Lista Swadesh: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: it:Lista di Swadesh
Liña 348: Liña 348:
[[he:רשימת סוואדש]]
[[he:רשימת סוואדש]]
[[hu:Swadesh-lista]]
[[hu:Swadesh-lista]]
[[it:Lista Swadesh]]
[[it:Lista di Swadesh]]
[[ja:スワデシュ・リスト]]
[[ja:スワデシュ・リスト]]
[[ko:스와데시 리스트]]
[[ko:스와데시 리스트]]

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 07:08

Listado de 100 palabras (215 na súa versión estendida) de vocabulario estable aplicable a calquera lingua compilado por Morris Swadesh (1909-1967).

A lista Swadesh é un instrumento fundamental en lingüística histórica comparativa, glotocronoloxía e lexicoestatística. Está dirixida a poder establecer unha comparación medible entre o léxico ou vocabulario de dúas linguas entre as que se supón parentesco, de maneira que poida acharse o seu grao de diverxencia ao longo do tempo.

O principal problema que pretende resolver a lista Swadesh nestes labores de comparación é o de homoxeneizar a base de vocabulario sobre o que realizar inferencias fiables. Ocorre que a maior parte do vocabulario dunha lingua cambia non por evolución histórica (que é o que permite establecer o parentesco e a diverxencia entre linguas irmás) senón por motivos que escapan ao control da pura lingüística. Principalmente os cambios non controlados débense a razóns culturais, motivos de difusión tecnolóxica (a palabra televisión atópase en case tódalas linguas actuais), políticos, económicos, etc. En suma, existen demasiados factores culturais de consecuencias non predicibles que afectan ao vocabulario dunha lingua. Por esa razón, é altamente infiable facer comparacións sobre palabras como pataca, que actualmente se atopa en todas as linguas romances, dado que podería levarnos á conclusion errónea de que é unha voz proveniente do latín **potatus, algo imposible sendo que a pataca foi descuberta polos europeos no século XVI. Foron outras razóns culturais as que levaron a palabra pataca ao vocabulario das linguas romances, pero non a evolucion dunha palabra latina que nunca existiu.

Consciente deste problema, Morris Swadesh supuxo que, con todo, existia o que o chamaba vocabulario básico. Non se trataba doutra cousa que dun vocabulario estable e non suxeito a cambios culturais, senón a unha evolucion moito máis lenta e non influída por factores incontrolables. Este vocabulario básico tiña que carecer de conceptos culturais (e xa que logo impredecibles), tiña que ser común e susceptible de atoparse en calquera lingua e en calquera época de desenvolvemento da mesma. Por exemplo, a palabra neve non serve para comparar linguas tropicais da Africa Central, nin television para comparar en grego clásico co moderno grego.

Este vocabulario básico constaba de palabras como auga, man ou muller, coñecidas en calquera cultura e tan fundamentais e simples que dificilmente fosen ser substituídas mediante préstamos doutras linguas. A lista Swadesh trata ser a plasmación deste vocabulario estable e prové aos lingüistas dun patrón fiable para a comparacion entre linguas.

A glotocronoloxía supón que existe unha taxa constante de cambio na evolución lingüística. Esa taxa calculouse nun 14% de palabras de vocabulario básico perdidas cada mil anos. Esta presunción foi altamente criticada pois está baseada en resultados obtidos para o grupo de linguas indoeuropeas e máis concretamente para as linguas romances. Non é razoable pensar que ata unha mesma lingua evolucione a unha taxa constante en dous momentos históricos distintos. Moito menos tódalas linguas poden compartir unha taxa de cambio idéntica sempre. Tamén se critica que a taxa obtida para as linguas indoeuropeas non ten por que aplicarse a tódalas linguas do planeta. En xeral, considérase que, mentres que a lista Swadesh estabilizou a base léxica da comparación glotocronolóxica, non ocorreu o mesmo coa taxa de cambio das linguas, que segue suxeita a multitude de factores culturais e históricos, todos eles incontrolables.

A seguinte ecuación rexe a glotocronoloxía:

t = (log c) / (2 log r)


Sendo:

t = tempo de separación entre linguas

c = coeficiente de semellanza léxica (usando as listas Swadesh)

r = constante glotocronolóxica (establecida nun 14%)

Lista Swadesh

A lista está orixinalmente en inglés, pero dáse tamén o seu equivalente en galego:


Inglés Galego
I, me eu, me
you ti
we nós
this isto
that iso
who quen
what que
not non
all todo/s
many moitos
one un
two dous
big grande
long longo
small pequeno
woman muller
man home
person persoa
fish peixe
bird paxaro
dog can
louse piollo
tree árbore
seed semente
leaf folla
root raíz
bark cortiza
skin pel
flesh carne
blood sangue
bone óso
grease graxa
egg ovo
horn corno
tail rabo
feather pluma
hair pelo
head cabeza
ear orella
eye ollo
nose nariz
mouth boca
tongue lingua
tooth dente
claw gadoupa
foot
knee xeonllo
hand man
belly barriga
neck pescozo
breasts seos
heart corazón
liver fígado
to eat comer
to drink beber
to bite morder
to see ver
to hear oír
to know saber
to sleep durmir
to die morrer
to kill matar
to swim nadar
to fly voar
to walk camiñar
to lie deitarse
to come vir
to sit sentarse
to stand estar en pé
to say dicir
sun sol
moon lúa
star estrela
water auga
rain choiva
stone pedra
sand area
earth terra
cloud nube
smoke fume
fire lume
ash cinza
burn queimar
path camiño
mountain montaña
rede vermello
green verde
yellow amarelo
white branco
black negro
night noite
hot quente
cold frío
full cheo
new novo
good bo
round redondo
dry seco
name nome
to give dar