Wikipedia:Wikiproxecto Música: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
m →‎Categorías musicais: Engado ligazón ao esquema de categorías
Gallaecio (conversa | contribucións)
Liña 68: Liña 68:
#Categorizar correctamente os artigos existentes. ''([[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] está a traballar nisto)''
#Categorizar correctamente os artigos existentes. ''([[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] está a traballar nisto)''
#<s>Crear un modelo que poidan usar os usuarios participantes no proxecto nas súas páxinas persoais.</s> ''([[19 de decembro]] de [[2007]])''
#<s>Crear un modelo que poidan usar os usuarios participantes no proxecto nas súas páxinas persoais.</s> ''([[19 de decembro]] de [[2007]])''
#Revisar e completar o máximo posíbel o artigo [[Música]]. ''([[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] está a traballar nisto)''
#Revisar e completar o máximo posíbel o artigo [[Música]].
#Crear ou mellorar os artigos que den nome ás subcategorías da categoría [[:Categoría:Música|Música]].
#Crear ou mellorar os artigos que den nome ás subcategorías da categoría [[:Categoría:Música|Música]].



Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2008 ás 20:35

Wikiproxecto Música
Inicio: 19 de decembro de 2007
Obxectivos: Entre outros, crear, mellorar, e actualizar todos os artigos relativos á música, e crear e manter o portal musical.
Participantes:
Wikiproxecto Música


Wikiproxecto Música é un wikiproxecto sobre todo aquilo que teña que ver coa música.

Tes que ver coa música? Pois estás dentro!

Obxectivos

Este wikiproxecto conta con moitos obxectivos, que probablemente requerirán moito tempo libre. Aí vai a lista:

Na Galipedia...

  • A fin principal deste wikiproxecto é, por se había dúbida algunha, crear, mellorar e actualizar os artigos relativos á música, en todos os seus ámbitos, momentos históricos, etc. Tamén é importante a estandarización dos artigos referentes a un mesmo apartado musical, é dicir, que os artigos de grupos musicais sigan un esquema similar, igual que os da historia da música, ou os de albums e obras.
  • Outros dos obxectivos do proxecto é o de categorizar os artigos da categoría Música correctamente, creando as subcategorías precisas, e ideando novos sistemas de categorias que faciliten a busca por parte do lector.
  • O wikiproxecto centrarase tamén na inserción dos modelos precisos nas páxinas relativas á música, como poden ser as dos grupos musicais, e na creación de novos modelos cando sexan precisos.
  • Ademáis, un dos principais obxectivos deste proxecto, e tamén dos máis ambiciosos, é o de crear un portal que recolla os contidos musicais da Galipedia, co seu "artigo destacado", o seu "grupo da semana", etc. O portal tamén tería ligazóns a outros portais relativos á música, como son os de Música galega e Rock and roll.

Na Galicitas...

  • O proxecto encargarase de reunir aquelas citas relacionadas co mundo da música no artigo Música da Galicitas.

No Galizionario...

  • Introducir os termos que non poidan aspirar ao seu artigo na Galipedia.

Na Galifontes...

  • O proxecto tamén pretende a contribución á Galifontes con material como poden ser partituras, ou letras de cancións. De todos xeitos, isto habería que reflexionalo e consultalo seriamente con todos os membros da Galipedia, así como averiguar se isto se fai nalgunha outra wikipedia.

Na Commons...

  • Introducir na Commons imaxes de instrumentos, sobre todo os típicos galegos, xa que é o campo que mellor dominamos.

Ámbito

Todos aqueles artigos relacionados coa música que non estén xa cubertos por un subproxecto musical.

Tarefas do proxecto

Actividades constantes

  1. Actualización do portal musical. (cando tal portal exista, claro)

Primeiro acto: base do baixo e maila batería

  1. Establecer un modelo de categorización dos artigos relativos á música estable. (considerado como aprobado desde o 7 de xaneiro de 2008)
  2. Categorizar correctamente os artigos existentes. (Gallaecio está a traballar nisto)
  3. Crear un modelo que poidan usar os usuarios participantes no proxecto nas súas páxinas persoais. (19 de decembro de 2007)
  4. Revisar e completar o máximo posíbel o artigo Música.
  5. Crear ou mellorar os artigos que den nome ás subcategorías da categoría Música.

Segundo acto: introducción da primeira guitarra

  1. Preparación do portal musical. Ter en conta o portal francés.
    1. Creación dunha imaxe como cabeceira que teña o verde como cor base.
    2. Preparación do modelo de "Grupo do mes".
    3. Preparación do modelo "Sabías que...".
    4. Preparación do modelo "Artigo destacado".
    5. Preparación do apartado de exploración, cunha árbore das categorías musicais, ou unha presentación delas ao estilo da portada.
    6. Preparación dun apartado con ligazón a subportais musicais.
    7. Preparación dun apartado con ligazóns á música noutros proxectos (Galilibros, Galifontes, etc.)
    8. Preparación do modelo "Axenda" con listado das citas musicais.

Recursos

Categorías musicais

Modelos

Artigos para revisar ou crear

Engade os artigos relativos á música que consideresdeben ser creados ou mellorados, na categoría correspondente:

Artigos fundamentais

Artigos sobre conceptos

Artigos de teoría

Artigos de instrumentos musicais

Úneste?

Decidícheste a entrar a formar parte do proxecto?