto amplo algo que é propio dun número limitado de casos. Ó dicires que as mulleres falan moito, estás xeneralizando. // v.p. 3. Facerse común ou xeral [unha cousa], estenderse á maioría. Xeneralizouse entre a poboación a tendencia a deixa-lo tabaco. Un hábito que acabou xeneralizándose. CF. propagarse.Búscao aquí A que maioría está a xeneralizar nada Banjo?--FryantTralarí Tralará 18:56, 7 novembro 2007 (UTC)
  • A veeer, haxa paz. Penso que non debemos alporizarnos demasiado por esta acusación, xa que as propias negriñas empregadas desmíntena. Así que é mellor non entrar no xogo de contestar enfadados, xa que coido que esto é unha acusación, mais é unha acusación individual, que nin sequera fala no nome de User:Maañón. Así que prego que serenicemos todos a conversa e non caiamos nos malos xeitos que nós deberiamos evitar. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 19:04, 7 novembro 2007 (UTC)
  • RE: Non é unha acusación, é unha chamada de atención "ao sentido común", xa que non temos proceso de resolución de conflitos, 6 usuarios votan en contra descalificando dun xeito ou doutro a un usuario, por favor, recapacitade, non é tan difícil, emitir un voto discordando pero neutro é concordando cos 5 piares é o único que pido, e hoxe estouno a pedir eiquí, mañá quizais irei a Meta. Alma (fálame eiquí) 19:13, 7 novembro 2007 (UTC)
    • Son un deses "6 usuarios votan en contra descalificando dun xeito ou doutro a un usuario". Insisto, Alma: non descalifico a ninguén senón que opino. ¿Podo? Sinto ter que repetilo pero debes consulta-lo teu dicionario para comprende-la diferencia entre un voto en contra, por razóns obvias, e unha descalificación. Pedro --Lameiro (conversa) 19:19, 7 novembro 2007 (UTC)
      • Lameiro, cando un concorda por razóns obvias debaixo dos argumentos doutros que descalifican a un terceiro, enténdese que asume como propios ditos argumentos, senón fose así un exporía os seus propios argumentos, respectando os 5 piares. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 19:47, 7 novembro 2007 (UTC)

Artigo duplicado

Boas tardes! Atopei un artigo duplicado: Hiva'Oa e Hiva´Oa (un con til e o outro con apóstrofo). Que se fai nestes casos? Saúdos! --Caronium 18:29, 7 novembro 2007 (UTC)

  • Nestes casos de artigos duplicados adóitase engadir os marcadores {{fusión}} (ó artigo que non vai permanecer) e {{fusióndesde}} (ó artigo que vai permanecer). Logo opcionalmente poderíase engadir a Wikipedia:Artigos duplicados, para unha mellor detección. Logo un administrador fusionaría os historiais. Neste caso concreto habería que engadir ó artigo co nome correcto a información que lle falta do incorrecto. Despois de saber cal é o correcto, eu mesmo ofrézome a fusionar os historiais. Un saúdo. Se che quedaron dúbidas sigue preguntando. AlberteSi, digame? 18:40, 7 novembro 2007 (UTC)
  • * Moitas grazas, Alberte, quedoume ben claro. Fixen unha procura en google para verificar cal é o nome máis empregado (porque a verdade non tiña nin idea desta illa), e resultou que o máis frecuente é "Hiva Oa", sen til nin apóstrofo. Tendo en conta que o contido dos artigos é practicamente o mesmo, vou marcar coma bo o do apóstrofo, que é como aparece na wiki en castelán.--Caronium 18:56, 7 novembro 2007 (UTC)

Debuxos nos artigos

Boas. Querería saber cal é a política no referente a licenzas e copyright para debuxos feitos por particulares. Exemplo: se eu decidise facer un debuxo de Link de The Legend of Zelda, cales serían as restricións? Até que punto afectaría o copyright á miña obra? Podería colocalo nun artigo? Moitas grazas por adiantado. --Manudosde 22:41, 10 novembro 2007 (UTC)

Ola Manudosde, facer un debuxo dunha personaxe que ten copyright é un tipo de obra derivada chamada Fan art. En Commons temos unha páxina onde se explica iso, se podes consulta tamén a versión en inglés que se actualiza con maior frecuencia (podes acceder desde os enlaces da parte superior). Tes máis información en Commons:Fan art. Para finalizar, quen posúa o copyright do orixinal non perde os seus dereitos na obra derivada, polo tanto a licenza da obra derivada non é compatible coa licenza da Wikipedia a non ser que o autor ou propietario dos dereitos permita a distribución libre de ditas imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:29, 12 novembro 2007 (UTC)

altitude máxima e mínima dos concellos galegos

Bos días! Estiven a compilar na miña páxina de usuario fontes en internet nas que atopar os datos para cubrir o Template:Concello_info das páxinas dos concellos galegos. Para os datos de altitude máxima e mínima non atopo unha fonte. O único que se me ocorre é rastrexar mapas topográficos coma os do Sistema de Información Topográfica de Galicia ou o Infraestrutura de Datos Espaciais de España. Alguén coñece unha fonte na que aparezan directamente estes datos? Saúdos. --Caronium 12:27, 13 novembro 2007 (UTC)

Template Coor

Boa tarde! Comecei a mudar nas páxinas listadas en Special:Whatlinkshere/Template:Coor a referencia ao template Coor (que non existe) pola do template Coordenadas (coma por exemplo no artigo Raiatea). O cambio é sinxelo pois a sintaxe do uso de ámbolos dous templates é a mesma. A diferencia é que o template coor emprégase (por exemplo na versión en castelán da wikipedia) no medio do texto en frases do tipo "As súas coordenadas son ..." mentres que na Galipedia o template coordenadas o que fai é colocar as coordenadas na parte superior dereita da páxina. Se mirades o artigo Raiatea poderedes ver en que consiste o cambio. Podería isto ser tarefa para un bot? Alguén con bot anímase a facer estes cambios? Grazas pola vosa atención. Saúdos. --Caronium 19:39, 13 novembro 2007 (UTC)

  • Tamén tes a posibilidade de usar o template coor dm que funciona entre texto, tentei traelo desde es pero a imaxe quedou alá, pero funciona. O caso é que este template ten un uso distinto ao de coordenadas, pero é unha alternativa. Lansbricae (Ti dirás) 19:42, 13 novembro 2007 (UTC)
  • Xa teño ao BanjoBot cambiando as Template:Coor por Template:Coordenadas. Ao facer o cambio hai que eliminar tamén as frases que quedan, do tipo "As coordenadas son...". En canto esté feito aviso :D --BaNjO tell me 13:18, 15 novembro 2007 (UTC)
    • Xa rematei, levoume medio día! :D. Aínda quedan algunhas por cambiar, pero principalmente son porque hai varias no mesmo artigo, co que só podería haber unha Template:Coordenadas. Neses casos haberá que sustituílas pola Template:Coor dm, pero iso hai que facelo a mán xa que hai que adaptar os valores a ese template. Un saúdo --BaNjO tell me 16:19, 15 novembro 2007 (UTC)

Caixa para Seleccións Nacionais de Fútbol

Ola, ando metido nas seleccións nacionais de fútbol e non teño unha caixa (template) para pór á dereita. Eu non teño nin idea de como se fai un, se alguén me pode axudar, quería facer algo do estilo da italiana (http://it.wikipedia.org/wiki/Nazionale_di_calcio_della_Croazia). Saúdos.--Jonathan Chapela 16:41, 18 novembro 2007 (UTC)

  • Es un monstro!, só un comentario, non é mellor cambiar o de Pichichi por máximo goleador?, digo porque Pichichi é algo limitado á Liga Española. --Jonathan Chapela 18:08, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Feito, creo que xa está todo. Tamén engadín a explicación para marcar os actuais campións. Espero que xa esté todo ben, se falta algo ou hai que cambiar algo avisa :D --BaNjO tell me 18:18, 18 novembro 2007 (UTC)

Cambio de título

Moi boas a todos, debería cambiar o título dun par de artigos que creei, mais non sei ben como facelo. Se alguén pode axudarme agradeceríallo. Moitas grazas. --Manudosde 09:50, 22 novembro 2007 (UTC)

  • Ola, para cambiar o título tes unha pestaña que é mover, alí despois de cliquear aparécete mover a título correcto:.... e motivo....: cúbreos e aceptas e xa está. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 10:49, 22 novembro 2007 (UTC), n parte superio da pantalla, no grupo onde se atopa editar e páxina de conversa. Lansbricae (Ti dirás) 10:54, 22 novembro 2007 (UTC)

Categoría para as imaxes dos cadros?

Subín tres imaxes de tres cadros dun pintor galego, sei doutras iguais e busquei qué categoría tiñan e me atopei con que non tiñan ningunha. Sería posíbel crear unha categoría para as imaxes dos cadros dos pintores?? E que telas sen categoría e como non telas, se as buscas é moi difícil atopalas. Grazas e un saúdo. Alma (fálame eiquí) 19:43, 24 novembro 2007 (UTC)

Concretar efeméride

Probablemente, coloca-lo aviso aquí terá máis audiencia. Cómpre confirma-la data do descubrimento do esqueleto de Lucy, así que a ver quen ten boa bibliografía ó respecto. Nas efemérides [2] estaba como 30 de novembro (e aí sigue, polo de agora), pero nos artigos sobre Lucy consta como descuberta o 24 de novembro (galega [3], española [4], francesa [5], inglesa [6][7]). En tódolos casos, en 1974 aínda que na portuguesa foi en 1973 [8]. O problema é que xa sabemos que uns se copian doutros e que (non insistades), a wikipedia non é fonte primaria. Pedro --Lameiro (conversa) 21:31, 27 novembro 2007 (UTC)

  • Polo que puiden atopar navegando por ahi (puxen Lucy discovery no google :D), a maioría das páxinas de internet que vín poñen o ano como 1974. Co día xa hai máis diferenzas, unhas o 24 e outras o 30. --BaNjO tell me 22:47, 27 novembro 2007 (UTC)
    • Quedan poucas horas para que as efemérides do 30 de novembro estean na portada e aínda non concretamos se é correcta a data do descubrimento de Lucy. Banjo, que para iso o traballou, debería decidir unha ou outra data en función da credibilidade que lle dea á fonte. Ou engadir un paréntese que diga algo así como que "Outras fontes dan a data do 24 de novmbro". Pedro --Lameiro (conversa) 18:12, 29 novembro 2007 (UTC)
  • De tódalas fontes que atopei a máis "fiable" é esta, que pon como data o día 30. Nas efemérides creo que podemos deixar o 30 e no artigo poñer que a data non é segura. --BaNjO tell me 21:23, 29 novembro 2007 (UTC)

Conflito de edición co administrador Xabier Cid

No artigo Abelardo Miguel teño un conflito de edición co administrador Xabier Cid.

Eu non revertín ningún dos cambios que fixo pero na páxina de conversa acúsame de "montar cristo" o que considero unha falta intolerábel de respecto, ademais de outras máis que se poden ver na páxina de conversa e que como usuaria non teño por que aturar. Ao mesmo tempo, xenerou outra páxina chea de mentiras: Usuario:Xabier Cid/Caderno de administrador onde expón unha visión parcial e sesgada dun conflito no que el está involucrado.

Solicito que alguén imparcial revirta os cambios feitos por Xabier Cid e bloquee a páxina, examine o asunto a conciencia e en conciencia, lendo todos e digo todos e non só os argumentos dunha das partes e se efectivamente como el afirma que a páxina viola o copyright, se borre a páxina xa que un copyvio xamais pode ser arranxado.

Grazas. Alma (fálame eiquí) 23:30, 2 decembro 2007 (UTC)

Coma inserir imaxes que xa estan na wiki

Ben, quero facer uns artigos sobre especies de árbores que hai en Galicia e non esteán na wiki galega, resulta que a maioria xa teñen artigos nas wikis inglesa, portuguesa e española, e polo tanto ten pinta de no ser un traballo esgotador pero antes de comezar queria ver se alguen me podia aclarar coma fago para subir unha imaxe que xa esta na wiki (supoño que en commons), que estan xa nos artigos publicados noutras linguas.

E outra cousiña, unha vez faga un artigo, alguén pode revisa-los erros ortográficos? e que as tildes acaban comigo. Xabierkhan. 01:05, 3 decembro 2007

  • Deixeiche unha resposta na túa páxina de conversa :D --BaNjO tell me 01:19, 3 decembro 2007 (UTC)

Categorías dos artigos

Recentemente traducín o artigo Galadriel do inglés. A hora de estabelecer as categorías, elixín Mitoloxía literaria, O Señor dos Aneis e Personaxes d'O Señor dos Aneis. Dado que esta última é unha subcategoría de O Señor dos Aneis, ¿debería eliminar o artigo da categoría máis xeral? Para o artigo Terceira Idade do Sol escollín Mitoloxía Literaria e O Señor dos Aneis. ¿Fixen ben ou debería facer cambios? Grazas pola vosa axuda e un saúdo. --Manudosde 22:02, 12 decembro 2007 (UTC)

  • Penso que deberías poñer sempre ao artigo só a categoría máis específica. Se ten varias que aporten distinta información tamén se lle poden por. No caso de Galadriel, só a categoría PErsonaxes do Señor dos Aneis e no da Terceira Idade do Sol chegaría con incluilo na categoría O Señor dos Aneis. Para que os artigos relacionados co Señor dos aneis estén tamén para a súa procura en Mitoloxía Literaria acabo de engadirlle a categoría O Señor dos aneis esa cat Mitoloxía Literaria. Dese xeito se procuras en Mitoloxía literaria terás toda a subcategoría O Señor dos Aneis, tamén se procuras por Literatura en Lingua inglesa e o mesmo en Literatura fantástica.
Eu a idea que teño é que as categorías funcionen do mesmo xeito que un camiño, busco a Gandalf desde Literatura: Poderei procuralo por xénero: Literatura fantástica, por lingua de procedencia e por Mitoloxía literaria, xa que todas estas categorías tenas a cat O Señor dos Aneis. O que tent o explicar e que é preferible porlle categorías as propias categorías que a cada un dos artigos desa categoría, e que o artigo apareza ordeado nas menores categorías posibles e que realmente aporten datos. Espero se entendera algo. Lansbricae (Ti dirás) 23:30, 12 decembro 2007 (UTC)

Nomes galegos d'O Señor dos Aneis

Moi boas, como xa dixen no miña petición de axuda anterior, estou a revisar e a crear novos artigos do eido d'O Señor dos Aneis, e observei unha certa vacilación na terminoloxía, especialmente no tocante ao nomes propios. Por desgraza eu atópome no estranxeiro, co cal non teño acceso a ningunha copia dos libros na tradución galega, e non podo contrastar os termos usados na Galipedia coa versión oficial, nin atopar os demais termos aínda non traducidos aquí. Por iso, querería solicitar a colaboración daqueles que si teñan acceso a unha copia dos libros. Precisaría a confirmación/versión traducida dos seguintes termos: Lórien (Lóren?) Lothlórien (Lothlóren?) Undómiel (Undómel?) Mount Doom (Monte do Destino? Montaña da Perdición?) Steward ("senescal" na versión castelá, en referencia ao rexente suplente de Gondor) Galadriel (Galadrel?) Unfinished Tales (Cuentos inconclusos en castelán, se cadra non está traducido ao galego) Cracks of Doom (Fendas da Perdición?) Samwise Gamgee (Samsagaz Gamyi?) Mirkwood (Fraga Negra?) Por agora estas son as miñas dúbidas. Se alguén pode axudar agradeceríallo moito. Un saúdo a todos. --Manudosde 20:06, 13 decembro 2007 (UTC)

Boas outra vez. Xa que a semana que vén vou estar en Galiza, tentarei facerme cunha copia d'O Señor dos Aneis e recompilar toda a terminoloxía que está no ar. Por favor que ninguén elimine os artigos que teño traducidos, pois teño intención de arranxalos completamente ben axiña. Grazas. --Manudosde 16:17, 16 decembro 2007 (UTC)

Homónimos

Teño unha pequena dúblida...a ver quen me pode axudar ho!

Como se crea unha nova páxina de homónimos?

Graciñas. Saúdos. Scaaveiro 19:28, 15 decembro 2007 (UTC)

Babel, lingua galesa

Estou a facer a miña páxina de usuario e preciso engadir a etiqueta cy-1 (lingua galesa) o caso e que o modelo das etiquetas de galés non está na Galipedia. Sabedes como teño que facer para metelo?

  • Fixen os modelos para a lingua galesa, podes velos en Modelo:Babel cy. Para poñer o nivel 1 tes que poñer {{User cy-1}} na túa páxina de usuario --BaNjO tell me 17:50, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Tradución do inglés

Incorporei unha nova licenza de imaxes (Modelo:LGPL) procedente de Commons (Commons:Template:LGPL). Apoieime na tradución que había para outras linguas (Commons:Template:LGPL/es). ¿Alguén podería revisala?, non me agrada o resultado. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 15:21, 1 xaneiro 2008 (UTC)

  • Pois a mín seméllame unha boa traducción :) --BaNjO tell me 17:21, 5 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu faría algúns cambios, con todo respecto :)

Esta librería é software libre; pode redistribuíla ou modificala segundo os termos da Licenza Pública Xeral Menor de GNU tal e como foi publicada pola Fundación de Software libre; xa for a versión 2.1 da Licenza, ou (se o desexar) calquera outra versión máis recente. Esta librería é distribuída coa esperanza de ser útil, pero SEN NINGUNHA GARANTÍA; mesmo sen a garantía implícita da MERCANTIBILIDADE ou a IDONEIDADE PARA ALGÚN PROPÓSITO CONCRETO. Vexa a Licenza Pública Xeral Menor de GNU para máis detalles.

O da mercantibilidade soa estrañísimo mais atópase en moitísimas páxinas de software libre, precisamente nesta mesma frase. Espero ter sido de axuda. Un saúdo.

--Manudosde 15:22, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Cores das Categorías

Esta pregunta pode soar estúpida, seino: que quere dicir o feito de que unha categoría apareza en vermello? Eu pensaba que era o mesmo ca os artigos, quer dicir, que non existía, mais vendo a lista de categoría existentes, moitas que teñen cor vermella conteñen artigos. Son quizais categorías non aprobadas? grazas e un saúdo. --Manudosde 15:40, 6 xaneiro 2008 (UTC)

  • A ver se me dou explicado :). Realmente non existen, non están creadas. Se miras en Especial:Wantedcategories amosan o número de artigos que ligan con elas, pero non é que esas categorías conteñan a eses artigos, xa que non están creadas. Moitas non están aprobadas (a maioría porque están traídas sen máis ao traducir) e habería que eliminar as ligazóns dos artigos correspondentes, outras simplemente aínda non están creadas. Espero que isto o aclare :) --BaNjO tell me 16:14, 6 xaneiro 2008 (UTC)
  • Perfectamente claro, grazas :). Preguntaba máis que nada por curiosidade. Un saúdo.--Manudosde 10:20, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Ficheiro:EscudoCatoiraOficial.jpg
Imaxe:EscudoCatoiraOficial.jpg

¿Son eu o único que non pode ver esta imaxe por cousa da miña lenta conexión? Se ninguén a ve, haberá que borrala--Lmbuga Commons - Galipedia 16:40, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Eu tampouco vexo nada (salvo o nome da imaxe (lol) ElviraConversa con mi 16:43, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Esta que pos eiqui, pa mín é igual ca de commons : [9]  ? ElviraConversa con mi 18:47, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Licenzas ImageShack

Moi boas, si, son o pesado de sempre:) desculpade, pero teño outra dúbida: alguén sabe como podo averiguar que tipo de licenza ten unha imaxe colgada en ImageShack? A ligazón atopeina nunha páxina que afirma contar con licenza Creative Commons, pero non sei se se aplica á imaxe. Tentei consultar a política de licenzas en ImageShack pero non hai xeito de que cargue a páxina. Estas son a páxina e a imaxe en cuestión:

Probabelmente dirédesme que non vale, pero por se acaso... :)

Una saúdo e grazas por adiantado. (Son o webmaster da Web da ligazón, as imaxes que dis non precisan de licenza Creative Commons, Apertas :) )

--Manudosde 13:16, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Copy/Paste dun artigo doutra língoa

¿Pódese facer un copy/paste do código fonte dun artigo noutra língoa e logo ir traducindo sobre a marcha?? Pregunto... Dese xeito facilitaría bastante a laboura (polo menos a mín) --Baaden 11:16, 2 febreiro 2008 (UTC)

  • Ninguén cho pode quitar de facer... pero eu non o recomendo. Se queres facer algo así terías que engadirlle o marcador {{entradución}}. Ademáis ten en conta que os espazos de nomes cambian dunha wiki a outra, os modelos tamén, etc. --BaNjO tell me 12:27, 2 febreiro 2008 (UTC)
  • Ok, é o que quería saber. En todo caso, pódese "limpiar" e quitar parte do código que me resulte "raro". Realmente eu preguntaba por arramblar con todo: formato, imaxes e links. Un que é vago por natureza...

Illa Kolguev

Bon día. Acabo de traducir da versión inglesa este artigo, e teño varias preguntas: a) o nome ruso é kol-gu-ev, ou sexa, que sería kolgüev. Parece ser que os amigos de fala inglesa non teñen o problema do "gu" ou "gü", e o nome é craramente importado do ruso. ¿Cómo deixo unha nota sobre iso? b) Hai, na versión inglesa, un tag agochado que imaxino que servirá para as procuras, perdón pero o jargon que usades todavía non o sei, que indica as coordenadas latitude/lonxitude...¿isto pódese incluir? Imaxino, tamén, que habrá que cambiar algún modelo/formato para dar soporte a esta característica. c) Se alguen ten a bondade de darlle un repaso... Acabo de ler arriba o referente as traduccións. Púxenlle unha nota indicando a fonte da traducción os artigos que traducín. ¿é correcto? --Baaden 09:58, 6 febreiro 2008 (UTC)

Ola! Para aclarar que a pronuncia é Kolgüev o mellor é usar o modelo:AFI, para poñer os fonemas. Neste artigo podes ver como hai colocalo. Para as coordenadas temos o marcador Modelo:Coordenadas. Podes ver a súa colocación por exemplo neste artigo. O mellor para avisar da orixe da tradución é indicalo no campo resumo, esa caixiña que hai enriba dos botóns de gardar a páxina, mostrar vista previa, etc. Podes poñer un texto semellante a este. Artigo traducido de [[en:Kolguyev]]. Agardo terte solucionado algunha dúbida, un saúdo. AlberteSi, digame? 14:35, 6 febreiro 2008 (UTC)

Non moito no caso da pronuncia, xa que non teño nin idea de como poñelo. Unha das peculiaridades do ruso é que como non ouviras antes a palabra pouco podes facer sobre como se pronuncia. De feito, pola transliteración da páxina inglesa seguramente pronúnciase kalgüev, e quédame a dúbida si é kalguiev, con unha pequena blandura na "e".--Baaden 01:07, 8 febreiro 2008 (UTC)

Xa metín as coordenadas. Sen embargo, o meter no resumo Artigo traducido de [[en:Kolguyev]] non se amosa na páxina por ningún lado... ou eu non o vexo. A veces non traduces todo, senón un resumo do que consideras importante, e estaría ben que quedara unha referencia á orixinal. --Baaden 13:01, 8 febreiro 2008 (UTC)

oradores para charlas sobre o galego na rede

Ola:

Son unha dinamizadora da Sociedade da Información, estou no concello de Ordes e quería convocar unhas charlas neste concello sobre a situación do galego na rede. Serían para a semana das letras galegas, é dicir entre o 12 - 15 de maio. Gustaríame, se algún administrador ou burócrata quere asistir para falar da Galipedia, como xorde, como se desenvolve, problemas, alegrías, etc... sería unha aportación maravillosa. Por outra banda avisaros de que non podemos pagaros nada, por desgracia o presuposto para isto é, polo dagora de 0,00. Espero que máis adiante nos dexen algúns cartos pero non creo.

Se algún de vos está interesado en participar neste proxecto por favor poñédevos en contacto comigo : rbc_13lua(arroba)hotmail.com. Grazas

Respondín a este chamamento, sen que sexa impedimento para que o faga calquera outro de vós. E cámbiolle a @ arriba por (arroba) para que non llo lean as arañas da web. -- Sobreira (parlez) 20:38, 14 febreiro 2008 (UTC)

Creación de modelos

Moi boas. Querería traducir un modelo desde a Wiki inglesa, mais non sei como é o proceso. O modelo téñoo xa localizado, agora só teño que traducilo, o que non sei é "onde" crealo. Non sei se me dou explicado :). Un saúdo e grazas.--Manudosde 22:45, 9 febreiro 2008 (UTC)

Romanización do ruso

Froito da problemática que me xurdiu con Kolguev, estou a traducir a Romanización do ruso da versión inglesa. Teño para completar outra proposta de transliteración para o castelán amén da páxina en castelán. Pregunteille a miña profe de ruso e díxome que non tiña constancia da existencia dunha norma para o galego. Necesitaría axuda de quen controle un pouco deste tema, xa que non é o meu. Eu comprométome a facer o traballo suxo ;) --Baaden 09:49, 12 febreiro 2008 (UTC)

Ola, vou preguntar a alguén que saiba máis ca eu. En canto teña unha resposta doucha. Un saúdo, bo traballo. AlberteSi, digame? 15:18, 13 febreiro 2008 (UTC)
Respondo na conversa de Romanización do ruso. -- Sobreira (parlez) 20:35, 14 febreiro 2008 (UTC)

Bon día. Xa terminei o traballo suxo. Gostaríame que lle dérades unha visual xa que o meu galego non é de escola, senón é родной язык, como diría un ruso, anque son moi novo nisto da galipedia, son vello (e fermoso) en idade. E dinde logo, se hai alguen de filoloxía que lle queira meter man... agradeceríao.

Dinlle caña pola posibilidade de que me pasara dos 30 días da tradución e que me borrárades o artigo. Queda todavía algún traballiño de pulimento coa lixa á auga. --Baaden 14:49, 7 marzo 2008 (UTC)

Obras xaponesas

Quero facer artigos relacionados coa banda deseñada xaponesa e aquí atópome cun problema que non sei como resolvedes: Como hai que mencionar as obras de autores xaponeses no interior dos artigos?, supoño que unha tradución galega non valerá ao non estar publicadas na nosa lingua, nas outras wikis hai disparidade de criterios nos artigos, parece se como cada redactor fixera o que quixera, aínda que en xeral predomina dar os títulos en inglés, isto pode ter lóxica cando esas obras teñen versións internacionais coñecidas polo título inglés pero tamén se fai mesmo con obras sen tradución ao inglés e iso xa me parece máis disparatado. Poñer só os carácteres xaponeses tamén me parece fóra do común, non saberiamos pronuncialos. O que estou facendo é poñer o título cos carácteres xaponeses, título xaponés romanizado, tradución ao galego e título internacional en inglés cando é relevante, claro que é unha fórmula que aumenta o traballo. Alguén máis tivo este problema e buscou unha solución?, xa se falou antes?. Grazas pola vosa axuda e comprensión.--Pedro K 10:46, 16 febreiro 2008 (UTC)

  • Pa mín metodoloxicamente é esto o mais bóo : título cos carácteres xaponeses, título xaponés romanizado, tradución ao galego e título internacional en inglés cando é relevante. Mais tes que esperar outros comentarios porque veño de dar unha opinion, mais non conñozco ben as regras ou praticas da Galipedia co xaponés. ElviraConversa con mi 11:00, 16 febreiro 2008 (UTC)
    • E que tradución galega poñer, a do título xaponés ou a do título internacional inglés, non sempre coinciden. Concretamente eu poría a tradución do título xaponés.--Pedro K 11:03, 16 febreiro 2008 (UTC)
      • Eu tamen entendo (tratandose de xapones como doutra lingua) que as traducios ao galego, cando no existe publicacion en galego, pois faise da lingua de orixe e non do titulo internacinal inglés. Mais tes que esperar comentarios dos que saben as practicas da Galipedia. Poñome na conversa porque interesame como fagemos polo momento, e mais a tua pregunta é precisa mais vamos saber ElviraConversa con mi 11:11, 16 febreiro 2008 (UTC)
    • Ola Pedro K, paréceme bo o xeito que tes que dar os títulos. O título en galego só iría se existe esa publicación editada en galega. Polo resto creo que está ben. AlberteSi, digame? 13:40, 16 febreiro 2008 (UTC)
    • Ola, Pedro K. Creo que o normal debería ser utilizar como título do artigo o xaponés romanizado ou, de ser o caso, o nome galego cando exista. O título inglés, cando sexa amplamente coñecido, debería redireccionar ao romanizado xaponés. O uso de catro formas para un título é pouco interesante. Témolo xa nos nomes dos lugares e por máis que lle dou voltas creo que é un despropósito que deberiamos mudar axiña. --Xabier Cid 14:32, 19 febreiro 2008 (UTC)

Categorías e artigos principais

Perdoade a avalancha de dúbidas, mais esta non se me ocorreu cando fixen a proposta de subcategorizar a categoría Terra Media. Os artigos principais das subcategorías deben incluírse na propia subcategoría ou na categoría máis xeral? Poño un exemplo: A Categoría Terra Media inclúe a subcategoría Ainur; o artigo Ainur debería estar só na subcategoría Ainur? A dúbida veume ao incluír o modelo "Artigo principal" nestas subcategorías. Non sei de me dei explicado :) Grazas por adiantado. Saúdos.--Manudosde 12:14, 16 febreiro 2008 (UTC)

  • O mes pasado xa falamos deste tema (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_%28pol%C3%ADticas%29#Categorizaci.C3.B3n_dos_artigos_que_dan_nome_a_categor.C3.ADas) e Banjo dicía que a regra era que o artigo principal debería colgar da categoría principal, non da subcategoría á que lle dá nome. Nes enlace podes ver mellor a explicación e os exemplos. A realidade é que hai categorizacións para tódolos gustos, que non cumpren ese principio, polo que aproveito para lembrar que sería bo revisar esta práctica e corrixir todos eses erros de categorización incorrecta. Pedro --Lameiro (conversa) 12:37, 16 febreiro 2008 (UTC)
  • Grazas Lameiro, non sabía que xa se discutira o tema. O método que propón Banjo é o que estaba a utilizar eu por defecto, así que un traballo que me aforro :). Un saúdo.--Manudosde 13:06, 16 febreiro 2008 (UTC)

Axuda fotografías

Propoño a creación dunha sección, subpáxina ou similar para pedir axuda á hora de conseguir fotografías ou outro material para ilustra-los artigos.

Concretamente, viríame ben que alguén de Ourense (ou que pase por alí) me consiga unhas fotografías da casa natal de Xaquín Lorenzo, da súa tumba, dalgunha estatua súa, da súa casa de Facós. ¿Pode ser? Pedro --Lameiro (conversa) 18:17, 18 febreiro 2008 (UTC)

  • Concordo coa creación desa páxina onde pedir fotografías. NO tema das fotos de Ourense eu non vou poder axudar. AlberteSi, digame? 21:14, 18 febreiro 2008 (UTC)

Bloqueo a Lansbricae. Finalización correcta 18/2, finalización estimada 20/2. Nova solicitude de correción.

Son o usuario:Lansbricae, que foi obxecto de bloqueo por un periodo de 7 días. ese periodo xa ten rematado o día de onte 18 de febreiro pero discrecionalmente se me aplicou un bloqueo de 9 días. Advertido o administrador que fixo o bloqueo este ten ignorado de xeito reiterado a solicitude de que correxise o bloqueo mal feito, polo que solicito aquí que se corrixa o abuso na aplicación das funcións de administrador que se está a desenvolver e se desbloquee o meu usuario. A quen teña a ben correxir este erro agradecido e se esta solicitude é ignorada polo menos que non sexa por falta de solicitalo. Despois dun ano e varios meses neste proxecto entendo a relatividade e discrecionalidade na aplicación da normativa, pero non significa que comparta o xeito de actuar. Esperando se poda resolver o erro de ter sido técnicamente mal bloqueado, e quedando a disposición do que conideredes. Lansbricae

Lansbricae, por favor, acabas de saltar o bloqueo dende a IP que lle desbloqueei a Alma para que editara dende a casa, e que ela dixo que non te ías aproveitar da ocasión para editar dende esa IP saltando o bloqueo. Bloqueeiche o día 12 ás 13:54, 12+7=19 ás 13:54, e ti adiantácheste 7 horas. O grave é facelo dende a IP que desbloqueei sen ter que facelo, ante a petición de User:Alma. Ademais de saltar o bloqueo acúsasme de abuso, ante estas cousas vou ter que aumentar o bloqueo (o habitual é que este sexa maior co anterior, mais non o vou facer). AlberteSi, digame? 13:30, 19 febreiro 2008 (UTC)

Artigo que comecei e vou traballar

Explícovos: Comecei un artigo, en concreto Guerra das Volantas e vouno completar. Daquela, que é mellor? Poñer artigo nos seus primeiros pasos ou que o estou a editar? A min tanto me ten que anden nel, simplemente quero aclarar que é unha simple introdución. Ou ¿é mellor borralo enteiro e facelo antes no meu ordenador e logo copialo. --mariquinhagz 14:58, 22 febreiro 2008 (UTC)

Boas. Penso que o mellor é que poñas o marcador de {{enuso}} ó comezo do artigo, así queda claro que vas seguir traballando nel. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:00, 22 febreiro 2008 (UTC)

non sei arranxar marcadores de parroquias...

quen saiba, que faga o favor de arranxar unha cousiña no do Valadouro. Na parroquia do Valadouro, entre parénteses aparece como patroa "Santra Cruz", cun r de máis. Graciñas!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:05, 23 febreiro 2008 (UTC)

votacións para borrar

quixen subir un novo artigo para as votacións para borrar (Arquipélago de Ons), pero creo que non o fixen de todo ben, malia probar de todo. Síntoo, pero se alguén o pode arranxar, mellor. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 02:20, 23 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións

Quero rematar as Eleccións municipais dos concellos de Neda, Fene, Ares e Mugardos e non podo. Só me faltan os datos das eleccións de 1979. Non sei onde atopalas.--PepedoCouto 17:04, 28 febreiro 2008 (UTC) Tamén quería saber si hai algún xeito máis rápido de pasar os datos das distintas eleccións municipais, que xa están elaboradas nos artigos de cada concello, ós artigos Eleccións municipais en Galicia.--PepedoCouto 20:17, 28 febreiro 2008 (UTC)

só se me ocorren os arquivos dos concellos ou hemerotecas físicas. :( --Xabier Cid 20:39, 28 febreiro 2008 (UTC)
polo que respecta aos gráficos na páxina xeral, creo que non. Pero tamén nos podemos repartir o choio, se queres. Dime o que debo facer e... fareino! --Xabier Cid 20:45, 28 febreiro 2008 (UTC)

remisións

¿Como se remite a unha sección determinada dun artigo? Por exemplo: ¿como podo remitir en Minerais na alimentación á sección Papel biolóxico do artigo Calcio? Pedro --Lameiro (conversa) 16:00, 8 marzo 2008 (UTC)

Axuda para Parroquias de Narón

Necesito alguén que controle debuxo co ordenador, para mellorar a Imaxe:Parroquias de Narón.png. Quería poñer os nomes das parroquias no mapa.--PepedoCouto 21:30, 8 marzo 2008 (UTC)

Mira se che vale Imaxe:Parroquias de Narón.svg. Está en formato svg, o que che permite modificala moi facilmente mediante programas como inkscape, que é libre e gratuíto. Puxen as 7 parroquias, pero non coñezo como está dividida a de Narón (son barrios?). --Xosé (✉) 01:25, 9 marzo 2008 (UTC)