Rotación da Terra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: bs:Zemljina rotacija
m Robot: Reemplazo automático de texto (-conceito +concepto)
Liña 15: Liña 15:


====Día solar====
====Día solar====
O día solar é a medida do tempo baseada na observación do [[Sol]]. Na Terra o día solar medio posúe 24h. Podemos entendelo como o tempo que o Sol leva para asumir a mesma posición no ceo (mesmo [[meridiano]]) despois de iniciada a medición. Un exemplo práctico sería imaxinar que a duración do día solar medio é o tempo que leva para o Sol, estando no seu punto máis alto (medio-día) atinxir no día seguinte ese mesmo punto. Na verdade o período do día solar varía conforme as [[estacións do ano]], mais para efeitos deste conceito consideraremos o valor de 24h.
O día solar é a medida do tempo baseada na observación do [[Sol]]. Na Terra o día solar medio posúe 24h. Podemos entendelo como o tempo que o Sol leva para asumir a mesma posición no ceo (mesmo [[meridiano]]) despois de iniciada a medición. Un exemplo práctico sería imaxinar que a duración do día solar medio é o tempo que leva para o Sol, estando no seu punto máis alto (medio-día) atinxir no día seguinte ese mesmo punto. Na verdade o período do día solar varía conforme as [[estacións do ano]], mais para efeitos deste concepto consideraremos o valor de 24h.


====Día sideral====
====Día sideral====
O día sideral é a medida do tempo baseada na observación das [[Estrela_(astronomía)|estrelas]] que non o Sol. As estrelas, por estaren moi distantes da Terra, están aparentemente sempre na mesma posición en relación á Terra. Polo tanto, para medir o día sideral utilizamos as estrelas como referencia. O conceito de día sideral é o período de tempo que leva para unha determinada estrela voltar á mesma posición que estaba no inicio da medición, considerando un ponto de observación fixo no planeta. Ese tempo é de 23 horas 56 minutos 4 segundos e 9 centésimos.
O día sideral é a medida do tempo baseada na observación das [[Estrela_(astronomía)|estrelas]] que non o Sol. As estrelas, por estaren moi distantes da Terra, están aparentemente sempre na mesma posición en relación á Terra. Polo tanto, para medir o día sideral utilizamos as estrelas como referencia. O concepto de día sideral é o período de tempo que leva para unha determinada estrela voltar á mesma posición que estaba no inicio da medición, considerando un ponto de observación fixo no planeta. Ese tempo é de 23 horas 56 minutos 4 segundos e 9 centésimos.


==Curiosidades==
==Curiosidades==

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2008 ás 05:25

Dáse o nome de rotación da Terra ao movimento xiratorio que a Terra realiza arredor do seu eixo, no sentido anti-horario para un referencial observando o planeta do espazo sideral sobre o polo Norte . O seu período - tempo que leva para xirar 360 graus (1 volta completa) - é de 23 horas 56 minutos 4 segundos e 9 centésimos. (23h56m04,09).

Representación animada dun péndulo de Foucault que mostra a rotación no hemisferio sur.

Movemento de rotación

Movemento de rotación

O movemento da terra é complexo e simplifícase utilizando un método común na mecánica en tres movementos independentes: nutación, precesión e rotación propia (deixando a aprte a traslación). A rotación propia é un movemento que efectúa a Terra virando sobre si mesma ao longo dun eixo ideal denominado Eixo terrestre. Unha volta completa, tomando como referencia ás estrelas, dura 23 horas con 56 minutos e 4 segundos e denomínase día sidéreo.

Con todo, a primeira referencia tomada polo home foi o Sol, cuxo movemento aparente, orixinado na rotación da Terra, determina o día e a noite, dando a impresión que o ceo vira ao redor do planeta. No uso coloquial da linguaxe utilízase a palabra día para designar este fenómeno, que en astronomía refírese como día solar e correspóndese co tempo solar.

Como se observa no gráfico, o eixo terrestre forma un ángulo de 23,5 graos respecto da normal da eclíptica, fenómeno denominado oblicuidade da eclíptica. Esta inclinación produce os longos meses de luz e escuridade nos polos xeográficos, ademais de ser a causa das estacións do ano debido ao cambio do ángulo de incidencia da radiación solar.

(1) Mediodia en un determinado punto da Terra (seta vermella)
(2) A Terra xirou 360 graos: dia sideral
(3) O mesmo punto inicial marca mediodia de novo: dia solar -
OBS: o observador está no espazo sideral e enxergamos o pólo Norte da Terra (en azul)

Día solar

O día solar é a medida do tempo baseada na observación do Sol. Na Terra o día solar medio posúe 24h. Podemos entendelo como o tempo que o Sol leva para asumir a mesma posición no ceo (mesmo meridiano) despois de iniciada a medición. Un exemplo práctico sería imaxinar que a duración do día solar medio é o tempo que leva para o Sol, estando no seu punto máis alto (medio-día) atinxir no día seguinte ese mesmo punto. Na verdade o período do día solar varía conforme as estacións do ano, mais para efeitos deste concepto consideraremos o valor de 24h.

Día sideral

O día sideral é a medida do tempo baseada na observación das estrelas que non o Sol. As estrelas, por estaren moi distantes da Terra, están aparentemente sempre na mesma posición en relación á Terra. Polo tanto, para medir o día sideral utilizamos as estrelas como referencia. O concepto de día sideral é o período de tempo que leva para unha determinada estrela voltar á mesma posición que estaba no inicio da medición, considerando un ponto de observación fixo no planeta. Ese tempo é de 23 horas 56 minutos 4 segundos e 9 centésimos.

Curiosidades

Como afectan os terremotos a rotación da Terra

No final do ano de 2004 houbo un grande terremoto na Asia e noticiouse que o fenómeno, debido á a súa magnitude, tivo efeitos sobre a rotación da Terra. Científicos da NASA, a axencia espacial americana, divulgaron que tal terremoto aumentou lixeiramente a rotación da Terra de forma que a durazón do día diminuiu en 2,68 microsegundos (1 microsegundo é igual a 1/1000000 segundo, ou sexa, un millón de veces menor que 1 segundo).

Cando varía adistribución de masa nun corpo varía unha cantidade física, o momento de inercia, que relaciona velocidade de xiro coa forza aplicada. Sen variar a forza exterior, só variando a distribución de masa, varía a velocidade angular. Cando hai deslocamento de masa nas placas tectónicas (no caso dos terremotos) nun corpo en rotación, se a masa se aproximase ao eixo de rotación haberá un aumento da velocidade de rotación. Se a masa se afastase do eixo ocorrerá unha diminución da velocidade de rotación.

Os terremotos orixínanse na súa grande maioría nas zonas de contacto das placas tectónicas. Hai varios tipos de movimentos entre placas que poden orixinar terremotos. Cando ocorre a formación dunha elevación na superficie terrestre en decorrencia de terremotos, hai unha pequena desacelerazón no movimento de rotación da Terra. O oposto, formación dunha depresión, ocasiona unha pequena acelerazón no movimento de rotación da Terra. Exemplos de elevacións serían as montañas e de depresións, os abismos oceánicos. Os efeitos na rotación da Terra son imperceptíbeis mais poden ser medidos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • NASA Nota de prensa da NASA sobre a influencia do terremoto asiático na rotación da Terra, en inglés

Outros artigos