Monte Apo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Monte Apo''' é un estratovolcán e a montaña máis elevada das illas Filipinas cunha altura de 2.954 metros. == Nome == O seu nome significa "amo" ou "avó". == Situación...
 
Liña 11: Liña 11:


== Ascensións ==
== Ascensións ==
Doadamente escalábel, o Apo foi ascendido, en subida rexistrada, por vez primeira o 10 de outubro de 1880 por Joaquín Rajal e outros acompañantes. Actualmente a cima do Monte Apo é un dos destinos preferidos polos filipinos. As sendas de subida están ben marcadas.
Doadamente escalábel, o Apo foi ascendido, en subida rexistrada, por vez primeira o 1[[0 de outubro]] de [[1880]] por [[Joaquín Rajal]] e outros acompañantes. Actualmente a cima do Monte Apo é un dos destinos preferidos polos filipinos. As sendas de subida están ben marcadas.


== Contorno ambiental ==
== Contorno ambiental ==

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2008 ás 13:42

O Monte Apo é un estratovolcán e a montaña máis elevada das illas Filipinas cunha altura de 2.954 metros.

Nome

O seu nome significa "amo" ou "avó".

Situación

O Apo está situado ao sur de Mindanao, a grande illa do arquipélago, na provincia de Cotobato, a poucos quilómetros ao sudeste da cidade de Davao. A cima presenta un cume aplanado, con tres picos, e un cráter de aproximadamente 500 metros de diámetro cun pequeno lago.

Erupcións

Aínda que o volcán é potencialmente activo, descoñécese a data da súa derradeira erupción, e non se coñecen rexistros históricos que poidan documentar algún dato ao respecto. É aproveitado para xenerar enerxía xeotermal.

Ascensións

Doadamente escalábel, o Apo foi ascendido, en subida rexistrada, por vez primeira o 10 de outubro de 1880 por Joaquín Rajal e outros acompañantes. Actualmente a cima do Monte Apo é un dos destinos preferidos polos filipinos. As sendas de subida están ben marcadas.

Contorno ambiental

O presidente Manuel L. Quezón declarou a área do Apo parque nacional o 9 de maio de 1936. Ten sido tamén proposto para as candidaturas de Patrimonio Mundial da UNESCO.

O monte está considerado como o centro de endemismos da illa de Mindanao. A súa área alberga arredor de 270 especies distintas de aves, das que un centenar se consideran endémicas. A respeito da flora, o monte acolle tres tipos diferentes de bosques tropicais, desde a base até media ladeira, con bosque de montaña na parte superior.