Montes Cárpatos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Karpatoak
Liña 40: Liña 40:
[[es:Montes Cárpatos]]
[[es:Montes Cárpatos]]
[[et:Karpaadid]]
[[et:Karpaadid]]
[[eu:Karpatoak]]
[[fi:Karpaatit]]
[[fi:Karpaatit]]
[[fr:Carpates]]
[[fr:Carpates]]

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2008 ás 14:21

Este artigo é sobre a cadea de montañas da Terra. Existe tamén unha cordilleira lunar chamada Cárpatos (Lúa).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Imaxe satélite dos Cárpatos

Os Cárpatos (checo, eslovaco, polaco e ucraíno Karpaty, romanés Carpaţi, húngaro Kárpátok) forman a á oriental do gran sistema de montañas da Europa, percorrendo 1500 km ao longo das fronteiras da República Checa, Eslovaquia, Polonia, Romanía e Ucraína.

Nome

O nome deriva probabelmente da tribo dacia Carp, que vivía no primeiro milenio a.C. nas elevacións orientais dos Cárpatos. Outra fonte puido ser a palabra indoeuropea "karpa", que significa montaña ou rocha. Como Chrawat, usárona primeiro os habitantes da rexión, de onde pasou á forma Krapat ou Karpa para dar nome á cadea de montañas.

En documentos oficiais húngaros do século XIII e XIV os Cárpatos eran chamados Thorchal ou Tarczal, ou aínda Montes Nivium. A parte externa dos Cárpatos formaba a fronteira do reino da Hungría do século XIII ata o inicio do século XX.

Xeografía

Comezan no Danubio preto de Bratislava, contornan a Hungría e a Transilvania nun largo semicírculo cuxa concavidade está dirixida ao sudoeste, e terminan no Danubio, perto de Orşova, na Romenia. O comprimento total dos Cárpatos é de máis de 1500 km e a súa largura varía entre 12 e 500 km. A maior largura dos Cárpatos coincide coa súa maior altitude. Así, a cadea atinxe súa largura máxima no planalto da Transilvania e no sector das montañas Tatra (maior altitude: monte Xerlachovsky - 2655 m por riba do nivel do mar, en territorio eslovaco). Os Cárpatos cobren unha área de 190.000 km², formando a máis longa cordilleira europea despois dos Alpes.

Os Cárpatos non forman unha cadea ininterrumpida de montañas, mais son compostos de diversos grupos distintos tanto orograficamente como xeoloxicamente; na verdade, presentan tanta variedade canto os Alpes. Os Cárpatos, que raramente atinxe máis do que 2500 m, non presentan campos con neve, nin grandes glaciares, nin cataratas nin os lagos que se poden atopar nos Alpes. Non posúen neves eternas en ningún punto, e non hai presenza de glaciares. Así, mesmo nos seus puntos máis elevados, lembran a rexión mediana dos Alpes, cos cales, non obstantes, teñen diversos puntos en común, como a aparencia, estrutura e flora.

O Danubio separa os Cárpatos dos Alpes, que se encontran en apenas dous puntos, os Montes Leitha en Bratislava, e os Montes Bakony, mentres que este río sepáraos dos Balcáns en Orsova, na Romanía. O val do March e o Oder separa os Cárpatos das cadeas da Silesia e da Moravia, que pertencen á á central do gran sistema de montañas europeo. Contrariamente ás outras ás do sistema montañoso europeo, os Cárpatos, que son o punto de división das augas entre os mares do norte e o Mar Negro, están rodeados de planicies por todos os lados, principalmente a planicie Panoniana no sudoeste, a planicie do Baixo Danubio (Romanía) no sur, e a planicie da Galitzia no nordeste.