Alfabeto ugarítico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
O contido da páxina foi substituído por 'Project Stauts: Failed'
Xosé (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición de 208.20.123.28 (disc.), cambiado á última versión feita por 201.58.172.165
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Ugaritic alphabet.png|left|thumb|O alfabeto ugarítico]]
Project Stauts: Failed
{{Alfabeto}}
Forma de [[alfabeto]] testemuñado na cidade de [[Ugarit]] entre os séculos –XIV e o inicio do –XII.

Mentres que a maioría das taboíñas de [[Ugarit]] están escritas en [[cuneiforme]] silábico que notan a lingua [[acadio|acadia]] ([[linguas semíticas]]) ou [[lingua hitita |hitita]] ([[lingua indoeuropea]]), algunhas outras sono nunha nova escritura cuneiforme, chamada «alfabeto ugarítico», que nota unha lingua semítica [[cananeo|cananea]] (así como textos [[hurrita]]s). Esta escritura é, de feito, historicamente, o primeiro [[abjad]] ([[alfabeto]] que escribe sobre todo as consoantes). Testemuña por primeira vez a [[clasificación alfabética|orde das letras]] aínda empregada hoxe na maioría dos alfabetos modernos ([[alfabeto latino]], [[alfabeto grego]], [[alfabeto etrusco]] pero tamén alfabetos semíticos como os alfabetos [[alfabeto fenicio|fenicio]] e [[alfabeto hebreo|hebreo]]), a orde chamada «[[orde levantina|levantina]]»:

A existencia dunha clasificación alfabética énos coñecida por varias taboíñas abecedarias. Algunhas taboíñas máis raras, atopadas en [[Beth Šemeš]], clasifican porén as letras na orde [[orde sudarábica|sudarábica]]. O abecedario ugarítico máis habitual dá vintesete letras (seguidas de tres adicionais) nesta orde ([[transcrición das linguas semíticas|transcrición tradicional das linguas semíticas]]):

<center>
ʾa, b, g, ḫ, d, h, w, z, ḥ, ṭ, y, k, š, š̀, l, m, ḏ, n, <u>ṭ</u>, s, ʿ, p, ṣ, q, r, ṯ, ǵ, t, s̀, ʾi, ʾu
</center>

Nota: a letra transcrita como ''<u>ṭ</u>'' éo como ''ẓ'' no artigo de O'Connor (cf. bibliografía infra).

A primeira letra non é a vogal /a/ senón o [[ataque glotal]] (unha consoante) seguido da vogal /a/, pois este abjad — que non escribía normalmente as vogais — non servía para notar este ataque glotal so: en efecto, ''ʾi'' e ''ʾu'' (ataque glotal seguido de /i/ ou /u/) parecen tern sido engadidas no final do alfabeto, tardiamente, pois. É posíbel que cando a invención deste abjad designase o ataque glotal vocalizado (fose cal for o [[timbre]] da vogal) e que máis tarde se especializase para o ataque glotal seguido de /a/ e non doutra vogal, de onde a adición de outras dúas formas nunha época máis tardía.

A presenza dalgúns [[grafema]]s [[silabario|silábicos]] (por exemplo ''ʾi'' e ''ʾu'' engadidos ao final) é un préstamo segundo o modelo [[acadio]], de onde a presenza dun ''s̀'', para transcribir unha consoante non semítica de valor descoñecido e probabelmente utilizada para os textos escritos en [[hurrita]]. Notar que o trazado dalgúns caracteres varía segundo as fontes de documentación indicadas na bibliografía. Non hai en efecto modelo arquetípico real ningún e as inscricións poden ser de estilos moi diferentes.

Tras a destrución da cidade de Ugarit sobre o [[-1200]] polos [[Pobos do Mar]], a súa escritura desapareceu con ela. O [[alfabeto fenicio]] tomou o relevo, coa descxendencia coñecida (o [[alfabeto latino]] ''in fine''). É bastante posíbel que o respecto da orde levantina neste alfabeto estea inspirado pola do ugarítico.

=== Codificación informática ===

o ugarítico foi engadido aos caracteres de [[Unicode]] a partir da cuarta versión, no bloque do mesmo nome que se estende dos postos U+10380 a U+1039F. Ao estaren este caracteres fóra do plano multilingüe de base (PMB), son utilizados con moita dificultade, xa que non todos os sistemas e os navegadores son quen de os manipular. Pódese acudir a [http://www.alanwood.net/unicode/ugaritic.html esta páxina do espazo web de Alan Wood] para atopar algúns.

Velaquí os caracteres previstos por Unicode (que aparezan ou non depende do voso sistema): <br />
<center>𐎀𐎁𐎂𐎃𐎄𐎅𐎆𐎇𐎈𐎉𐎊𐎋𐎌𐎞𐎍𐎎𐎏𐎐𐎑𐎒𐎓𐎔𐎕𐎖𐎗𐎘𐎙𐎚𐎛𐎜𐎝</center>

* código [[ISO 639]]-2 da lingua ugarítica: uga
* código [[ISO 15924]] do alfabeto ugarítico: Ugar
* [http://sivanataraja.free.fr/temp/Ougaritique.kmap programa <tt>*.kmap</tt> que permite o uso dos caracteres ugaríticos] para o programa [http://www.yudit.org/ yudit] ([http://sivanataraja.free.fr/temp/Ougaritique.my programa binario compiladoi <tt>*.my</tt>] dispoñíbel).

== Bibliografía ==

* John Healey, «The Early Alphabet», in <cite>Reading the Past</cite>, obra colectiva, British Museum Press, 1990;
* M. O'Connor, artigo «Epigraphic Semitic Scripts», in <cite>The World's Writing Systems<cite>, obra colectiva baixo a dirección Peter T. Daniels e William Bright, Oxford University Press, 1996;
* Charles Higounet, <cite>L'écriture<cite>, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Presses universitaires de France, 11e edición de 2003;
* Marguerite Yon, <cite>La Cité d'Ougarit sur le tell de Ras Shamra<cite>, ERC, Paris, 1997 (á venda na Association pour la défense de la pensée française en Paris);
* «Le royaume d'Ougarit, aux origines de l’alphabet», hors-série des <cite>Dossiers de l'archéologie<cite>, edicións Faton;
* Emmanuel de Roux, «L'alphabet du royaume d'Ougarit », in <cite>[[Le Monde]]<cite>, número do xoves 14 de outubro de 2004.

== Vínculos externos ==
* [http://www.unicode.org/charts/PDF/U10380.pdf Os caracteres Ougarit no Unicode] (''Ugaritic'', U+10380 à U+1039F)
* [http://www.Ugarit.ras-shamra.com/index.html Aux origines de l'alphabet]
* [https://listhost.uchicago.edu/pipermail/ane/2004-November/015436.html Alfabeto ugarítico - Brian Colless] (versión 1)
* [https://listhost.uchicago.edu/pipermail/ane/2004-November/015476.html Alfabeto ugarítico - Brian Colless] (versión 2)

[[Categoría:Alfabetos]]

[[de:Ugaritische Schrift]]
[[en:Ugaritic alphabet]]
[[fr:Alphabet ougaritique]]
[[he:אלפבית אוגריתי]]
[[ja:ウガリット文字]]
[[no:Ugarittisk skrift]]
[[pl:Alfabet ugarycki]]
[[pt:Alfabeto ugarítico]]
[[ru:Угаритский алфавит]]
[[sl:Ugaritska abeceda]]
[[sr:Ugaritski alfabet]]
[[sv:Ugaritiska alfabetet]]
[[th:อักษรยูการิติก]]
[[zh:乌加里特字母]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2008 ás 14:57

O alfabeto ugarítico
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

Forma de alfabeto testemuñado na cidade de Ugarit entre os séculos –XIV e o inicio do –XII.

Mentres que a maioría das taboíñas de Ugarit están escritas en cuneiforme silábico que notan a lingua acadia (linguas semíticas) ou hitita (lingua indoeuropea), algunhas outras sono nunha nova escritura cuneiforme, chamada «alfabeto ugarítico», que nota unha lingua semítica cananea (así como textos hurritas). Esta escritura é, de feito, historicamente, o primeiro abjad (alfabeto que escribe sobre todo as consoantes). Testemuña por primeira vez a orde das letras aínda empregada hoxe na maioría dos alfabetos modernos (alfabeto latino, alfabeto grego, alfabeto etrusco pero tamén alfabetos semíticos como os alfabetos fenicio e hebreo), a orde chamada «levantina»:

A existencia dunha clasificación alfabética énos coñecida por varias taboíñas abecedarias. Algunhas taboíñas máis raras, atopadas en Beth Šemeš, clasifican porén as letras na orde sudarábica. O abecedario ugarítico máis habitual dá vintesete letras (seguidas de tres adicionais) nesta orde (transcrición tradicional das linguas semíticas):

ʾa, b, g, ḫ, d, h, w, z, ḥ, ṭ, y, k, š, š̀, l, m, ḏ, n, , s, ʿ, p, ṣ, q, r, ṯ, ǵ, t, s̀, ʾi, ʾu

Nota: a letra transcrita como éo como no artigo de O'Connor (cf. bibliografía infra).

A primeira letra non é a vogal /a/ senón o ataque glotal (unha consoante) seguido da vogal /a/, pois este abjad — que non escribía normalmente as vogais — non servía para notar este ataque glotal so: en efecto, ʾi e ʾu (ataque glotal seguido de /i/ ou /u/) parecen tern sido engadidas no final do alfabeto, tardiamente, pois. É posíbel que cando a invención deste abjad designase o ataque glotal vocalizado (fose cal for o timbre da vogal) e que máis tarde se especializase para o ataque glotal seguido de /a/ e non doutra vogal, de onde a adición de outras dúas formas nunha época máis tardía.

A presenza dalgúns grafemas silábicos (por exemplo ʾi e ʾu engadidos ao final) é un préstamo segundo o modelo acadio, de onde a presenza dun , para transcribir unha consoante non semítica de valor descoñecido e probabelmente utilizada para os textos escritos en hurrita. Notar que o trazado dalgúns caracteres varía segundo as fontes de documentación indicadas na bibliografía. Non hai en efecto modelo arquetípico real ningún e as inscricións poden ser de estilos moi diferentes.

Tras a destrución da cidade de Ugarit sobre o -1200 polos Pobos do Mar, a súa escritura desapareceu con ela. O alfabeto fenicio tomou o relevo, coa descxendencia coñecida (o alfabeto latino in fine). É bastante posíbel que o respecto da orde levantina neste alfabeto estea inspirado pola do ugarítico.

Codificación informática

o ugarítico foi engadido aos caracteres de Unicode a partir da cuarta versión, no bloque do mesmo nome que se estende dos postos U+10380 a U+1039F. Ao estaren este caracteres fóra do plano multilingüe de base (PMB), son utilizados con moita dificultade, xa que non todos os sistemas e os navegadores son quen de os manipular. Pódese acudir a esta páxina do espazo web de Alan Wood para atopar algúns.

Velaquí os caracteres previstos por Unicode (que aparezan ou non depende do voso sistema):

𐎀𐎁𐎂𐎃𐎄𐎅𐎆𐎇𐎈𐎉𐎊𐎋𐎌𐎞𐎍𐎎𐎏𐎐𐎑𐎒𐎓𐎔𐎕𐎖𐎗𐎘𐎙𐎚𐎛𐎜𐎝

Bibliografía

  • John Healey, «The Early Alphabet», in Reading the Past, obra colectiva, British Museum Press, 1990;
  • M. O'Connor, artigo «Epigraphic Semitic Scripts», in The World's Writing Systems, obra colectiva baixo a dirección Peter T. Daniels e William Bright, Oxford University Press, 1996;
  • Charles Higounet, L'écriture, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Presses universitaires de France, 11e edición de 2003;
  • Marguerite Yon, La Cité d'Ougarit sur le tell de Ras Shamra, ERC, Paris, 1997 (á venda na Association pour la défense de la pensée française en Paris);
  • «Le royaume d'Ougarit, aux origines de l’alphabet», hors-série des Dossiers de l'archéologie, edicións Faton;
  • Emmanuel de Roux, «L'alphabet du royaume d'Ougarit », in Le Monde, número do xoves 14 de outubro de 2004.

Vínculos externos