Sistema Internacional de Unidades: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hi, ku, yo Modificado: tl
Liña 292: Liña 292:
[[ga:Córas Idirnáisiúnta na nAonad]]
[[ga:Córas Idirnáisiúnta na nAonad]]
[[he:מערכת היחידות הבינלאומית]]
[[he:מערכת היחידות הבינלאומית]]
[[hi:अन्तर्राष्ट्रीय इकाई प्रणाली]]
[[hr:Međunarodni sustav mjernih jedinica]]
[[hr:Međunarodni sustav mjernih jedinica]]
[[hu:SI mértékegységrendszer]]
[[hu:SI mértékegységrendszer]]
Liña 306: Liña 307:
[[ko:SI 단위계]]
[[ko:SI 단위계]]
[[ksh:SI-Basiseinheite]]
[[ksh:SI-Basiseinheite]]
[[ku:Sîstema Navneteweyî ya Yekînan]]
[[la:Systema Internationale]]
[[la:Systema Internationale]]
[[lb:Internationaalt Eenheetesystem]]
[[lb:Internationaalt Eenheetesystem]]
Liña 332: Liña 334:
[[ta:அனைத்துலக முறை அலகுகள்]]
[[ta:அனைத்துலக முறை அலகுகள்]]
[[th:หน่วยเอสไอ]]
[[th:หน่วยเอสไอ]]
[[tl:Sistemang internasyonal ng mga yunit]]
[[tl:Sistemang pandaigdig ng mga yunit]]
[[tr:M.K.S.]]
[[tr:M.K.S.]]
[[uk:Міжнародна система СІ]]
[[uk:Міжнародна система СІ]]
[[vec:SI]]
[[vec:SI]]
[[vi:SI]]
[[vi:SI]]
[[yo:Ìwọ̀n Ẹyọ Akáríayé SI]]
[[zh:国际单位制]]
[[zh:国际单位制]]
[[zh-min-nan:Kok-chè Tan-ūi Hē-thóng]]
[[zh-min-nan:Kok-chè Tan-ūi Hē-thóng]]

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2008 ás 18:55

O Sistema Internacional de unidades, abreviado como SI, é o nome adoptado pola XI Conferencia Xeral de Pesas e Medidas (celebrada en París en 1960) para un sistema de unidades de medida universal, unificado e coherente, baseado no sistema MKS (metro-quilogramo-segundo). Na conferencia de 1960 definíronse os patróns para seis unidades básicas ou fundamentais e dúas unidades suplementarias (radián e estereorradián); en 1971 engadiuse unha sétima unidade fundamental, o mol. As dúas unidades suplementarias suprimíronse como clase independente dentro do Sistema Internacional na XX Conferencia Xeral de Pesas e Medidas (1995); estas dúas unidades quedaron incorporadas ó SI como unidades derivadas sen dimensións. As sete unidades fundamentais enuméranse na táboa 1. Os símbolos da última columna son os mesmos en todos os idiomas.

Unidades básicas

O Sistema Internacional de Unidades (SI) define sete unidades básicas o unidades físicas fundamentais descritas por unha definición operacional.

Todas as demáis unidades pódense derivar destas unidades básicas e coñécense como unidades derivadas do SI. A derivación faise por medio da análise dimensional. Úsanse prefixos para abreviar números moi grandes ou moi pequenos.

Magnitude física Unidade Símbolo
Lonxitude (l) metro m
Masa (m) quilogramo kg
Tempo (t) segundo s
Intensidade de corrente eléctrica (I) amperio A
Temperatura (T) kelvin K
Cantidade de substancia (n) mol mol
Intensidade luminosa (I) candela cd

Lonxitude

Unidade: metro (m)

Un metro defínese como a distancia que percorre a luz no vacío en 1/299.792.458 segundos. Esta norma foi adoitada en 1983, cando a velocidade da luz no vacío foi definida exactamente como 299.792.458 m/s.

Masa

Unidade: quilogramo (kg)

Un quilogramo defínese como a masa que ten un cilindro composto dunha aliaxe de platino-iridio que se garda na Oficina Internacional de Pesas e Medidas en Sèvres, cerca de París.

Tempo

Unidade: segundo (s)

Un segundo é o tempo necesario para 9.192.631.770 ciclos dunha transición hiperfina no cesio 133. Esta definición foi adoitada en 1967.

Intensidade de corriente eléctrica

Unidade: amperio (A)

O amperio é a corrente eléctrica constante que, mantida en dous condutores paralelos de lonxitude infinda, de sección circular desprezable e dispostos a unha distancia de 1 metro no vacío, produce unha forza entre eles igual a 2×10-7 N por m de lonxitude.

Temperatura

Unidade: kelvin (K)

O kelvin defínese como a fracción 1/273,16 da temperatura termodinámica do punto triple do agua.

Cantidade de substancia

Unidade: mol (mol)

Un mol é a cantidade de substancia dun sistema que ten tantas entidades elementais como átomos conteñen 0,012 kg de carbono 12.

Cando se usa o mol, as entidades elementais deben ser especificadas e poden ser átomos, moléculas, ións, electróns, outras partículas ou grupos específicos de partículas.

Intensidade luminosa

Unidade: candela (cd)

Unha candela é a intensidade luminosa, nunha dirección dada, dunha fonte que emite radiación monocromática con frecuencia de 540×1012 Hz de xeito que a intensidade de radiación emitida, na dirección indicada, é de 1/683 W por estereorradián.


Unidades derivadas

Unidades Derivadas do SI
Magnitude física Nome da unidade Símbolo da unidade Expresada en unidades derivadas Expresada en unidades básicas
Frecuencia Hertz Hz s-1  
Forza Newton N m·kg·s-2  
Presión Pascal Pa N·m-2 m-1·kg·s-2
Enerxía, traballo, calor Joule J N·m m2·kg·s-2
Potencia Vatio W J·s-1 m2·kg·s-3
Carga eléctrica Coulomb C A·s  
Potencial eléctrico, forza electromotriz Volt V J·C-1 m2·kg·s-3·A-1
Resistencia eléctrica Ohmio Ω V·A-1 m2·kg·s-3·A-2
Conductancia eléctrica Siemens S A·V-1 m-2·kg-1·s3·A2
Capacitancia eléctrica Farad F C·V-1 m-2·kg-1·s4·A2
Densidade de fluxo magnético, indutividade magnética Tesla T V·s·m-2 kg·s-2·A-1
Fluxo magnético Weber Wb V·s m2·kg·s-2·A-1
Inductancia Henry H V·A-1·s

m2·kg·s-2·A-2

Temperatura Grao Celsius °C K  
Ángulo plano Radián rad 1 m·m-1
Ángulo sólido Estereorradián sr 1 m2·m-2
Fluxo luminoso Lumen lm cd·sr  
Iluminancia Lux lx cd·sr·m-2  
Actividade radiactiva Becquerel Bq s-1  
Dose de radiación absorbida Gray Gy J·kg-1 m2·s-2
Dose equivalente Sievert Sv J·kg-1 m2·s-2
Actividade catalítica Katal kat mol·s-1  

Outras

Algunhas outras unidades que non teñen un nome especial pero son de uso común:

Outras Unidades
Magnitude física Expresada en unidades derivadas Expresada en unidades básicas
Área m2 m2
Volume m3 m3
Velocidade, rapidez m·s-1 m·s-1
Velocidade angular s-1, rad·s-1 s-1, rad·s-1
Aceleración m·s-2 m·s-2
Momento N·m m2·kg·s-2
Número de ondas m-1 m-1
Densidade kg·m-3 kg·m-3
Volume específica m3·kg-1 m3·kg-1
Concentración mol·m-3 mol·m-3
Volume molar m3·mol-1 m3·mol-1
Capacidade de calor, entropía J·K-1 2·kg·s-2·K-1
Capacidade molar de calor, entropía molar J·K-1·mol-1 m2·kg·s-2·K-1·mol-1
Capacidade de calor específico, entropía específica J·K-1·kg-1 m2·s-2·K-1
Enerxía molar J·mol-1 m2·kg·s-2·mol-1
Enerxía específica J·kg-1 m2·s-2
Densidade de enerxía J·m-3 m-1·kg·s-2
Tensión superficial N·m-1=J·m-2 kg·s-2
Densidade de fluxo de calor W·m-2 kg·s-3
Conductividade térmica W·m-1·K-1 m·kg·s-3·K-1
Viscosidade cinemática, coeficiente de difusión m2·s-1 m2·s-1
Viscosidade dinámica N·s·m-2 = Pa·s m-1·kg·s-1
Densidade de carga eléctrica C·m-3 m-3·s·A
Densidade de corrente eléctrica A·m-2 A·m-2
Conductividade eléctrica S·m-1 m-3·kg-1·s3·A2
Conductividade molar S·m2·mol-1 kg-1·mol-1·s3·A2
Permisividade F·m-1 m-3·kg-1·s4·A2
Permeabilidade H·m-1 m·kg·s-2·A-2
Intensidade de campo eléctrico V·m-1 m·kg·s-3·A-1
Intensidade de campo magnético A·m-1 A·m-1
Luminancia cd·m-2 cd·m-2
Exposición (raios X e gamma) C·kg-1 kg-1·s·A
Tasa de dose absorbida Gy·s-1 m2·s-3

Prefixos

Os múltiplos e submúltiplos decimais das unidades SI fórmanse por medio de prefixos, que designan os factores numéricos decimais polos que se multiplica a unidade. Os prefixos son:


Prefixos do SI
Factor Prefixo Símbolo
1 000 000 000 000 000 000 000 000 = 1024 yotta Y
1 000 000 000 000 000 000 000 = 1021 zetta Z
1 000 000 000 000 000 000 = 1018 exa E
1 000 000 000 000 000 = 1015 peta P
1 000 000 000 000 = 1012 tera T
1 000 000 000 = 109 giga G
1 000 000 = 106 mega M
1 000 = 103 quilo k
100 = 102 hecto h
10 = 101 deca da
0,1 = 10-1 deci d
0,01 = 10-2 centi c
0,001 = 10-3 mili m
0,000 001 = 10-6 micro μ
0,000 000 001 = 10-9 nano n
0,000 000 000 001 = 10-12 pico p
0,000 000 000 000 001 = 10-15 femto f
0,000 000 000 000 000 001 = 10-18 atto a
0,000 000 000 000 000 000 001 = 10-21 zepto z
0,000 000 000 000 000 000 000 001 = 10-24 yocto y

Normas

  1. Os símbolos dos prefixos que representan valores numéricos maiores ou iguais a 106 escríbense con maiúscula, mentres que as demais escríbense con minúscula. Exemplos: mega, M; hecto, h.
  2. Todos os nomes dos prefixos do SI escríbense con letra minúscula. Exemplos: quilo, mega, mili, micro, tera,...
  3. Un prefixo nunca debe ser usado só. Exemplo: 106 m3 , non Mm3 .
  4. Non se debe deixar espazo entre prefixo e unidade, e deben ser evitados os prefixos compostos. Exemplos: 1 pF , e non 1 p F ou 1μμF ; 1 nm , e non 1 mμ m .
  5. O agrupamento formado polo símbolo do prefixo unido ao símbolo da unidade enténdese como un símbolo novo e inseparábel, que pode ser elevado a potencias positivas ou negativas e ser combinado con outros símbolos de unidades para formar símbolos de unidades compostas. Deste xeito, un exponente aplícase á unidade como un todo, incluíndo o seu prefixo. Exemplos: 1 cm3 = (10-2 m)3 = 10-6 m3 ; 1 cm-1 = (10-2 m)-1 = 102 m-1 ; 1 μs-1 = (10-6 s)-1 = 106 s-1 ; 1 V/cm = (1 V)/(10-2 m) = 102 V/m; km2 significa (km2), área dun cadrado que ten un quilómetro de lado, é dicir, 106 metros cadrados e nunca k(m2), que correspondería a 1000 metros cuadrados.
  6. Cando un múltiplo ou submúltiplo dunha unidade se escribe con todas as letras, debe escribirse tamén o prefixo con todas as letras, comezando con minúscula. Exemplo: megahertz, e non Megahertz ou Mhertz.
  7. O quilogramo é a única unidade asociada a unha magnitude fundamental que no seu nome, e por motivos históricos, contén un prefixo. Os seus múltiplos e submúltiplos fórmanse engadíndolle os prefixos á palabra “gramo”. Exemplo: 10-6 kg = 1 mg = 1 miligramo, e non 1 microquilogramo ou 1 μkg .
  8. Os múltiplos e submúltiplos das unidades de medida deben ser xeralmente escollidos de xeito que os valores numéricos estean entre 1 e 1000. Exemplo: 750 km e non 750 000 m .

Véxase tamén

Ligazóns externas