Cultura trobadoresca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: CULTURA TROBADORESCA: A partir do século XI en Europa desenvolverase un período de prosperidade económica que beneficiará o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas. ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2008 ás 16:58

CULTURA TROBADORESCA: A partir do século XI en Europa desenvolverase un período de prosperidade económica que beneficiará o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas. Ademáis , as clases privilexiadas deixarán de ser analfabetas e os contactos coa cultura árabe debido ás cruzadas conlevará outro tipo de influencias. Todo isto chegará a Galiza sobre todo por 2 vías o Camiño de Santiago( os nobres , trobadores, franceses e occitanos) e a orde monacal de Cluny. No sur de Francia , na Provenza, a partir do S. XII, nace o amor cortés que deu lugar á cançó provenzal. Esta vai influír na cantiga de amor galego-portuguesa . Ese amor cortés, convinaba a cultura cabaleiresca( o poeta traslada a relación de vasalaxe militar ó código amoroso onde el é o vasalo e o señor é a dama ou dona. E ela debe ter mesura(discreción)) e o platonismo máis a relixiosidade( a dama é perfecta moral e fisicamente e polo tanto merece adoración) Na cançó provenzal o trobador establece unha relación coa dama que pasa por varios graos de aproximación -Fenhedor: tímido, suspirante. -Precador: suplicante -Entendedor: pide doas ou regalos da súa namorada. -Drut: amante. Na cançó provenzal, despois do camiño de perfección amorosa para alcanzar a perfección desa relación aspírase ó joi(gozo). Ademáis de abundar as descripcións físicas e morais da señor tamén poden aparecer no comezo das composicións un exordio primaveral. CANTIGA DE AMOR GALEGO-PORTUGUESA Constitúe unha imitación consciente da cançó provezal. As nosas cantigas diferéncianse en que nesa relación amorosa non soe haber máis que os dous primeiros graos da relación entre o trobador e a dona, os sentimentos que se expresan case sempre rematan en coita(penitencia) ou loucura de amor. A dama aparece descrita dunha maneira máis escueta e non hai referencias á natureza