Irmandades da Fala: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lmbuga (conversa | contribucións)
engado o programa político e económico
Liña 18: Liña 18:
A maior parte dos afiliados estaba constituído por intelectuais e profesións liberais
A maior parte dos afiliados estaba constituído por intelectuais e profesións liberais


== O programa político e económico==
No congreso celebrado en novembro de 1918 na cidade de Lugo, as Irmandades marcan o seu programa político:

#Obxectivos prioritarios:
##Autonomía integral para Galicia.
##Autonomía municipal.
##Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
##Busca dunhas bases para facer posible un federalismo con Portugal.
#Obxectivos para Galicia:
##O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido directamente polo pobo.
##O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.
##Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.
##Cooficialidade do castelán e do galego.
##Igualdade de dereitos da muller.
##Supresión das Deputacións Provinciais.
##Lexislación social nas competencias que se estimen non exclusivas do Estado.
##Toda a potestade docente.
##Administración (non construcción) dos ferrocarrís.
##Fixación do cupo de forzas que se estimen precisas para mante-la orde no país.
##Control da política económica, non excluídos os bancos.
##Substantividades do dereito foral galego.
##Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.
##Soberanía estética de Galicia (que se conserve nas construccións o estilo digno e propio de cada marco xeográfico.


[[Category:Historia de Galicia]]
[[Category:Historia de Galicia]]

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2005 ás 21:41

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931.
Coas Irmandades da Fala por vez primeira o movemento galeguista asume o monolingüísmo en galego

Historia

O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte, influído por Aurelio Ribalta, comeza dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publica o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e cultivo da lingua.
A proposta é ben acollida por diferentes sectores ideolóxicos, aínda que van ser dúas as tendencias principais, a de orixe tradicionalista de Antón Losada Diéguez e a liberal demócrata.
O 18 de maio de 1916 unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña acorda a creación dunha Hirmandade dos Amigos da Fala, e nomea a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro. De seguido constitúense as agrupacións locais de Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense e Vilalba. O 14 de novembro de 1916 aparece o seu órgano oficial A Nosa Terra, integramente en galego (que conta dende o comezo con 2.000 subscritores).
En setembro de 1917 colabora coa Lliga Regionalista para concorrer ás eleccións parlamentarias de febreiro de 1918, só consegue competir en tres distritos e non consegue gañar en ningún.
Da I Asemblea Nacionalista do 17 e 18 de novembro de 1918 vai saír un Manifesto Nacionalista que vai constituír a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a Guerra Civil, defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia, a cooficialidade do galego.
En 1919 ten lugar a II Asemblea Nacionalista en Santiago de Compostela, a III Asemblea ten lugar en Vigo en 1921.
Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte en 1922 as Irmandades esgazan, a Irmandade da Coruña e algunhas pequenas da comarca serán as que manteñan as formulacións orixinais, mentre o resto constitúen a Irmandade Nazonalista Galega dirixida por Vicente Risco. A Irmandade da Coruña dirixida por Alfredo Somoza e Ánxel Casal segue a editar A Nosa Terra durante a ditadura.
Entre 1929 e 1930 prodúcese a reorganización das Irmandades que culmina na VI Asemblea Nacionalista da Coruña de 1930.
A VII Asemblea Nacionalista de Pontevedra en decembro de 1931 acorda a creación dun partido que aglutinase o galeguismo, que levará o nome de Partido Galeguista

Afiliación

A fins de 1916 as 6 irmandades locais contan con 200 afiliados, e en novembro de 1918 son 13 irmandades e 700 afiliados, a máis importante a da Coruña con arredor de 350 afiliados. En 1919 permanecen 500 afiliados e en 1924 só quedan 200 afiliados. Despois da Ditadura de Primo de Rivera prodúcese o renacer das Irmandades que chegan a 16 agrupacións e 700 afiliados en 1929 e son 46 agrupacións en 1931.
A maior parte dos afiliados estaba constituído por intelectuais e profesións liberais

O programa político e económico

No congreso celebrado en novembro de 1918 na cidade de Lugo, as Irmandades marcan o seu programa político:

  1. Obxectivos prioritarios:
    1. Autonomía integral para Galicia.
    2. Autonomía municipal.
    3. Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
    4. Busca dunhas bases para facer posible un federalismo con Portugal.
  2. Obxectivos para Galicia:
    1. O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido directamente polo pobo.
    2. O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.
    3. Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.
    4. Cooficialidade do castelán e do galego.
    5. Igualdade de dereitos da muller.
    6. Supresión das Deputacións Provinciais.
    7. Lexislación social nas competencias que se estimen non exclusivas do Estado.
    8. Toda a potestade docente.
    9. Administración (non construcción) dos ferrocarrís.
    10. Fixación do cupo de forzas que se estimen precisas para mante-la orde no país.
    11. Control da política económica, non excluídos os bancos.
    12. Substantividades do dereito foral galego.
    13. Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.
    14. Soberanía estética de Galicia (que se conserve nas construccións o estilo digno e propio de cada marco xeográfico.