Diferenzas entre revisións de «Solidaridad Obrera (Barcelona)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
corrixo ligazóns de homónimos
m (-> interwiki)
m (corrixo ligazóns de homónimos)
En 1917 Solidaridad Obrera encontrábase desprestixiado e a súa edición non chegaba ós 3.500 exemplares. A súa liña editorial estaba enfrontada ás directrices dos sindicatos cenetistas que os boicoteaban. Nese ano entrou á dirección Pestaña, que o relanzou ata acadar unha tiraxe de 17.000 exemplares. Para logralo Pestaña depurou e clarificou a súa liña editorial e impulsou unha campaña contra Bravo Portillo.
 
En 1919 trasládase a redacción a [[Valencia - València|Valencia]] ó non poder editarse en Barcelona. A dirección, esta vez colexiada, recae en Alaiz, Carbó, Gallego Crespo e Viadiu. O equipo de redacción formábano Abella, Quílez, Calleja, Amador, [[Salvador Seguí]] e Caracena.
 
En 1923 volve a Barcelona, pero ó ano seguinte é prohibido pola [[ditadura]] de [[Primo de Rivera]]. O 31 de agosto de 1930 vólvese editar coa axuda económica de libertarios de Manresa e con maquinaria propia. Faise cargo da dirección [[Joan Peiró]] e é administrado por Masoni, con Foix, Carbó, Magre e Clará na redacción. Nese tempo chégase a unha tiraxe media de 26000 exemplares. En setembro de 1931 decídese a nova dirección despois dun enfrontamento entre trintistas e [[FAI|faístas]], e recae en Alaiz que axiña cedería o posto a Corbella. Desde setembro de 1931 a novembro de 1932 pasaron pola dirección de Solidaridad Obrera sete persoas.
68.670

edicións

Menú de navegación