Edmund Husserl: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
qu
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:EdmundHusserl.jpg|250px|thumb|right|Edmund Husserl]][[Historia da Filosofía | Filósofo]] [[alemán]]. Nado en [[1859]] en Prossnitz, pertencente por aquel entón ó [[Imperio Austro-Húngaro]]. De orixe [[xudaísmo|xudía]]-[[asquenací]], converteuse ó cristianismo no ano [[1886]]. Estudou en [[Viena]], [[Leipzig]] e [[Berlín]]. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e o filósofo F. Brentano.
[[Imaxe:EdmundHusserl.jpg|250px|thumb|right|Edmund Husserl]][[Historia da Filosofía | Filósofo]] [[alemán]]. Nado en [[1859]] en Prossnitz, pertencente por aquel entón ó [[Imperio Austro-Húngaro]]. De orixe [[xudaísmo|xudía]]-[[asquenací]], converteuse ó cristianismo no ano [[1886]]. Estudou en [[Viena]], [[Leipzig]] e [[Berlín]]. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e os filósofos Franz Brentano e Carl Stumpf.


Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1 o libro ''[[Investigacións lóxicas]]''. A partires de [[1901]] é nomeado profesor na Universidade de Gotinga. Desta etapa son as obras ''[[A filosofía como ciencia rigorosa]]'' (1911) e a emblemática ''[[Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e filosofía fenomenolóxica]]'' (1913). En [[1916]] trasládase á Universidade de Friburgo onde ocupa a cátedra deixada polo neokantiano [[Heinrich Rickert]]. Nesta Universidade entra en contacto co xoven [[Martin Heidegger | Heidegger]], quen se converte no seu principal discípulo e colaborador. Permanecerá en Friburgo ata a súa xubilación en 1928, ano no que a proposta súa o substitúe Heidegger na cátedra.
Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1 o libro ''[[Investigacións lóxicas]]''. A partires de [[1901]] é nomeado profesor na Universidade de Gotinga. Desta etapa son as obras ''[[A filosofía como ciencia rigorosa]]'' (1911) e a emblemática ''[[Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e filosofía fenomenolóxica]]'' (1913). En [[1916]] trasládase á Universidade de Friburgo onde ocupa a cátedra deixada polo neokantiano [[Heinrich Rickert]]. Nesta Universidade entra en contacto co xoven [[Martin Heidegger | Heidegger]], quen se converte no seu principal discípulo e colaborador. Permanecerá en Friburgo ata a súa xubilación en 1928, ano no que a proposta súa o substitúe Heidegger na cátedra.
Liña 21: Liña 21:


Obviando esta noción de ''intersubxectividade'' a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no [[idealismo]]. Tal vez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito ''A crise da ciencias europeas'' introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como '''''ciencia do mundo da vida'''''. De acordo con esta nova orientación, á conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle tamén como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándese nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.
Obviando esta noción de ''intersubxectividade'' a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no [[idealismo]]. Tal vez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito ''A crise da ciencias europeas'' introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como '''''ciencia do mundo da vida'''''. De acordo con esta nova orientación, á conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle tamén como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándese nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.


== Repercusións ==

En torno a Husserl formouse un numeroso e notable núcleo de discípulos. Case todos abandonaron a dirección inmanentista da filosofía da conciencia e trataron de desenvolver a fenomenoloxía das esencias aplicando o método fenomenolóxico a moi diversos campos da filosofía. Como é imposible mencionalos todos sinalar tan só algúns destes pensadores: A. Reinach, M. Geiger, J. Hering, R. Ingarden, H. Conrad-Martius e M. Heidegger ([[Ontoloxía]]); E. Stein ([[ Tomé de Aquino | Tomismo]]); A. Pfänder, Th. Conrad, D Katz, P. F. Linke e M. Beck ([[Psicoloxía]]); K. Stavenhagen, F. Kaufmann e E. Levinas (Filosofía da relixión); [[Max Scheler | M. Scheler]] e D. von Hildebrand
([[Ética]]). De éstes os máis célebres e influintes foron, sen lugar a dúbidas, Max Scheler e Martin Heidegger. A través deste último a fenomenoloxía actuou, moi ó pesar de Husserl, como solo no que enraizaron dúas das grandes correntes filosóficas do século XX: [[Existencialismo]] e [[Hermenéutica]]





Revisión como estaba o 2 de marzo de 2008 ás 21:58

Ficheiro:EdmundHusserl.jpg
Edmund Husserl

Filósofo alemán. Nado en 1859 en Prossnitz, pertencente por aquel entón ó Imperio Austro-Húngaro. De orixe xudía-asquenací, converteuse ó cristianismo no ano 1886. Estudou en Viena, Leipzig e Berlín. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e os filósofos Franz Brentano e Carl Stumpf.

Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1 o libro Investigacións lóxicas. A partires de 1901 é nomeado profesor na Universidade de Gotinga. Desta etapa son as obras A filosofía como ciencia rigorosa (1911) e a emblemática Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e filosofía fenomenolóxica (1913). En 1916 trasládase á Universidade de Friburgo onde ocupa a cátedra deixada polo neokantiano Heinrich Rickert. Nesta Universidade entra en contacto co xoven Heidegger, quen se converte no seu principal discípulo e colaborador. Permanecerá en Friburgo ata a súa xubilación en 1928, ano no que a proposta súa o substitúe Heidegger na cátedra.

Despois disto a actividade filosófica de Husserl non decae. Ademais de diversos seminario e conferencias por distintas cidades europeas, publica outras dúas obras de enorme importancia: Lóxica formal e transcendetal (1929) e Meditacións cartesianas (1931). Entre 1935 e 1937, ano da súa morte, Husserl asiste a un dos episodios máis tristes da súa vida intelectual, pois durante este período as autoridades nazis retíranlle a licenza para exercer calquera tipo de actividade na Universidade. Aínda así, en 1936 comezouse a publicar en Belgrado o libro A crise das ciencias europeas e a fenomenoloxía transcendental, escrito de denuncia da decadencia moral e espiritual pola que atravesa Eropa. Pero a obra escrita de Husserl non remata nas obras publicadas en vida, pois deixou numerosos escritos inéditos, conservados no Arquivo Husserl de Lovaina que, ademais de estar sendo estudiados na actualidade, todavía non foron publicados na súa totalidade.


Pensamento

Husserl é o creador da Fenomenoloxía. Etimoloxicamente esta expresión significa ciencia dos fenómenos. Con ela Husserl pretendía elaborar unha filosofía rigorosa de alcance universal capaz de propoñer uns principios sólidos nos que asentar a convivencia pacífica de toda a humanidade. Tales principios non poden derivarse das diferencias subxectivas e culturais que separan a uns seres humanos doutros, senón da Razón. Esta última , xa desde a Grecia clásica, considerase unha facultade común a toda a especie que nos proporciona a condición específica de seres humanos. O obxectivo perseguido, polo tanto, consiste en fundar universalmente na Razón a vida humana. Con este fin tería xurdido a filosofía en Grecia, subministrándolle desde entón a Europa os seus sinais de identidade. Mais, como o proxecto europeo é un proxecto da Razón, en consecuencia, tamén coincidiría co proxecto da humanidade. De todas formas, Husserl cre que no seu tempo este proxecto está en perigo. De aí que vexa a súa como unha época de decadencia. Por iso, a fenomenoloxía xurde como un intento de reconducir a situación social e intelectual europea cara o que segundo Husserl debe ser o destino (telos) de Europa: unha cultura racional de alcance universal.

A filosofía fenomenolóxica pasa por dous momentos:

Fase crítica: desvelar a inconsistencia, irracionalidade e perigo de toda filosofía e práctica científica que conduza ó relativismo ou que non contemple a cientificidade dos asuntos de caracter ético-político.

Fase constructiva: elaborar unha nova filosofía desde fundamentos seguros capaces de dotar de unidade e sentido toda actividade humana de caracter teórico (ciencia) e práctico (ética).

Desde o punto de vista constructivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudio (as esencias dos fenómenos) e, por outra, un método necesario para acadar esas esencias.

A parte metodolóxica é a aportación máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na dúbida cartesiana que pon en suspenso toda crenza ou xuízo que non se presente á razón humana con absoluta evidencia. Coñécese co nome de método fenomenolóxico da redución. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como ciencia das esencias. As ciencias empíricas refírense a fenómenos da experiencia sensible, pero como en todo feito sensible hai unha esencia, só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara unha ciencia da conciencia. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia humana hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha conciencia pura, isto é, unha estrutura lóxica na que necesariamente ten que encaixar toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa subxectividade transcendental . A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de intersubxectividade: o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango ontolóxico.

Obviando esta noción de intersubxectividade a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no idealismo. Tal vez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito A crise da ciencias europeas introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como ciencia do mundo da vida. De acordo con esta nova orientación, á conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle tamén como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándese nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.


Repercusións

En torno a Husserl formouse un numeroso e notable núcleo de discípulos. Case todos abandonaron a dirección inmanentista da filosofía da conciencia e trataron de desenvolver a fenomenoloxía das esencias aplicando o método fenomenolóxico a moi diversos campos da filosofía. Como é imposible mencionalos todos sinalar tan só algúns destes pensadores: A. Reinach, M. Geiger, J. Hering, R. Ingarden, H. Conrad-Martius e M. Heidegger (Ontoloxía); E. Stein ( Tomismo); A. Pfänder, Th. Conrad, D Katz, P. F. Linke e M. Beck (Psicoloxía); K. Stavenhagen, F. Kaufmann e E. Levinas (Filosofía da relixión); M. Scheler e D. von Hildebrand (Ética). De éstes os máis célebres e influintes foron, sen lugar a dúbidas, Max Scheler e Martin Heidegger. A través deste último a fenomenoloxía actuou, moi ó pesar de Husserl, como solo no que enraizaron dúas das grandes correntes filosóficas do século XX: Existencialismo e Hermenéutica


Bibliografía

  • A.Reinach; Was ist Phänomenologie, Munich, 1951
  • J. Xirau; La filosofía de Husserl. Una introducción a la fenomenología, Buenos Aires, 1941
  • I.G.Romero; Husserl y la crisis de la razón, Madrid, 1986