Diferenzas entre revisións de «Comités Abertos de Estudantes»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(algunhas correccións)
 
Os Comités Abertos de Estudantes organízanse en Comités de Centro, sendo estes os seus organismos de base. Hai tamén unha Asemblea Comarcal. O seu maior órgano de decisión é a Asemblea Nacional, onde se elixe os seus órganos directivos, o Consello Nacional e a propia Executiva Nacional.
 
 
 
 
 
 
 
== Historia dos CAE ==
 
 
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade consideramo-nos herdeiros direitos de ERGA e sabemos que moitas outras organizacións teñen tamén parte herdanza que xerou esta organización xuvenil nacionalista. E hoxe, máis que nunca, os obxectivos de ERGA seguen a estar vixentes, ainda que adaptados ao contexto actual: Ensino galego, público, democrático e de calidade.
I Congreso dos Estudantes Revolucionarios Galegos no salón de actos de Económicas de Compostela
ERGA, Estudantes Revolucionários Galegos, foi a organización máis influinte na mocidade galega desde os anos 70 até a sua desaparición no ano 88. Desta organización sairon importantes cadros do nacionalismo galego polítco e sindical e foi baluarte fundamental das loitas que o nacionalismo galego levou até os nosos dias. Nesta breve história pretendemos dar a coñecer unha organización e agradecer a todos e todas as suas militantes o seu contributo á causa da liberación nacional e a tranformación social de Galiza.
 
O nacionalismo galego, que através da F.E.U.G. (Federación Universitária Galega) fora quen de hexemonizar o Movimento Estudantil nos dias da II República terá que esperar a decembro do 72 para encetar o camiño que lle permita recuperar a hexemonia perdida tras o alzamento militar fascista.
 
Ainda que presente nas grandes mobilizacións de marzo do 68 e nas loitas do curso 71-72 a dirección e a iniciativa corria da man da esquerda española abafada dun teoricismo sectarizante que imposibilitaba a articulación dunha acción de masas e totalmente insensíbel a nosa identidade nacional.
 
1972-1975: COA CLASE APRENDENDO A PÁTRIA
 
ERGA (Estudantes Revolucionários Galegos) impulsada pola Unión do Povo Galego (UPG), xurde logo da necesidade de dotar ao estudantado dunha organización nacionalista e reivindicativa, respondendo o seu á mesma formulación que nos anos posteriores dará vida ás Comisións Labregas ao sindicalismo obreiro,á Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG); isto é a autoorganización dos diferentes sectores sociais que conforman o povo galego como condición imprescindíbel para a autodeterminación de Galiza.
 
A sua aparición pública acelerada tras o asasinato a mans da policia do estudante de Medicina Chema Fuentes, dá-se nun contexto de profunda conflictividade na nación (tras as mobilizacións obreiras de Vigo e Ferrol) e no marco dunha universidade que como consecuéncia do crecimento económico dos anos 60 estaba a abrir-se a sectores sociais máis populares de procedéncia vilega ou rural. Será precisamente este segmento do estudantado onde mellor calle historicamente a mensaxe da nova organización e de onde saia o groso da sua militáncia.
 
ERGA imprimirá dende as suas orixes unha nova dinámica ao movimento estudantil, misturando as revindicacións académicas con aquelas de carácter máis xeral que daquela hexemonizaba a práctica deste.
 
Asi, entre os cursos 72-73 e 74-75 levarán-se adiante campañas pola mellora da docéncia (reivindicación da especialidade de Psicodiagnóstico, novo plano de estudos para Filosofia...), contra o autoritarismo do profesorado (críticas a Lois do CUVI, De Pablos en Biolóxicas, Pablito en Lugo....), de boicote e oposición ás probas de selectividade que vai provocar a incorporación do Ensino Meio á loita estudantil; a implantación de ERGA fora de Compostela é froito da concepción do ensino como un problema global e da necesidade de criar unha dinámica de masas en todo o país.
 
Á sua par colabora-se activamente nas mobilizacións do conxunto do nacionalismo: en oposición ás celulosas (Ourense...), no dia da Pátria, no 1º de maio, polas liberdades democráticas e contra a represión (solidariedade cos alunos expulsados do instituto Coia, volta a Galiza de Francisco Rodríguez desterrado en Cádiz ...). Particular importáncia vai ter a laboura desenvolta no ámbito cultural (apoio ás Asociacións Culturais, homenaxe nacional a Castelao en 1974) e no lingüistico, o galego era perseguido nas aulas polo réxime e nas asembleas pola esquerda española, limitando-se o seu uso sistemático aos membros de ERGA.
 
A pesar dos prexuízos seculares, dos prantexamentos importados, da represión franquista e da pouca experiéncia, a alternativa patriótica descoñecida nas aulas só tres anos antes pasa a ser un referente fundamental no estudantado universitário e hexemónico nas ensinanzas médias ao final deste período.
 
 
1975-1981: SOÑANDO A RUPTURA
 
As espectativas criadas tras a morte do xeneral Franco sobre as posibilidades dunha ruptura democrática que permiti-se unha reformulación do Estado van provocar unha importante expansión do nacionalismo e unha intensificación das loitas populares vivindo ERGA unha época dourada que ten o seu momento álxido en xaneiro do 78 coa celebración diante de 1000 delegados/as do seu I Congreso en situación de ilegalidade (ate 1987 non vai ser legalizada).
 
O estudantado vai-se amosar especialmente receptivo á participación en conflictos de carácter xeral nutrindo as manifestacións máis senlleiras deses anos (Xove, Baldaio, Encrobas...) colaborando coas reivindicacións das restantes organizacións nacionalistas (oposición á industrialización irracional, contra a cuota empresarial....); o apoio de ERGA á xornada de loita contra os Pactos da Moncloa convocada polas Comisións Labregas (CC.LL.) e a ING para o 27 de xaneiro do 78 salda-se coa mobilización de 60.000 estudantes apesar do boicote do resto das formacións actuantes no sector.
 
A partir do curso 78-79 a medida que se vai consolidando o proceso de cámbio de réxime, as loitas por cuestións académicas pasan á primeira orde máis cun enfoque novo onde a dinámica de centro vai primar sobre a nacional. Atrás quedaban as mobilizacións pola ampliación do prazo da matrícula, contra os ciclos e as catro convocatórias, en oposición ás taxas con paros na práctica totalidade dos centros universitários; abre-se unha nova páxina onde a excepción ven representada polas loitas no Ensino Médio esixindo a derrogación do Estatutos de Centros e na universidade a LAU, expresións legais do novo marco xurídico-político.
 
O golpe militar do 23 de febreiro marca ás claras o rumo reaccionário que toma o estado español e a imposibilidade dunha evolución democrática o que provoca unha grave crise no conxunto das forzas rupturistas e por extensión no nacionalismo galego. Tanto é asi que a organización estudantil patriótica, cuxo 2º congreso é proibido, perde boa parte da sua militáncia e presenza territorial ficando como a única forza actuante no moivimento universitário e de médias.
 
 
1981-1987: O DESENCANTO DA II RESTAURACIÓN
 
A necesidade de actuar, ser úteis, nunha situación de hostilidade social e institucional como a xurdida tras a consolidación do réxime democrático burgués vai obrigar a articulacións unitárias entre as forzas e indivíduos que se salvaron do naufraxio da transición. O proceso vivido en 1982 coa fundación do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no que ERGA participa pasando a converter-se nun colectivo máis da frente garda similitude co acontecido no movimento xuvenil e no ensino en particular.
 
No cámpus de Compostela partindo das debilitadas estruturas unitárias criadas nalguhas faculdades ao calor das loitas do curso 79-80 os Comités de Faculdade, enceta-se unha iniciativa xunto a outras organizacións e persoas sen militáncia partidária encamiñadas ao seu afortalamento e expansión ao resto dos centros de distrito e da universidade (Nova Escola en Ourense, Escola Aberta en Vigo e Pontevedra ). Xurden asi os Comités Abertos de Faculdade (CAF) no curso 83-84 aos que ERGA lle adicarón até a sua desaparición os seus mellores esforzos veiculizando através deles todas as reclamacións de tipo académico en aras de non distorsionar o papel dos comités a ollos da comunidade educativa.
 
A escasa implantación coa que contaban no Ensino Médio limitou o seu labor a conflictos pontoais (FP no Carballiño,transporte na Coruña...) e dificultou o lanzamento dunha estrutura homóloga da que operaba con grande éxito no ensino superior. Apesar disto foi-se quen de respostar con creces a reforma educativa elaborada polo goberno do PSOE através da PAEGA (Plataforma Aberta de Estudantes Galegos) que entre os anos 86-87 levou adiante as máis importantes mobilizacións realizadas polo alunado de medias. Esta experiéncia parella á criación dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) que aparecen coincidindo coas eleicións aos consellos escolares do ano 86.
 
A actividade pública de ERGA durante estes anos,case na totalidade das ocasións,derivará-se da sua responsabilidade como organización xuvenil do nacionalismo. Participará do movimento anti OTAN, apoiará as folgas xerais dos anos 84-85 realizando paros e manifestacións de estudantes e denunciará os intentos de manipulación de Rosalia de Castro e de Castelao coincidindo co traslado deste a Galiza, e solicita o voto para o BNG para as campañas electorais e consegue integrarse (non sen moitos problemas ao ser alegal) no Consello da Xuventude de Galiza.
 
O movimento nacionalista que viña de viver nos anos anteriores as horas máis críticas da sua xeira contemporánea a forza de ter fe, volta a ter fe no noso povo.
 
==Véxase tamén==
8

edicións

Menú de navegación