Comités Abertos de Estudantes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Os '''Comités Abertos de Estudantes''' son unha organización estudantil [[nacionalismo galego|nacionalista]] de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, bacharelato e formación profesional e, tal e como indican os seus estatutos, pode pertencer aos CAE calquera estudante.
Os '''Comités Abertos de Estudantes''' son unha organización estudantil [[nacionalismo galego|nacionalista]] de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, bacharelato e formación profesional e, tal e como indican os seus[[Imaxe:]] estatutos, pode pertencer aos CAE calquera estudante.


Fundáronse no ano [[1990]] como extensión ao ensino medio do proxecto dos [[CAF]], coincidindo coas eleccións ao [[Consello Escolar Galego]].
Fundáronse no ano [[1990]] como extensión ao ensino medio do proxecto dos [[CAF]], coincidindo coas eleccións ao [[Consello Escolar Galego]].
Liña 6: Liña 6:


Os Comités Abertos de Estudantes organízanse en Comités de Centro, sendo estes os seus organismos de base. Hai tamén unha Asemblea Comarcal. O seu maior órgano de decisión é a Asemblea Nacional, onde se elixe os seus órganos directivos, o Consello Nacional e a propia Executiva Nacional.
Os Comités Abertos de Estudantes organízanse en Comités de Centro, sendo estes os seus organismos de base. Hai tamén unha Asemblea Comarcal. O seu maior órgano de decisión é a Asemblea Nacional, onde se elixe os seus órganos directivos, o Consello Nacional e a propia Executiva Nacional.









Liña 62: Liña 57:
O movimento nacionalista que viña de viver nos anos anteriores as horas máis críticas da sua xeira contemporánea a forza de ter fe, volta a ter fe no noso povo.
O movimento nacionalista que viña de viver nos anos anteriores as horas máis críticas da sua xeira contemporánea a forza de ter fe, volta a ter fe no noso povo.


== Paxina dos CAE ==
==Véxase tamén==
* [http://www.comitesabertos.org/cae/vimos.php Historia dos Comités Abertos de Estudantes]
* [http://www.comitesabertos.org/cae/


[[Categoría:Asociacións de estudantes]]
[[Categoría:Asociacións de estudantes]]

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2008 ás 00:03

Os Comités Abertos de Estudantes son unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, bacharelato e formación profesional e, tal e como indican os seus[[Imaxe:]] estatutos, pode pertencer aos CAE calquera estudante.

Fundáronse no ano 1990 como extensión ao ensino medio do proxecto dos CAF, coincidindo coas eleccións ao Consello Escolar Galego.

Organización dos CAE

Os Comités Abertos de Estudantes organízanse en Comités de Centro, sendo estes os seus organismos de base. Hai tamén unha Asemblea Comarcal. O seu maior órgano de decisión é a Asemblea Nacional, onde se elixe os seus órganos directivos, o Consello Nacional e a propia Executiva Nacional.


Historia dos CAE

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade consideramo-nos herdeiros direitos de ERGA e sabemos que moitas outras organizacións teñen tamén parte herdanza que xerou esta organización xuvenil nacionalista. E hoxe, máis que nunca, os obxectivos de ERGA seguen a estar vixentes, ainda que adaptados ao contexto actual: Ensino galego, público, democrático e de calidade. I Congreso dos Estudantes Revolucionarios Galegos no salón de actos de Económicas de Compostela ERGA, Estudantes Revolucionários Galegos, foi a organización máis influinte na mocidade galega desde os anos 70 até a sua desaparición no ano 88. Desta organización sairon importantes cadros do nacionalismo galego polítco e sindical e foi baluarte fundamental das loitas que o nacionalismo galego levou até os nosos dias. Nesta breve história pretendemos dar a coñecer unha organización e agradecer a todos e todas as suas militantes o seu contributo á causa da liberación nacional e a tranformación social de Galiza.

O nacionalismo galego, que através da F.E.U.G. (Federación Universitária Galega) fora quen de hexemonizar o Movimento Estudantil nos dias da II República terá que esperar a decembro do 72 para encetar o camiño que lle permita recuperar a hexemonia perdida tras o alzamento militar fascista.

Ainda que presente nas grandes mobilizacións de marzo do 68 e nas loitas do curso 71-72 a dirección e a iniciativa corria da man da esquerda española abafada dun teoricismo sectarizante que imposibilitaba a articulación dunha acción de masas e totalmente insensíbel a nosa identidade nacional.

1972-1975: COA CLASE APRENDENDO A PÁTRIA

ERGA (Estudantes Revolucionários Galegos) impulsada pola Unión do Povo Galego (UPG), xurde logo da necesidade de dotar ao estudantado dunha organización nacionalista e reivindicativa, respondendo o seu á mesma formulación que nos anos posteriores dará vida ás Comisións Labregas ao sindicalismo obreiro,á Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG); isto é a autoorganización dos diferentes sectores sociais que conforman o povo galego como condición imprescindíbel para a autodeterminación de Galiza.

A sua aparición pública acelerada tras o asasinato a mans da policia do estudante de Medicina Chema Fuentes, dá-se nun contexto de profunda conflictividade na nación (tras as mobilizacións obreiras de Vigo e Ferrol) e no marco dunha universidade que como consecuéncia do crecimento económico dos anos 60 estaba a abrir-se a sectores sociais máis populares de procedéncia vilega ou rural. Será precisamente este segmento do estudantado onde mellor calle historicamente a mensaxe da nova organización e de onde saia o groso da sua militáncia.

ERGA imprimirá dende as suas orixes unha nova dinámica ao movimento estudantil, misturando as revindicacións académicas con aquelas de carácter máis xeral que daquela hexemonizaba a práctica deste.

Asi, entre os cursos 72-73 e 74-75 levarán-se adiante campañas pola mellora da docéncia (reivindicación da especialidade de Psicodiagnóstico, novo plano de estudos para Filosofia...), contra o autoritarismo do profesorado (críticas a Lois do CUVI, De Pablos en Biolóxicas, Pablito en Lugo....), de boicote e oposición ás probas de selectividade que vai provocar a incorporación do Ensino Meio á loita estudantil; a implantación de ERGA fora de Compostela é froito da concepción do ensino como un problema global e da necesidade de criar unha dinámica de masas en todo o país.

Á sua par colabora-se activamente nas mobilizacións do conxunto do nacionalismo: en oposición ás celulosas (Ourense...), no dia da Pátria, no 1º de maio, polas liberdades democráticas e contra a represión (solidariedade cos alunos expulsados do instituto Coia, volta a Galiza de Francisco Rodríguez desterrado en Cádiz ...). Particular importáncia vai ter a laboura desenvolta no ámbito cultural (apoio ás Asociacións Culturais, homenaxe nacional a Castelao en 1974) e no lingüistico, o galego era perseguido nas aulas polo réxime e nas asembleas pola esquerda española, limitando-se o seu uso sistemático aos membros de ERGA.

A pesar dos prexuízos seculares, dos prantexamentos importados, da represión franquista e da pouca experiéncia, a alternativa patriótica descoñecida nas aulas só tres anos antes pasa a ser un referente fundamental no estudantado universitário e hexemónico nas ensinanzas médias ao final deste período.


1975-1981: SOÑANDO A RUPTURA

As espectativas criadas tras a morte do xeneral Franco sobre as posibilidades dunha ruptura democrática que permiti-se unha reformulación do Estado van provocar unha importante expansión do nacionalismo e unha intensificación das loitas populares vivindo ERGA unha época dourada que ten o seu momento álxido en xaneiro do 78 coa celebración diante de 1000 delegados/as do seu I Congreso en situación de ilegalidade (ate 1987 non vai ser legalizada).

O estudantado vai-se amosar especialmente receptivo á participación en conflictos de carácter xeral nutrindo as manifestacións máis senlleiras deses anos (Xove, Baldaio, Encrobas...) colaborando coas reivindicacións das restantes organizacións nacionalistas (oposición á industrialización irracional, contra a cuota empresarial....); o apoio de ERGA á xornada de loita contra os Pactos da Moncloa convocada polas Comisións Labregas (CC.LL.) e a ING para o 27 de xaneiro do 78 salda-se coa mobilización de 60.000 estudantes apesar do boicote do resto das formacións actuantes no sector.

A partir do curso 78-79 a medida que se vai consolidando o proceso de cámbio de réxime, as loitas por cuestións académicas pasan á primeira orde máis cun enfoque novo onde a dinámica de centro vai primar sobre a nacional. Atrás quedaban as mobilizacións pola ampliación do prazo da matrícula, contra os ciclos e as catro convocatórias, en oposición ás taxas con paros na práctica totalidade dos centros universitários; abre-se unha nova páxina onde a excepción ven representada polas loitas no Ensino Médio esixindo a derrogación do Estatutos de Centros e na universidade a LAU, expresións legais do novo marco xurídico-político.

O golpe militar do 23 de febreiro marca ás claras o rumo reaccionário que toma o estado español e a imposibilidade dunha evolución democrática o que provoca unha grave crise no conxunto das forzas rupturistas e por extensión no nacionalismo galego. Tanto é asi que a organización estudantil patriótica, cuxo 2º congreso é proibido, perde boa parte da sua militáncia e presenza territorial ficando como a única forza actuante no moivimento universitário e de médias.


1981-1987: O DESENCANTO DA II RESTAURACIÓN

A necesidade de actuar, ser úteis, nunha situación de hostilidade social e institucional como a xurdida tras a consolidación do réxime democrático burgués vai obrigar a articulacións unitárias entre as forzas e indivíduos que se salvaron do naufraxio da transición. O proceso vivido en 1982 coa fundación do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no que ERGA participa pasando a converter-se nun colectivo máis da frente garda similitude co acontecido no movimento xuvenil e no ensino en particular.

No cámpus de Compostela partindo das debilitadas estruturas unitárias criadas nalguhas faculdades ao calor das loitas do curso 79-80 os Comités de Faculdade, enceta-se unha iniciativa xunto a outras organizacións e persoas sen militáncia partidária encamiñadas ao seu afortalamento e expansión ao resto dos centros de distrito e da universidade (Nova Escola en Ourense, Escola Aberta en Vigo e Pontevedra ). Xurden asi os Comités Abertos de Faculdade (CAF) no curso 83-84 aos que ERGA lle adicarón até a sua desaparición os seus mellores esforzos veiculizando através deles todas as reclamacións de tipo académico en aras de non distorsionar o papel dos comités a ollos da comunidade educativa.

A escasa implantación coa que contaban no Ensino Médio limitou o seu labor a conflictos pontoais (FP no Carballiño,transporte na Coruña...) e dificultou o lanzamento dunha estrutura homóloga da que operaba con grande éxito no ensino superior. Apesar disto foi-se quen de respostar con creces a reforma educativa elaborada polo goberno do PSOE através da PAEGA (Plataforma Aberta de Estudantes Galegos) que entre os anos 86-87 levou adiante as máis importantes mobilizacións realizadas polo alunado de medias. Esta experiéncia parella á criación dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) que aparecen coincidindo coas eleicións aos consellos escolares do ano 86.

A actividade pública de ERGA durante estes anos,case na totalidade das ocasións,derivará-se da sua responsabilidade como organización xuvenil do nacionalismo. Participará do movimento anti OTAN, apoiará as folgas xerais dos anos 84-85 realizando paros e manifestacións de estudantes e denunciará os intentos de manipulación de Rosalia de Castro e de Castelao coincidindo co traslado deste a Galiza, e solicita o voto para o BNG para as campañas electorais e consegue integrarse (non sen moitos problemas ao ser alegal) no Consello da Xuventude de Galiza.

O movimento nacionalista que viña de viver nos anos anteriores as horas máis críticas da sua xeira contemporánea a forza de ter fe, volta a ter fe no noso povo.

Paxina dos CAE