Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m corrixo ligazon
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca:Comarca dos Ancares
Liña 19: Liña 19:
{{Comarcas}}
{{Comarcas}}


[[ca:Comarca dos Ancares]]
[[en:Os Ancares]]
[[en:Os Ancares]]
[[es:Comarca de Los Ancares]]
[[es:Comarca de Los Ancares]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2008 ás 19:40

Os Ancares é unha comarca que toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e O Bierzo. É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 Km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional.

Os concellos que conforman Os Ancares son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. A súa especial situación xeográfica fai que haxa especies ausentes no resto da Galiza, como é o caso do oso pardo, en vías de extinción, e a vulnerábel pita do monte.


Véxase tamén

Serra dos Ancares


Comarca dos Ancares
Comarca dos Ancares



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.