Urbano VI, papa: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: bg:Урбан VI |
|||
Liña 21: | Liña 21: | ||
[[Categoría:Papas|Urbano VI]] |
[[Categoría:Papas|Urbano VI]] |
||
[[bg:Урбан VI]] |
|||
[[ca:Urbà VI]] |
[[ca:Urbà VI]] |
||
[[de:Urban VI.]] |
[[de:Urban VI.]] |
Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2008 ás 17:33
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano (Nápoles, ca. 1318 - Roma, 15 de outubro de 1389), foi Papa do 1378 até a súa morte.
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requería con clamor un papa italiano, foi eleito por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, accrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses logo a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á eleizón de Roberto da Ginevra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abríu a vía ao Grande Cisma, que divíu a cristiandade durante case cuarenta anos.
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizárones polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dár pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; ventiseis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para unha guerra aperta.
O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido con a soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.
De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixíuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente con a intención de tomar Nápoli para o seu nipote, se non para si mesmo.
Para recoller fondos proclamou un Xubileo, aínda que só transcorreran trintatres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.
Sucedeulle Bonifacio IX.