Austrasia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: br:Aostrazia
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fa:اوسترازیا
Liña 88: Liña 88:
[[eo:Aŭstrazio]]
[[eo:Aŭstrazio]]
[[es:Austrasia]]
[[es:Austrasia]]
[[fa:اوسترازیا]]
[[fr:Austrasie]]
[[fr:Austrasie]]
[[fy:Austraasje]]
[[fy:Austraasje]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2008 ás 07:44

Austrasia (Austrasie en francés e Austrasien en alemán) é o nome baixo o que se coñece a parte nororiental do Reino Franco durante o período dos reis merovinxios, en contraposición a Neustria que era a parte noroccidental.

Ficheiro:Austrasia.jpg

Clodoveo I o Grande, rei dos francos, dispuxo que o seu reino fose dividido entre os seus fillos á súa morte. A Clotario I o Vello deulle Neustria, a Teodorico I deulle Austrasia, a Sexismundo deulle Borgoña e a Khildeberto I deulle París. Desde a división do reino franco en 511 ata que Pipino o Breve reunificara o Reino Franco a mediados do século VIII iniciando a dinastía carolinxia, Austrasia foi durante a maior parte do tempo un reino independente con capital en Metz.

Austrasia comprendía territorios do leste da actual Francia, oeste de Alemaña, Bélxica e os Países Baixos. De forma aproximada comprendía as terras situadas nas concas dos ríos Rhin, Mosa e Mosela. Ademais de Metz incluía localidades como Reims (que serviu de capital para algúns reis de Austrasia), Colonia ou Tréveris. A súa influencia prolongábase cara ao leste chegando a Turinxia e Baviera.

Desde a creación do reino en 511, Austrasia estivo constantemente envolvida en disputas coa súa veciña Neustria. Estas disputas alcanzaron o seu clímax coas guerras que enfrontaron á raíña Bruniquilda de Austrasia e a raíña Fredegunda de Neustria. En 613 unha rebelión da nobreza contra Bruniquilda depuxo á raíña e entregouna, xunto co reino, ao rei Clotario II de Neustria, que reunificou ambos reinos e creo un Reino Franco unido gobernado desde París.

Co debilitamento da influencia real en Austrasia, o posto de Mordomo de Palacio converteuse no auténtico poder fáctico do reino e converteuse en hereditario dentro da familia carolinxia. Desde que os carolinxios depuxeron ao último rei merovinxio, Austrasia non volveu formar un reino separado. Baixo os sucesores de Carlomagno recibía o nome de Austrasia a parte oriental do Imperio, a futura Alemaña.


Duques e Reis de Austrasia

Mordomos de Austrasia

En 751 Pipino o Breve proclámase rei derrocando ao último rei merovinxio e establecendo a dinastía carolinxia. Desaparece o cargo de Mordomo de Palacio, que antes ostentaba.

Ver tamén