Sonic Youth: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 59: Liña 59:


===2000s===
===2000s===
[[Image:Moonlander.jpg|thumb|right|150px|[[Moonlander]], [[Lee Ranaldo]], [[Yuri Landman]], 2007]]
Na metade de [[1999]] o grupo volta aos estudios ao lado do produtor Jim O'Rourke para a gravación dun novo traballo lanzado pola Geffen. En febreiro de [[2000]] o disco está listo, sendo lanzado en maio baixo o título ''NYC Ghosts and Flowers''. O disco tamén ten o equilibrio alcanzado pola banda en ''[[A Thousand Leaves]]'', con boas melodías convivindo harmoniosamente con distorsións e experimentacións en xeral. Destaca tamén a arte gráfica do libreto, que ten fotos de [[Nova York]] sacadas por [[Lee Ranaldo]], debuxos feitos por [[Kim Gordon]] e ilustracións do poeta beat William S. Burroughs. Parte do público e crítica consideraron o disco un pouco irregular, pero sen dúbida trátase dunha nova obra co selo da banda.
Na metade de [[1999]] o grupo volta aos estudios ao lado do produtor Jim O'Rourke para a gravación dun novo traballo lanzado pola Geffen. En febreiro de [[2000]] o disco está listo, sendo lanzado en maio baixo o título ''NYC Ghosts and Flowers''. O disco tamén ten o equilibrio alcanzado pola banda en ''[[A Thousand Leaves]]'', con boas melodías convivindo harmoniosamente con distorsións e experimentacións en xeral. Destaca tamén a arte gráfica do libreto, que ten fotos de [[Nova York]] sacadas por [[Lee Ranaldo]], debuxos feitos por [[Kim Gordon]] e ilustracións do poeta beat William S. Burroughs. Parte do público e crítica consideraron o disco un pouco irregular, pero sen dúbida trátase dunha nova obra co selo da banda.



Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2008 ás 16:31

Sonic Youth
OrixeNova York, Estados Unidos
Período1981-actualidade
Xénero(s)Rock alternativo, noise
MembrosKim Gordon
Thurston Moore
Lee Ranaldo
Steve Shelley
Antigos membrosJim O'Rourke
Bob Bert
Richard Edson
Jim Sclavunos
Na rede
http://www.sonicyouth.com/
IMDB: nm1019247 Facebook: sonicyouth Twitter: thesonicyouth Instagram: sonicyouth_official MySpace: sonicyouth Youtube: UCOWV89Ww70Uw4Jr8Rmc1GBA Bandcamp: sonicyouthSouncloud: sonicyouth Spotify: 5UqTO8smerMvxHYA5xsXb6 iTunes: 36034 Last fm: Sonic+Youth Musicbrainz: 5cbef01b-cc35-4f52-af7b-d0df0c4f61b9 Songkick: 496057 Discogs: 17199 Allmusic: mn0000755156 Deezer: 1302 Genius: Sonic-youth Editar o valor em Wikidata


Sonic Youth é unha banda de rock estadounidense formada en Nova York no ano 1981, actualmente unha das máis respectadas e influíntes dentro da escena do rock alternativo. A formación actual consiste nos guitarristas Thurston Moore e Lee Ranaldo, a baixista Kim Gordon (os tres fundadores da banda) e o baterista Steve Shelley, que se uniu a eles en 1985.

Biografía

Sonic Youth pode ser considerado como un fenómeno musical, xa que o éxito e o recoñecemento que a banda ten é bastante improbable entre grupos que non teñen compromiso cos patróns musicais que actualmente imperan no mercado, e moito menos coa postura mainstream[1] que gran parte dos grupos de éxito comercial ostentan hoxe en día. Todo o contrario. E talvez sexa por esa aversión a patróns e convencións reinantes, pola honestidade artística e coraxe de facer música pola música, sen medo a experimentar, e tamén pola actitude do "faino ti mesmo" que a banda sempre pregou, talvez sexa por eses motivos que Sonic Youth posúe unha lexión fiel de fans e o recoñecemento por parte dos medios, converténdose así nun icono da música e cultura alternativa estadounidense dos anos 80 e 90.

O nacemento da banda

Thurston Moore

A historia da banda comezou a finais da década dos 70, cando os movementos underground de Nova York proliferaban e chamaban a atención de moitos mozos artistas e músicos. Entre eses mozos estaban os guitarristas Lee Ranaldo e Thurston Moore, que mudáranse á cidade interesados nalgunhas manifestacións musicais que se movían por alí, como a "No Wave" e o propio punk rock. Xuntos, eles tocaron na "guitar-opera" de Glenn Branca, que era un músico que organizaba presentacións onde había sempre moitas guitarras, chegando ás veces a ter seis tocando ao mesmo tempo. Tanto Ranaldo como Moore xa participaran en pequenas bandas alternativas anteriormente (a última de Ranaldo fora The Pluks e a de Moore The Coachmen).

No principio da década dos 80, Moore estaba saíndo coa baixista Kim Gordon, que tamén estaba interesada no rock alternativo e participara tamén nalgunhas bandas como CKM. Así non pasou moito tempo para que Moore e Gordon decidisen formar unha nova banda, influenciados polo escenario underground no que vivian e entusiasmados cos resultados que Glenn Branca acadaba coa súa "guitar-opera". A principios de 1981, Moore atopouse de novo con Lee Ranaldo nun evento chamado Noise Festival, e alí o convidouno para ingresar na banda que el e Kim Gordon estaban montando. Ranaldo aceptou de imediato a invitación, e coa entrada do baterista Richard Edson naceu Sonic Youth.

No verán de 1981, a banda comezou a participar en varios festivais no circuito alternativo local, contando coa teclista Ann DeMarinus. Ann non estivo moito tempo con eles, e non chegou a participar nas gravacións do primeiro traballo da banda, un EP autotitulado lanzado en 1982. O disco saíu pola discográfica de Glenn Branca, a Neutral Records, e é unha pequena mostra do que viría ser o son característico de Sonic Youth: unha sonoridade bastante alternativo, con boas doses de experimentación e melodía.

Definindo o seu son

Sonic Youth

A principios de 1983, o baterista Richard Edson deixou Sonic Youth para seguir a súa carreira de actor no cine, chegando incluso a participar nalgunhas producións de éxito como Stranger Than Paradise (de Jim Jarmush), Do The Right Thing (de Spike Lee), Platoon (de Oliver Stone) e Good Morning Vietnam (de Barry Levinson). No seu lugar foi chamado Bob Bert, e é con esa formación coa cal Sonic Youth gravou o seu primeiro LP, chamado Confusion is Sex, aínda en 1983. A banda continuou cun son bastante alternativo e libre de calquera rótulo específico, pero notábase unha influencia hardcore nos temas, con riffs e bases de guitarras máis pesadas e agresivas. Incluso, atopamos no disco unha versión dunha das bandas seminais do punk rock, "I Wanna be your Dog" de The Stooges. E é así, agregando influencias do punk rock e do underground en xeral, aliadas ás experimentacións e sonoridades alternativas, como Sonic Youth comeza a delinear o seu estilo bastante peculiar e creativo. As letras escritas por Moore e Gordon falan de morte, caos urbano, anarquía, relacións, preconceptos, etc. Aínda en 1983, despois de que Moore e Gordon casasen, a banda excursiona por Europa e alí, a través do selo alemán Zensor, lanzaron o EP Kill Yr. Idols.

Buscando un contrato

Durante 1984, mentres a banda continuaba a facer pequenos concertos, Moore esforzábase por atopar algún selo con mellor distribuición e maior alcance que aceptase traballar con Sonic Youth. A banda estaba aos poucos gañando notoriedade e nese ano lanzou pola Ecstatic Peace un cassete chamado Sonic Death: Sonic Youth Live, con cancións en directo. En 1985 Sonic Youth asinou coa Blast First Records, un selo creado por Paul Smith, un dos donos da Doublevision Records. A esta última non lle gustaran moito as demos e os traballos de Sonic Youth e por iso non os contratou, pero Smith víu potencial na banda, e creou a Blast First para lanzar os discos do grupo.

Kim Gordon

O primeiro traballo polo novo selo saíu durante ese ano de 1985, tratábase do álbum Bad Moon Rising. A banda continuaba incorporando no seu son influencias do hardcore e do punk rock, xunto coas xa características harmonías e arranxos non convencionais. Aínda así, a banda non soaba totalmente inaccesible e dirixida só para un público restrinxido, as estruturas musicais e melodías eran máis accesibles e elaboradas. O seu bo traballo nesa mestura de tendencias facía de Sonic Youth unha banda prometedora, non só no circuito alternativo, senón tamén con potencial para chegar a un público maior e menos específico.

Bad Moon Rising tivo bastante éxito, e a banda acabou recibindo varias propostas de selos que querían ter á banda no seu plantel. Sonic Youth finalmente asinou coa SST, a mesma que levaba a algunhas bandas xa consagradas do escenario alternativo como Hüsker Dü, Minutemen ou Black Flag. O primeiro disco pola SST foi lanzado en 1986 e titulouse Evol, xa contando na súa formación co que se convetiría no seu baterista definitivo, Steve Shelley. Nel, as influencias punk máis agresivas foron deixadas un pouco de lado, e a banda utilizou melodías e arranxos máis convencionais, pero sen deixar de lado as experimentacións e distorsións que xa eran a marca rexistrada de Sonic Youth. Para pechar o ano de 1986, a banda gravou a banda sonora da película Made in USA.

A madurez

A maduración musical e o recoñecemento por parte dos medios continuou co disco Sister, lanzado en 1987. Sonic Youth foi gañando aos poucos o rótulo de grande nome do escenario underground estadounidense, e comezou a aparecer con máis frecuencia nos medios. A revista Rolling Stone convertíuse nun dos grandes fans da banda, publicando reseñas bastante positivas dos seus álbums. Pero Sonic Youth non se deixou levar por todo iso, e continuou coa mesma postura fronte ao éxito inesperado. Sen abandonar as sonoridades alternativas e experimentacións en xeral, a banda seguiu realizando concertos incendiarios polos Estados Unidos e noutros países, e en 1988 lanzou o seu quinto álbum de estudio, o aclamado Daydream Nation. Para moitos este é o mellor disco de Sonic Youth, onde a banda encontrou o equilíbrio perfecto entre o experimentalismo e a melodía, entre as distorsións de guitarra coas harmonías marcantes. Cancións como "Silver Rocket" e "Teenage Riot" fixeron que a banda fose finalmente recoñecida como unha das mellores do escenario alternativo estadounidense. Obviamente este non foi un éxito radiofónico e comercial estrondoso, pero dado o estilo e a postura da banda, o éxito era relativamente significativo. Xunto co EP Master Dick, o disco Daydream Nation foi lanzado pola Enigma Records.

Aínda no ano 1988, Sonic Youth participou dun proxecto paralelo chamado Ciccone Youth (que contaba co baixista Mike Watt, ex-Minutemen e Firehouse) e lanzou o disco The Whitey Album, unha especie de álbum conceptual-irónico sobre a cultura musical, que vai do pop (con versións de Madonna e de Robert Plamer), á música contemporánea erudita (facendo referencia á composición 4:22 de John Cage através do tema Silence), e pasando polas influencias experimentais de Sonic Youth, que veñen do krautrock alemán (con bandas como Neu e Can).

Os anos 90

En 1990, despois de cambiar de selo novamente (a nova casa era a DGC Records, propiedade de David Geffen), a banda lanzou o disco Goo, que confirmaba o bo momento do grupo. O álbum, que a banda produciu con total liberdade (garantida polo propio David Geffen), tamén tivo bastante éxito e tivo unha gran distribuición ao redor do mundo, levando o nome de Sonic Youth a lugares que nunca antes tiñan escoitado falar da banda. Para a divulgación de Goo, a banda participou dunha xira ao lado de Neil Young, que estaba divulgando o seu último disco chamado Ragged Glory. Noutros concertos, Sonic Youth aproveitaba para axudar a bandas novas do underground estadounidense, como por exemplo, os aínda descoñecidos Mudhoney, Pavement e Nirvana (que sería contratado por David Geffen no ano seguinte, por indicación de Moore).

A principios de 1992, a banda voltou aos estudios para a gravación dun novo disco, desa vez contando coa axuda dun famoso produtor, Butch Vig. O resultado foi Dirty, e con cancións como "Sugar Kane" e a politizada "Youth Against Fascim", Sonic Youth continuou o seu ascenso e cada vez é máis admirada, contando incluso coa exhibición exhaustiva dos seus clips na MTV. A identidade musical do grupo continúa nas mesmas, ou sexa, excelentes cancións con melodías creativas en perfecta convivencia coa experimentación.

Sonic Youth volveu a a traballar con Butch Vig no disco Experimental Jet Set, Trash and No Star, lanzado en 1994. O álbum chega a alcanzar a posición 34 na lista dos máis vendidos nos Estados Unidos, e a 10ª en Inglaterra. Pero o traballo non ten a mesma aceptación de Daydream Nation e Dirty, e logo desaparece das listas citadas, non chegando a ter o relativo éxito comercial dos últimos álbums. No novo disco a banda abusa das experimentacións e arranxos pouco convencionais, deixando un pouco de lado a fórmula equilibrada e de bastante éxito dos discos anteriores. Aínda en 1994, o grupo decide tomarse un descanso polo embarazo de Gordon, e mentres esperaba o nacemento do seu primeiro fillo, Moore grava un disco en solitario que é lanzado en 1995 pola propia DGC, baixo o título de Psychic Hearts.

De volta aos escenarios en 1995, a banda foi a cabeza de cartel do festival alternativo Lollapalooza, e despois lanzou un novo disco de estudio, Washing Machine. O disco recibe boas críticas por parte da prensa e ten máis éxito comercial que o seu antecesor.

En 1997, Sonic Youth inaugura en Nova York un selo propio chamado Smells Like Records (ou SYR). Através dese selo, a banda atopa unha canle máis axeitada para lanzar discos unicamente experimentais e instrumentais, sen preocuparse pola aceptación deles por parte do público e dos medios, cousa que non podían facer na Geffen ou en calquera outro selo grande por motivos óbvios.

Aínda en 1997, a banda comezou a producir un novo disco para a Geffen, que saiu a finais de ano co título A Thousand Leaves. As guitarras de Moore e Lee e as voces de Gordon continúan sendo bastante creativas e espontaneas, e xunto a iso a banda volta a crear boas melodías e arranxos máis accesibles, facendo do disco un novo éxito comercial e consolidando máis aínda o estilo de Sonic Youth de facer rock alternativo.

2000s

Moonlander, Lee Ranaldo, Yuri Landman, 2007

Na metade de 1999 o grupo volta aos estudios ao lado do produtor Jim O'Rourke para a gravación dun novo traballo lanzado pola Geffen. En febreiro de 2000 o disco está listo, sendo lanzado en maio baixo o título NYC Ghosts and Flowers. O disco tamén ten o equilibrio alcanzado pola banda en A Thousand Leaves, con boas melodías convivindo harmoniosamente con distorsións e experimentacións en xeral. Destaca tamén a arte gráfica do libreto, que ten fotos de Nova York sacadas por Lee Ranaldo, debuxos feitos por Kim Gordon e ilustracións do poeta beat William S. Burroughs. Parte do público e crítica consideraron o disco un pouco irregular, pero sen dúbida trátase dunha nova obra co selo da banda.

Con Jim O'Rourke oficialmente integrado a banda, Sonic Youth lanza en 2002 Murray Street, que considerase a volta de Sonic Youth á sonoridade que consagrou a banda. O'Rourke, que se convertíu no terceiro guitarrista do grupo, e Thurston Moore admitiron en entrevistas que Murray Street reflicte influencias de rock máis clásico no son do grupo. O resultado son melodías máis convencionais en comparación coas do disco anterior o que lle reportou á banda os eloxios máis entusiastas da crítica dende Dirty, de 1992. O álbum posúe algúns trazos que fan lembrar a traxedia ocorrida en Nova York o día 11 de setembro de 2001, cos atentados terroristas que derrubaron o World Trade Center. A banda tivo que suspender a gravación do álbum debido este acontecemento, ocorrido a pouca distancia do seu estudio.

En 2003, o grupo comeza a planexar o lanzamento de edicións especiais dos LPs dos seus catálogos. O primeiro en ser relanzado foi Dirty, que vem acompañado dun disco bonus de 16 temas.

En 2004, a banda lanza Sonic Nurse, que pecha unha triloxía iniciada cos dous álbums anteriores. O disco é ben recibido polos fans e pola crítica, funcionando case como unha continuación natural de Murray Street.

Mentres tanto os relanzamentos de discos non paran, e despois da xira de divulgación de Sonic Nurse a banda volta aos estudio para retomar os traballos do seguinte álbum. Neste xa non contarían con Jim O'Rourke, que decidíu concentrarse noutras actividades. O novo disco lánzase en xuño de 2006 baixo o nome Rather Ripped. Desta vez a banda fai un álbum de cancións máis directas e melodiosas, obtendo unha moi boa recepción por parte da crítica e dos fans. No mesmo ano, son lanzadas versións especiais para os álbums Psychic Hearts (disco en solitario de Thurstoon), The Whitey Album (do proxecto paralelo Ciccone Youth) e o EP de estrea da banda, de 1982.

Membros

Membros actuais

Antigos membros

Discografía

Álbumes

EPs

Notas

  1. O termo mainstream na música fai referencia á que é considerada un fenómeno de masas

Ligazóns externas