Carnota: Diferenzas entre revisións
m bot Eliminado: lmo:Carnota |
grallas |
||
Liña 86: | Liña 86: | ||
O bico do Santo, situado no ''lugar'' de '''Pedrafigueira''', é un picacho en cuxo cumio houbo unha [[ermida]] dedicada a [[San Sebastián]]. |
O bico do Santo, situado no ''lugar'' de '''Pedrafigueira''', é un picacho en cuxo cumio houbo unha [[ermida]] dedicada a [[San Sebastián]]. |
||
Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As |
Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepárannas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira). Boca de Río, onde desemboca o [[río Valdebois]], é moi popular entre os [[veraneante]]s. |
||
==Galería de imaxes== |
==Galería de imaxes== |
Revisión como estaba o 29 de febreiro de 2008 ás 22:28
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
49' 16' ' N 9° 5' 16' ' O_E_ 0°N 0°L / 42_49_16_N_09_05_16_W, 42° 49' 16' ' N 9° 5' 16' ' O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
Modelo:Eleccións en progreso-concellos
Carnota | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio[1] | Carnotán |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Muros |
Poboación | 5.112 hab.[2][3] |
Área | 70,9 km²[3] |
Densidade | 72,1 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 parroquias[4] |
Capital do concello | Carnota |
Política (2007) | |
Alcalde | José Domingo Cipriano Oreiro Rodríguez (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
{{{eleccións}}} | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,33% |
Na rede | |
http://www.concellocarnota.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Carnota é un concello da Provincia da Coruña en Galiza. Pertence á Comarca de Muros.
Poboación no 2006: 5,112 habitantes segundo o INE (5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Carnotán
Evolución da poboación de Carnota Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.507 | 6.594 | 7.196 | 7.213 | 5.285 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Localización
O concello de Carnota ocupa unha estreita faixa costeira entre os montes da Serra de Outes ao leste (concello de Mazaricos) e o Atlántico ao oeste. O límite norte, co concello de Dumbría márcanno a desembocadura do río Xallas e os montes d'O Pindo; polo sur a Punta Lens, nas inmediacións de Ancoradoiro, sinala o límite co concello de Muros.
Desde a súa creación, a estrada comarcal 550 (de Fisterra a Tui) é a principal rota de comunicación. Na actualidade, coa mellora da estrada de Santa Comba a Muros, esta última converterase na vía principal con Santiago de Compostela.
O concello marca a transición entre as Rías Altas e as Rías Baixas e é, segundo algúns, o derradeiro polo sur da Costa da Morte.
A parte norte, a partir de Caldebarcos, é pedregosa e vai subindo cara O Pindo, que no extremo norte cae sobre o mar desde unha grande altura. Os montes d'O Pindo esténdese entre a desembocadura do Xallas e o Valdebois. Este macizo montañoso atinxe a súa maior altura na Moa (627 m.), desde a que se poden albiscar as torres da catedral de Santiago. Existen numerosas lendas relacionadas con estes montes, chamados "O Olimpo Celta". Ao sur predominan as praias. A praia de Carnota pasa, cos seus case sete quilómetros, por ser a máis longa de Galiza. Parte deste espazo natural está protexido dentro da Rede Natura 2000 e conta con dunas móbeis, semi-móbeis e fixas. O relevo érguese rapidamente cara o interior, chegando aos 503m. no lugar de Adraño.
O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14&sup0-15&sup0C anuais e precipitacións abondosas entre 1.5000 e 2.000 mm. anuais.
Historia
Existen mámoas e castros. Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámara e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum. Coas revoltas irmandiñas de 1467 desapareceon as fortalezas. O lugar da capital, Carnota, surxíu no século XVII. No século XIX foi saqueada polos franceses.
Monumentos e turismo
Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos ("cabaceiras") de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.
A igrexa de Carnota (Santa Comba) é barroca, ten planta de cruz latina e tres naves lonxitudinais. A de San Mamede é neoclásica, e conta cun retablo do século XVIII, obra do escultor J. Ferreiro.
O bico do Santo, situado no lugar de Pedrafigueira, é un picacho en cuxo cumio houbo unha ermida dedicada a San Sebastián.
Na praia de Carnota o areal mide sete quilómetros. As dunas son o produto do insistente vento do noroeste. A zona de marismas divídese en dúas partes: Caldebarcos, ao norte e A Lagoa ao sur. Sepárannas Punta Larada, que tamén divide as praias de Carnota estrita e a de San Mamede (A Berberecheira). Boca de Río, onde desemboca o río Valdebois, é moi popular entre os veraneantes.
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Carnota
-
Aeroxeneradores nos montes do Pindo
-
Hórreo de Carnota
-
Hórreo de Lira
-
Vista da Igrexa de San Mamede de Carnota dende a porta do adro.
Lugares de Carnota
Os lugares de maior tamaño son os de San Mamede de Carnota, Lira, e O Pindo.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carnota vexa: Lugares de Carnota.
Parroquias
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
---|---|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |
Véxase tamén
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Carnota".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google