Ourense: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Zwobot (conversa | contribucións)
m bot Eliminado: lmo:Ourense
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fa:اورنس Modificado: lt:Orensė
Liña 171: Liña 171:
[[es:Orense]]
[[es:Orense]]
[[eu:Ourense]]
[[eu:Ourense]]
[[fa:اورنس]]
[[fi:Orense]]
[[fi:Orense]]
[[fr:Orense]]
[[fr:Orense]]
Liña 178: Liña 179:
[[lad:Orense]]
[[lad:Orense]]
[[lij:Ourense]]
[[lij:Ourense]]
[[lt:Ourensė]]
[[lt:Orensė]]
[[mi:Ourense]]
[[mi:Ourense]]
[[nl:Ourense (stad)]]
[[nl:Ourense (stad)]]

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2008 ás 11:50

19' 48" N / 07º 52' 12" O_E_ 0°N 0°L / 42_19_48_N_07_52_12_W, 42º 19' 48" N / 07º 52' 12" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Ourense
Situación
Xentilicio[1]Ourensán - Auriense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación108.137 hab.[2][3]
Área84,5 km²[3]
Densidade1.279,73 hab./km²
Entidades de poboación21 parroquias[4]
Capital do concelloOurense
Política (2007)
AlcaldeFrancisco Rodríguez Fernández (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 6 concelleiros
PPdeG: 13 concelleiros
PSdeG-PSOE: 8 concelleiros
Outros: -
{{{eleccións}}}
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes89,92%
Na rede
www.ourense.es
Facebook: OurenseConcello Twitter: ourenseconcello Telegram: OurenseConcello Youtube: UCcdDSal8Q04l9W7itSu3FeQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ourense é a terceira cidade de Galicia por poboación tras Vigo e A Coruña, capital da provincia do seu nome. Ten 108.137 habitantes segundo o padrón municipal de 2006 (109.475 en 2003) e é cabeza da comarca homónima.

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Loña. É coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68ºC). Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (Século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, O Claustro de San Francisco, as igrexas da Trindade e San Domingos, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación. Cidade Termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muiño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Etimoloxía

Bautizada polos romanos como "A ciadade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha importante cidade da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño. Tamén se cre que o nome da cidade ven do latín aquare urente (Augas abrasadoras), ou do xermánico Warmse (Lago quente), polas coñecídas fontes de augas termais, As Burgas, (nome derivado do latín Burca que significa pila), unha das moitas que existen no Concello.

Historia

Aínda que había asentamentos castreños á beira do Miño e do Loña como os de Valdegola, Oira e San Tomé a cidade ten a súa orixe no asentamento romano a caron das Burgas e da guarnición da ponte romana.

Situada na vía que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) a cidade mantivo importancia tras a época romana pola sua ponte e situación central na antiga Gallaecia.

Foi corte real dos suevos crese que durante o reinado de Carriarico/Teodomiro que foi o que fundou a primeira igrexa adicada a San Martiño de Tours.

Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai.

Mais será durante o bispado de don Lourenzo cando dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122 situación que se mantería ata o século XVII.

Ao longo da Idade Moderna Ourense foi cidade de cregos, nobres e funcionarios sendo a súa industria a do viño, manténdose ata as pragas de finais do XIX. Neste século a cidade vai incrementar a sua poboación coa construción da Estrada Villacastín-Vigo, e a nova liña férrea Monforte-Vigo tamén crece a cidade que se espalla máis aló do tradicional casco vello.

Durante o século XX este crecemento mantívose, Ourense continuou a ser o centro administrativo da provincia gañando un notable pulo comercial vencellado a emigración procedente de Zamora, Logroño e León que aparace atraída polas novas vías de comunicación.

Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A estación Ourense-Empalme, unha das dúas estacións coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centralíza todo ao tráfico ferroviario do noroeste da península

Xeografía

  • Altura máxima de 134 metros
  • Latitude: 42º 19' 48" N
  • Lonxitude: 07º 52' 12" W
  • Superficie: 85,2 km2.

Demografía e divisións

Segundo datos do INE do 2006, o concello de Ourense conta con 108.137 habitantes situados polo centro urbano e as 21 parroquias das que consta o concello. A densidade de poboación é de 1271 habitantes por quilómetro cadrado.

Evolución da poboación

Evolución da poboación de Ourense   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
15.194 21.579 55.574 94.346 108.600 108.358
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Política

Ourense é a capital da provincia, así mesmo cabeceira dunha comarca e partido xudicial. Ourense é a sé da Audiencia e Xulgados Provincias, Deputación Provincial de Ourense, as delegacións da Xunta de Galicia e de varios organismos da Administración Xeral do Estado como a Subdelegación do Goberno, Comisaría da Policía Nacional, INSS e outros.

Tras as eleccións municipais do 2007 o goberno da cidade é unha coalición do PSdeG e o BNG sendo o alcalde Francisco Rodríguez.

Economía

A maior parte da cidadanía de Ourense traballa no sector servizos, aínda que tamén ten importancia o sector secundario, xa que a cidade conta con numerosas fábricas relacionadas coa química e os seus derivados. A cidade tamén recibe a influencia do Parque Tecnolóxico de Galicia, que aínda que non se atopa no concello de Ourense, aporta grandes beneficios á cidade.

Climatoloxía

A situación climatolóxica de Ourense é moi especial. Conta cun clima oceánico cunha forte influencia do clima continental. A situación xeográfica da cidade, metida nun val, fai que os veráns sexan dunha extrema dureza acadando a maioría das veces temperaturas superiores aos 35°C en verán. En inverno as temperaturas son baixas, aínda que a maioría das veces non baixan dos 0°C.

Ourense
1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec TOTAL
Temp. media (°C) 6,9 7,7 10,8 12,6 16,0 19,4 22,1 21,4 19,2 14,7 10,0 7,7 14,0
Precipitacións (mm) 90 78 99 56 62 42 17 20 43 89 95 128 818
Praza Maior

Personalidades de Ourense

Ourense na cultura popular

  • As nenas de Pontevedra/ son o mesmo cas de Ourense,/ son sin quitarlle nin porlle/ como tódalas mulleres.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ourense

Lugares de Ourense

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourense vexa: Lugares de Ourense.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

Véxase tamén

Modelo:Véxase

Ligazóns externas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ourense".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google