Xavier Zubiri: Diferenzas entre revisións
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
Xavier Zubiri (1898 - 1983), foi un dos filósofos [[España|españois]] do século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente. |
'''Xavier Zubiri''' ([[1898]] - [[1983]]), foi un dos filósofos [[España|españois]] do século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente. |
||
== Biografía == |
== Biografía == |
Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 19:10
Xavier Zubiri (1898 - 1983), foi un dos filósofos españois do século XX, cunha obra extraordinariamente creativa e consistente.
Biografía
Xavier Zubiri Apalategui naceu en San Sebastián o 4 de decembro de 1898. Fixo os estudos secundarios na súa cidade natal até 1915, trasladándose a Madrid para ingresar no Seminario Conciliar desa cidade de Madrid, onde tivo por profesor de Filosofía ao seu paisano Juan Zaragüeta. Comezará estudos na Universidade Central na Facultade de Filosofía e Letras onde segue leccións, entre outros, de José Ortega y Gasset e Javier García Morente.
Lovaina e Roma
Entre 1920 e 1921, Zubiri trasládase a Lovaina para proseguir os seus estudos filosóficos. Mentres, nun intervalo, en novembro de 1920, apresentou en Roma na Universidade Pontificia a tese de doutorado en Teoloxía. En Lovaina trabou os primeiros contactos con a fenomenoloxía, de modo que Zubiri apresentará a súa tesiña en Lovaina sobre ese campo (Le problème de le objectivité d'après Edmund Husserl. I: La logique pure: O problema da obxectividade segundo Edmund, I: A lóxica pura). Antes de acabar o curso normal de 1921, en maio, Zubiri leu a súa tese doutoral, Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio, na Universidade Central madrileña, que lle fora dirixida por Ortega. Aínda nese mesmo ano sería ordeado sacerdote.
Profesor, viaxe a Alemaña e matrimonio
En 1926, obtén a cátedra de Historia da Filosofía na mesma Universidade Central, que estaba vacante por falecemento de Adolfo Bonilla San Martín. En 1929, seguirá cursos en Alemaña, en Freiburg, con o seu admirado Edmund Husserl e con Martin Heidegger. Pasa por Berlín, antes de incorporarse de novo á súa cátedra madrileña en 1931. En 1935 obtén a secularización, casando no ano seguinte matrimonio con Carmen Castro, filla do profesor e ensaísta Américo Castro. O matrimonio pasará os anos da Guerra Civil en París.
Dificultades durante o franquismo
Cando regresa a España, ao final da guerra, Zubiri non pode reanudar o traballo na súa cátedra madrileña, por oposición das autoridades eclesiástcas. Zubiri trasládase a Barcelona, onde impartirá clases na súa universidade entre 1940 e 1942. Ante as dificultades impostas polas autoridades da ditadura franquista, Zubiri decide pedir a excedencia. Regresa a Madrid, onde impartirá cursos privados, e verá financiada pola banca Urquijo, unha empresa de publicacións, son dirección de Zubiri. Dese xeito e a través de cursos e conferencias en países estranxeiros, puido sosterse economicamente Zubiri, en tanto ía madurando e publicando a súa obra. Parte dela ten sido publicada postumamente.
Zubiri faleceu en Madrid o 21 de setembro de 1983.
A filosofía de Zubiri
Talvez o principal achado de Zubiri é a creación dun enteiro sistema meafísico que enraíza na súa visión do ser humano como unha "intelixencia sentinte" situada na realidade. Neste sistema, o ser humano é "relegado" polo "poder do real", de xeito que a súa realidade persoal está intimamente conectada con entes situados nun contexto real. Ao tempo, o ser humano pode ser considerado o autor do seu propio ser persoal (o seu "Eu"), através da apropiación pola experiencia e polo exercicio da liberdade persoal dentro dun contexto real, de modo que Zubiri pode referirse ao ser humano como "animal de realidades". A apertura do ser humano ante as posibilidades é o que fai do ser humano unha "esencia aberta", concepto quese opón a "esencia pechada" (é dicer, unha estructura que simplemente obra segundo regras de funcionalidade).
Obra (Selección)
- Ensayo de una teoría fenomenológica del juicio (1923)
- Hegel y el problema metafísico, in rev. Cruz y Raya (1933)
- La idea de Naturaleza: la nueva física, in rev. Cruz y Raya (1934)
- El saber filosófico y su historia, in rev. Cruz y Raya (1935)
- Ciencia y realidad, in rev. Escorial (1941)
- Naturaleza, Historia, Dios (1944)
- Sobre la esencia" (1962)
- Cinco lecciones de filosofía (1963)
- El hombre, realidad personal [1963]
- El origen del hombre [1964]
- Notas sobre la inteligencia humana [1966–67]
- La dimensión historica del ser humano [1973]
- El hombre y su cuerpo [1974]
- El problema teologal del hombre [1975]
- El concepto descriptivo del tiempo [1976]
- Respectividad de lo real [1979]
- Inteligencia y Realidad (1980)
- Inteligencia y Logos (1982)
- Inteligencia y Razón (1983)
As seguintes son obras publicadas postumamente:
- El hombre y Dios (1984)
- Sobre el hombre (1986)
- Estructura dinámica de la realidad (1989)
- Sobre el sentimiento y la volición (1992)
- El problema filosófico de la historia de las religiones (1993)
- El problema teologal del hombre: Cristianismo (1997)
- Los problemas fundamentales de la metafísica occidental (1994)
- Primeros escritos (1921-1926) (2000)
- Espacio. Tiempo. Materia (1996)
- El hombre y la verdad (1999)
- Sobre la realidad (2001)
- Sobre el problema de la filosofía y otros escritos (1932-1944) (2002)
- El hombre: lo real y lo irreal (2005).