MAN: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
Liña 1: Liña 1:
Unha '''rede de área metropolitana''' (''Metropolitan Area Network''), '''MAN''', é unha rede de alta velocidade (banda ancha) que, dando cobertura nunha área xeográfica extensa, proporciona capacidade de integración de múltipos servizos mediante a transmisión de dados, voz e vídeo, sobre meios de transmisión tais como [[fibra óptica]] e par trenzado de cobre a velocidades que van desde os 2 Mbits/s até 155 Mbits/s.
Unha '''rede de área metropolitana''' (''Metropolitan Area Network''), '''MAN''', é unha rede de alta velocidade (banda ancha) que, dando cobertura nunha área xeográfica extensa, proporciona capacidade de integración de múltipos servizos mediante a transmisión de dados, voz e vídeo, sobre meios de transmisión tais como [[fibra óptica]] e par trenzado de cobre a velocidades que van desde os 2 Mbits/s até 155 Mbits/s.


O conceito de rede de área metropolitana representa unha evolución do conceito de rede de área local a un ámbito mais amplio, cobrindo áreas dunha cobertura superior que en alguns casos non se limitan a un entorno metropolitano se non que poden chegar a unha cobertura rexional e mesmo nacional mediante a interconexión de diferentes redes de área metropolitana.
O concepto de rede de área metropolitana representa unha evolución do concepto de rede de área local a un ámbito mais amplio, cobrindo áreas dunha cobertura superior que en alguns casos non se limitan a un entorno metropolitano se non que poden chegar a unha cobertura rexional e mesmo nacional mediante a interconexión de diferentes redes de área metropolitana.


== Aplicacións ==
== Aplicacións ==

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 05:27

Unha rede de área metropolitana (Metropolitan Area Network), MAN, é unha rede de alta velocidade (banda ancha) que, dando cobertura nunha área xeográfica extensa, proporciona capacidade de integración de múltipos servizos mediante a transmisión de dados, voz e vídeo, sobre meios de transmisión tais como fibra óptica e par trenzado de cobre a velocidades que van desde os 2 Mbits/s até 155 Mbits/s.

O concepto de rede de área metropolitana representa unha evolución do concepto de rede de área local a un ámbito mais amplio, cobrindo áreas dunha cobertura superior que en alguns casos non se limitan a un entorno metropolitano se non que poden chegar a unha cobertura rexional e mesmo nacional mediante a interconexión de diferentes redes de área metropolitana.

Aplicacións

As redes de área metropolitana teñen moitas aplicacións; as principais son:

  • Interconexión de redes de área local (RAL)
  • Interconexión de centraliñas telefónicas dixitais (PBX e PABX)
  • Interconexión ordenador a ordenador
  • Transmisión de vídeo e imaxes
  • Transmisión CAD/CAM
  • Pasarelas para redes de área extensa (WANs)

MAN pública e privada

Unha rede de área metropolitana pode ser pública ou privada.Un exemplo de MAN privada seria un grande departamento ou administración con edifícios distribuídos pola cidade, transportando todo o tráfico de voz e dados entre edifícios por meio do seu próprio MAN e encamiñando a información externa por meio dos operadores públicos.Os dados poderian ser transportados entre os diferentes edifícios, ben en forma de pacotes ou sobre canais de ancho de banda fixos.Aplicacións de vídeo poden enlazar os edifícios para xuntanzas, simulazóns ou colaboración de proxectos.

Un exemplo de MAN pública é a infra-estrutura que un operador de telecomunicazóns instala nunha cidade co fin de oferecer servizos de banda ancha aos seus clientes localizados nesta área xeográfica.

Características

As razóns polas cais se fai necesária a instalación dunha rede de área metropolitana a nível corporativo ou o acceso a unha rede pública das mesmas características se resumen a continuación:

Ancho de banda

O elevado ancho de banda requirido por grandes ordenadores e aplicacións compartidas en rede é a principal razón para usar redes de área metropolitana en lugar de redes de área local.

Nodos de rede

As redes de área metropolitana permiten superar os 500 nodos de acceso á rede, polo que se fai moi eficaz para entornos públicos e privados con un grande número de postos de traballo.

Extensión de rede

As redes de área metropolitana permiten atinxir un diámetro entorno aos 50 kms, dependendo o alcance entre nodos de rede do tipo de cabel utilizado, asi como da tecnoloxia empregada.Este diámetro considera-se suficiente para abranxer un área metropolitana.

Distancia entre nodos

As redes de área metropolitana permiten distáncias entre nodos de acceso de vários quilómetros, dependendo do tipo de cabel.Esta distáncias consideran-se suficientes para conectar diferentes edifícios nun área metropolitana ou campus privado.

Tráfico en tempo real

As redes de área metropolitana garanten uns tempos de acceso á rede mínimos, o cal permite a inclusión de servizos síncronos necesários para aplicacións en tempo real, onde é importante que certas mensaxes atravesen a rede sen demora mesmo cando a carga de rede é elevada.

Integración voz/dados/vídeo

Adicionalmente aos tempos mínimos de acceso, os servizos síncronos requeren unha reserva de ancho de banda; tal é o caso do tráfico de voz e vídeo.Por este motivo as redes de área metropolitana son redes óptimas para entornos de tráfico multimedia, se ben non todas as redes metropolitanas suportan tráficos isócronos (transmisión de información a intervalos constantes).

Alta disponibilidade

Disponibilidade referida á porcentaxe de tempo no cual a rede traballa sen fallos.As redes de área metropolitana teñen mecanismos automáticos de recuperación fronte a fallos, o cual permite á rede recuperar a operación normal despois de un. Calquera fallo nun nodo de acceso ou cable é detectado e isolado. As redes MAN son apropiadas para entornos como controlo de tráfico aéreo, provisionamento de almacéns, bancos e outras aplicacións comerciais onde a indisponibilidade da rede ten graves consecuencias.

Alta fiabilidade

Fiabilidade referida á taxa de erro da rede mentres atopa-se en operación.Entende-se por taxa de erro o número de bites erróneos que se transmiten pola rede.En xeral a taxa de erro para fibra óptica é menor que a do cable de cobre a igualdade de lonxitude.A taxa de erro non detectada polos mecanismos de detección de erros é da orde de 10-20.Esta característica permite á redes de área metropolitana traballar en entornos onde os erros poden resultar desastrosos como é o caso do controlo de tráfico aéreo.

Alta seguranza

A fibra óptica oferece un meio seguro porque non é posíbel ler ou mudar o sinal óptico sen interromper o enlace.A rotura dun cable e a inserzón de mecanismos alleos á rede implica unha caída do enlace de forma temporal.

Inmunidade ao ruído

En lugares críticos onde a rede sofre interferéncias electromagnéticas considerabeis a fibra óptica oferece un meio de comunicación libre de ruídos.

O ámbito de aplicación mais importante das redes de área metropolitana é a interconexión de redes de área local sobre un área urbana, pero outros usos foron identificados, como a interconexión de redes de área local sobre un complexo privado de múltipis edifícios e redes de alta velocidade que eliminan as barreiras tecnolóxicas.