Conversa usuario:Prevert/arquivo 12: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Liña 87: Liña 87:
Xa atopei o fallo, e está no ministerio xa que a suma de concelleiros dá nº par e non é posible.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] 23:31, 29 febreiro 2008 (UTC)
Xa atopei o fallo, e está no ministerio xa que a suma de concelleiros dá nº par e non é posible.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] 23:31, 29 febreiro 2008 (UTC)
Pero en que páxina miras? Na que eu teño aberta só suman 12 pois ó BNG non llo otorga.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] 23:48, 29 febreiro 2008 (UTC)
Pero en que páxina miras? Na que eu teño aberta só suman 12 pois ó BNG non llo otorga.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]] 23:48, 29 febreiro 2008 (UTC)

== Grazas pola benvida ==

Como xa lle dixen a [[http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_Usuario:Albert_galiza| Alberte]] mentres non me familiarice có código (son moi torpe coas cousas da informática) limitareime a editar grallas.
(Aproveito esta mensaxe para probar co tema das ligazóns).
--[[Usuario:Lourixe|lx]] 00:17, 1 marzo 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2008 ás 00:17

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    



Grazas

Moitas grazas por lembrarte dos meus dous aniños neste proxecto. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 21:13, 10 febreiro 2008 (UTC)

  • O mesmo digo. Unha aperta. --Xosé (✉) 00:01, 11 febreiro 2008 (UTC)
  • O mesmo digo eu tamén. Grazas pola felicitación do meu primeiro aniversario, que non será o último. Saúdos! ;) ShinichiFálame 02:24, 11 febreiro 2008 (UTC)
  • Únome ao clube dos felicitados agradecidos, un saúdo e até a próxima.--emilio juanatey(talk) 15:51, 11 febreiro 2008 (UTC)

Sobre a actitude na fusión

Boas Prevert

Así como che teño recoñecido o teu bó facer en moitas ocasións, gustariame agora, dende a crítica constructiva, apuntar unha cousa que non me gustou. Tentando tantear o terreo, e escoitar as opinións de todos, abrín un debate na conversa de Wikipedia:Toponimia. Alí, máis que os Concordo, interesabanme os Discordo, para saber que chatas se lle podían opor a esa proposta, que quizáis eu non vía, e sí outras persoas dende outro punto de vista. Cando me pareceu que había máis ou menos un consenso maioritario (quitando un ou dous usuarios nalgún punto concreto), abrín a votación pensando que xa estaba maduro o tema. En canto foi aberta, saiches cunha serie de obxeccións, que me gustaría que tivesen saido antes (e non entendo por que non sairon, cando estiveches no debate do primeiro momento), pois tería agardado máis, e teriamolas debatido entre todos. Ao final tampouco é tan importante, pois temos ata o 1 de marzo para seguir falando, pero non sei, non me gustou o detalle.

Vaian por diante as miñas desculpas si o motivo de que non participases do debate foi que non te conectaches a Wikipedia durante esas semanas, por falta de tempo, ou o que for.

E xa que estou co tema, pídoche consello: non sei moi ben como se manexa isto das votacións oficiais. Quero dicir, ¿podemos cambiar o texto polo medio da votación si decidisemos entre todos (pon por exemplo) que o título debería ser Galicia?, ¿ou non se debería facer, pois xa hai votos co texto orixinal que propuxen no primeiro momento? Eu imaxino que o lóxico e seguir debatendo, e si vemos que hai un texto mellor, que satisfaga a máis xente, rexeitar esta proposta e abrir outra votación o 2 de marzo. ¿Ti como o ves? Con respecto a onde quero chegar, vouche ser sincero: eu quero que Galiza teña só un artigo, o título tanto me ten Galicia, Galiza, Galicia - Galiza, Galiza (Galiza) ou o que seña, sempre que sexa unha solución que poida, se non satisfacer 100% a todos, cando menos ser asumible, e por tanto respectada pola comunidade no medio e longo prazo.

Saudos e grazas

PD:

  • por certo, quizáis me quentei un pouco nas respostas, e puideches pensar que tomei o teu comentario como un "ataque persoal". Non foi así.
  • Sobre os comentarios logo do voto, nin me parei a pensar que puideran interpretarse como unha presión, é o costume de contestar sempre a seguir ao texto que queres replicar. Pero unha vez que mo dixeches tes razón, é bastante lóxico. Tentarei ter máis coidado no futuro, grazas polo aviso.
  • sobre o aviso da votación, non tiñan ningún tipo de intención de presionar. De feito, avisei a varios usuarios que supoñía que votarían en contra (os tres que votastedes en contra aviseivos eu).

Miguel.lima 22:59, 11 febreiro 2008 (UTC)

Grazas polos consellos. Sobre a resolución do asunto, penso que agardarei uns días, a ver se se pronuncia máis xente, para ver como o plantexo. O que nunca faría sería pechar a votación antes de prazo, nin sequera sabía que se poidese. De feito, penso que isto debería estar regulado (que non se poida cambiar o texto da proposta durante a votación, respetar os prazos, ...) ..... pero iso xa será outra batalla. Máis adiante. Saudos Miguel.lima 14:48, 12 febreiro 2008 (UTC)

falar dos outros

Ola Prevert ! Ando afaenada, non teño tempo de comprender todo. Vexo que tu andas pouco pola Galipedia, e sabes ben que a min alegrame moito verte por aqui. Estos dias anduven falande de ti en paxinas de usuarios, tes que vixiar o que anduven editando pa que sepas o que dixen, e que si é necesario fagasme comentarios. Realmente non penso que teñas nada que comentar. Agora ben non quero que o descubras porque outro editor o comente, en negativo como en positivo. Sin maís, saúdos respectuosos ElviraConversa con mi 17:40, 12 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaica

Penso que se cadra considerarás revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que contradí os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Saúdos. --Casdeiro 22:49, 13 febreiro 2008 (UTC)

Integridade da mensaxe

Perdón, non me decatei de que modificaba a integridade da túa mensaxe, pensei que non lle afectaban as referencias, que era igual que nunha páxina normal. Síntoo, procurarei ter máis coidado, agora xa o sei. Alma (fálame eiquí) 23:10, 14 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario

Grazas Prevert por lembrar o meu primeiro aniversario. Teño que confesar que hai máis de 20 días que non estou facendo nada na wiki e é por que neste momento estou atravesando unha certa crise respecto da miña participación neste proxecto, e non por que eu tivera algún problema persoal, senón por que vexo que dende hai algún tempo hai quizais no ambiente un pouco de mal "karma" que a min me provoca certo rexeitamento. Vexo que esto non remite e que situa as persoas en “bandos” aínda que non queiran estar neles de xeito voluntario e consciente. Non é que fuxa do problemas, é que quizais eu pensaba que nun tipo de proxecto como este no que todo o mundo contribúe de xeito voluntario, os participantes terían unha predisposición a entenderse uns con outros e sempre interpretar as palabras do mellor xeito posible tratando de explicarse co maior detalle para tratar de evitar os problemas de comunicación escrita. Ó mellor é que son moi susceptible e non me chega con estar eu cómodo, preciso que os demais tamén o estean. Tampouco me gusta como tratamos a xente que chega nova ao proxecto, seguramente as veces por estar cansos de facer pedagoxía o por outras razóns probablemente xustificables, os tratamos, en ocasións, como xente molesta que non sabe manexar o “tinglado”, que normalmente fan apuntamentos de escaso interese e que a primeira de cambio se lles borra o que fixeron sen darlles apenas explicacións. Non é común felicitalos, animalos, darlle explicacións, e axuda aínda que non se pida, neste sentido direi que ti es unha clara excepción pola túa preocupación polos recen chegados e por dar ánimos cando se precisan. Tamén vexo un exceso de regulamentismo na wiki, que seguramente algúns dirán que é necesario pero non eu, creo que corremos o risco de converter a wiki nunha máquina ríxida onde tes que mirar 40 normas antes de dar un paso. Sinto darte o “coñazo” con estas ideas, tan so son opinións persoais que non pretenden xerar ningún tipo de controversia, senón que falan do meu estado de ánimo. Por outra banda eu tampouco podo contribuír moito, a miña vida persoal e complexa (3 fillos pequenos) e aínda máis a profesional xa que estou metido en 40.000 historias. Con todo, grazas por lembrarte de min. Un saúdo.--Calrosfking (FÁLAME) 15:04, 15 febreiro 2008 (UTC)

cisnes

O Cygnus olor chámase en galego cisne real, cisne vulgar ou cisne mudo; en castelán, cisne vulgar e cisne mudo; en inglés, Mute swain. Aínda esa coincidencia o certo é que non é mudo, senón que, mentres outros cisnes "cantan" en vo, este non, pero si que o fai (e menos ós outros) na auga. A mancha negra sobre o peteiro vermello dos cisnes da foto son inconfundibles. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 15:39, 15 febreiro 2008 (UTC)

Bots

Tes toda a razón do mundo. Desfago. --Xosé (✉) 21:23, 16 febreiro 2008 (UTC)

Moitas grazas

Grazas, estaba a piques de pórme a buscar como facer para agrandar as imaxes, que a 180px resultaban un pouco limitadas. Agora o artigo ten un aspecto moito mellor. Un saúdo!--Manudosde 20:26, 18 febreiro 2008 (UTC)

Grazas

Moitas grazas polo agradecemento. Oxalá tivese tempo para seguir colaborando con este proxecto que cada vez medra máis, mais a falta de tempo e as obrigas profesionais e académicas impídenmo. Un saúdo. O desta mensaxe fun eu. Perdoa que non asinase no momento de escribila, mais contestei desde o traballo e tiña a clase a piques de comezar. Desculpa. Outro saúdo--Xohán Baldomir 20:04, 25 febreiro 2008 (UTC)

Tampouco eu estou a contribuír como me gustaría hai moitos artigos que quixera aumentar ou escomenzar pero un pouco por preguiza e outro pouco por falta de tempo non me resolvo a poñerme en serio a facelos. Sempre dá ánimos ve que o pouco no que podo contribuír resulta útil.--XurxoStepanek 18:21, 19 febreiro 2008 (UTC)

Moitas grazas por acordarte de min. A verdade é que, aínda que me gustaría poder contribuír a facer máis grande este grande proxecto cuns pouquiños artigos máis, non teño tempo para lle dedicar. Mais espero que isto poida cambiar en breve. Un saúdo.--María Baldomir 20:01, 25 febreiro 2008 (UTC)


Eleccións Narón

Grazas pola túa axuda, pero como lle dicía a banjo, aínda tiña que insertar outro partido máis. Tentei imitar o teu traballo,mais non debe ser o meu. Por favor vólvemo mirar e arránxamo xa que pretendo centrarme nos artigos das eleccións municipais. Sen máis, un saúdo e grazas de antemán.--PepedoCouto 19:37, 22 febreiro 2008 (UTC)

Ola de novo. Quixera rematar o artigo de Eleccións en Narón facendo os diagramas de barras dos distintos anos que faltan, pero non atopo un modelo a seguir e si quero ver como está feito o do ano 2007 só vexo

.

Grazas.--PepedoCouto 12:23, 23 febreiro 2008 (UTC)

Grazas,grazas,grazas. Só comentarche que os datos, dos que dispoño, son dos partidos que acadaron concelleiros, polo tanto farei os diagramas sen as porcentaxes. De seguro que hei de contactar de novo contigo xa que, nesto da informática, estou moi frouxo.--PepedoCouto 15:43, 23 febreiro 2008 (UTC)

Re: Aniversario

Moitas grazas, Prevert. A verdade é que, nos últimos tempos e por mor de que estou a estudar Enxeñeiría Industrial non colaboro moito. Porén, aquí terédesme de novo en vacacións. Un saúdo, e moitas grazas, de verdade. --Norrin_strange (Talk) 14:44, 26 febreiro 2008 (UTC)

Sempre alegre

Ola Prevert ! Non sei si alguén coñoce o teu aniversario pa ca ti tamén podaseche manifestar agradecemento da colaboracion nesta wiki. Eu, xa o expressei varias veces, teño moita fe na calidade da tua colaboracion na Galipedia, e desexo que atopes tempo e ansia pa que se cumpran moitos aniversarios. Gracias polas felizitacios. Saudos respectuosos ElviraConversa con mi 16:25, 26 febreiro 2008 (UTC)

Únome a Elvira--Lmbuga Commons - Galipedia 01:17, 28 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións

Grazas polo aviso, o que me pasa é que os anos 83, 87 e 91 estou sacando os datos da BIBLIOTECA GALLEGA, pois tamén me ofrece os alcaldes. Xa tentarei arranxalo máis adiante; pero acabo de atopar un fallo, xa que nos resultados do ano 87 en Valdoviño o libro dame 1 concelleiroó BNG e outro ó CDS e o ministerio dame 2 ó CDS. Qué fago? Hei de preguntar a algún compañeiro oriundo.--PepedoCouto 23:23, 29 febreiro 2008 (UTC) Xa atopei o fallo, e está no ministerio xa que a suma de concelleiros dá nº par e non é posible.--PepedoCouto 23:31, 29 febreiro 2008 (UTC) Pero en que páxina miras? Na que eu teño aberta só suman 12 pois ó BNG non llo otorga.--PepedoCouto 23:48, 29 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida

Como xa lle dixen a [Alberte] mentres non me familiarice có código (son moi torpe coas cousas da informática) limitareime a editar grallas. (Aproveito esta mensaxe para probar co tema das ligazóns). --lx 00:17, 1 marzo 2008 (UTC)