Vogal temática: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
retiro enuso
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 22: Liña 22:
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico,por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego presenta un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos, ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.
Ó describi-lo verbo galego [[Antón Santamarina]] (1974)<ref>Santamarina, Antón (1974): ''El verbo gallego''. Anexo 4 de Verba. Santiago</ref> salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas [[neutralización]]s, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico,por exemplo, ''coll'''e'''r > coll'''e'''s ante part'''i'''r > part'''e'''s''. Así a todo, o [[verbo]] galego presenta un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos, ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.


Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro conxugacións nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con VT /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de Perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, CV coub-[ę]-ra), coas VT /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.
Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro conxugacións nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con vogal temática /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de Perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, coub-[ę]-ra), coas vogais temáticas /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.


Considerando a vogal temática do [[tema de presente]] ante a vogal temática das formas do [[tema de perfecto]], tendo en conta os verbos irregulares na [[Normativa oficial do galego - Verbo#Paradigmas dos verbos irregulares|''Normativa oficial do galego'']], podemos distinguir as seguintes clases mórficas:
Considerando a vogal temática do [[tema de presente]] ante a vogal temática das formas do [[tema de perfecto]], tendo en conta os verbos irregulares na [[Normativa oficial do galego - Verbo#Paradigmas dos verbos irregulares|''Normativa oficial do galego'']], podemos distinguir as seguintes clases mórficas:

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2008 ás 14:03

A vogal temática é un constituínte da flexión verbal que permite a clasificación dos verbos en conxugacións. Está situada entre a raíz verbal e o sufixo modo-temporal, se ben non tódalas formas do paradigma verbal teñen vogal temática, é o caso do presente de subxuntivo.

Así a todo, hai diverxencias en canto á consideración da entidade ou localización da vogal temática. Tres son as interpretacións que se fan da mesma:

  • a vogal temática é parte do radical,
  • a vogal temática é independente da raíz e do morfema modo-temporal
  • a vogal temática é parte do morfema de modo e tempo.

Na análise da flexión verbal do portugués, Mattoso Camara segmenta catro constituíntes: o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais; a vocal temática (VT), que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos; o sufixo modotemporal (SMT), con amalgama das nocións gramaticais de modo e tempo; o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito. Os dous primeiros constituíntes forman o tema (T) e os outros o sufixo flexional (SF).

Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por Santamarina aplícase o método proposto por Mattoso Camara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega.

A vogal temática e conxugación

A lingua galega, tal cal outras linguas románicas, reduciu os catro grupos en que se dividía a conxugación latina a tres, ó confundírense os verbos en -ĒRE (2ª conxugación latina) e -ĚRE (3ª conxugación latina) ó desaparecer a cantidade.

Os verbos da terceira conxugación latina (-ĚRE) pasaron a formar parte da segunda (-er) ou da terceira (-ir) romance recompoñéndose o sistema verbal en tres conxugacións:

  • Verbos co infinitivo rematado en -AR ou primeira conxugación
  • Verbos co infinitivo rematado en -ER ou segunda conxugación
  • Verbos con infinitivo rematado en -IR ou terceira conxugación.

Mattoso Câmara, ó analizar a flexión verbal do portugués afirma que esta clasificación tripartita é uma aproximaçáo da realidade. Na verdade, em face de uma 1ª classe, ou conjugaçáo I (CI) há outra classe que em certas formas se divide numa conjugaçáo II (CII) e numa conjugaçáo III (CIII)[1]. Para este lingüísta, o feito de que se escolla o infinitivo é unha convención da descrición, debido a que é "a forma verbal mais indefinida quanto ás noçoes gramaticais'[2].

Ó describi-lo verbo galego Antón Santamarina (1974)[3] salienta que a clasificación en conxugacións se basea na tan frecuente coincidencia dos verbos na desinencia de infinitivo (-ar, -er, -ir), pero o que realmente indica a conxugación á que pertence unha forma verbal ou todo o paradigma é a vogal temática, tónica no infinitivo: /a/ na primeira conxugación /e/ na segunda e /i/ na terceira; velaí o motivo polo que se toma a desinencia do infinitivo como indicador de clase mórfica, xa que, en posición átona, a vogal temática está suxeita a determinadas neutralizacións, que levan en certos casos á confluencia da segunda e da terceira conxugacións nun só grupo mórfico,por exemplo, coller > colles ante partir > partes. Así a todo, o verbo galego presenta un gran conservadorismo nos seus constituíntes morfolóxicos, ó non se rexistraren moitas das neutralizacións temáticas presentes noutras linguas próximas.

Considerando a totalidade dos verbos, regulares e irregulares, pode falarse da existencia de catro conxugacións nas formas nominais e no tema de presente: (1ª - cantar, 2ª - deber, 3ª - vivir, e 4ª - ir, pór), con vogal temática /a, e, i, Ø/ respectivamente, fronte a cinco no tema de Perfecto (1ª, cant-a-ra, 2ª deb-[e]-ra, 3ª viv-i-ra, 4ª fo--ra, 5ª coub-[ę]-ra), coas vogais temáticas /a, e, i, Ø, ę/, respectivamente.

Considerando a vogal temática do tema de presente ante a vogal temática das formas do tema de perfecto, tendo en conta os verbos irregulares na Normativa oficial do galego, podemos distinguir as seguintes clases mórficas:

Clases mórficas do idioma galego

A vogal temática nos verbos regulares

Hai tres conxugacións regulares atendendo á vogal temática: andar, coller e adquirir pois en posición tónica hai tres vogais temáticas: /a/ para a primeira conxugación, /e/ para a segunda, /i/ para a terceira. Non acontece o mesmo en posición átona, ou en certos contextos, xa que teñen lugar neutralizacións ou outras variacións de fipo fonolóxico. Débese tamén considerar que a tripla oposición entre /a/-/e/-/i/ desaparece na primeira, segunda e terceira persoas do singular do perfecto e mais en todo o imperfecto de indicativo.

Estrutura dos verbos regulares

Observacións ó gráfico

  1. En verbos como ler e rir a vogal temática é absorbida pola vogal do radical nestas formas: le-s, le, ri-s, ri.
  2. Naquelas formas en que queda en posición átona postónica, a vogal temática da segunda e terceira conxugación neutralízase en /E/, fronte á vocal /a/ da primeira conxugación: Presente de indicativo (fal-a-s, fal-a, fal-a-n / com-e-s, com-e, com-e-n; part-e-s, part-e, part-e-n) e imperativo: fal-a / com-e, part-e.
  3. A terceira persoa do pretérito de indicativo é /O/ ante a semivogal posterior /w/ (fal-o-u), aínda que para esta persoa na lingua estándar e en parte do territorio lingüístico galego se constata unha tripla oposición: fal-o-u / com-e-u / part-i-u, considérese a presenza de dúas variantes dialectais na lingua galega: and-o-u / coll-e-u, part-e-u, ou and-o-u / coll-i-u, part-i-u.
  4. Todo o copretérito de indicativo, a primeira e segunda persoa do singular do pretérito de indicativo e o participio establecen a oposición entre /a/ para a primeira conxugación e /i/ para asegunda e terceira: and-a-do / coll-i-do, part-i-do; and-a-ba / coll-í-a, part-í-a; and-a-ches / coll-i-ches, part-i-ches; and-e-i / coll-í-n, part-í-n.
  5. Nalgunhas falas do Salnés e da ría da Arousa, as tres conxugacións conflúen nunha mesma VT para a P1: and-í-n, coll-í-n, part-í-n.
  6. Pódese achar dialectalmente unha tripla diferenciación na segunda persoa do singular do pretérito de indicativo (and-a-ches / coll-e-ches / part-i-ches).
  7. Hai participios atemáticos, como ence-Ø-so, vol-Ø-to, mor-Ø-to, aber-Ø-to, enxoi-Ø-to, mu-Ø-do, na-Ø-do.


Referencias

  1. Câmara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105
  2. Câmara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982, páx. 105
  3. Santamarina, Antón (1974): El verbo gallego. Anexo 4 de Verba. Santiago

Véxase tamén

Bibliografía

  • Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): Gramática Galega, Vigo. Galaxia, 1995
  • Câmara Jr., J. Mattoso (1970): Problemas de linguística descritiva. Petrópolis: Vozes, 1970
  • Câmara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982
  • Díaz Regueiro, M. (1 992): Os verbos galegos, Santiago: Xunta de Galicia.
  • Femández Re¡, F. (1978/1979): O verbo. Contribución á dialectoloxía galega. 2 vol. Tese de Doutoramento. Univ. de Santiago.
  • Femández Re¡, F. (1986): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632-644.
  • Femández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade. 1991.
  • Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
  • Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1982): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 1995.
  • Nicolás, R. (1993): Diccionario dos verbos galegos. Pontevedra: O Cumio.
  • Piel, J. M. (1944): "A flexao verbal em portugês", separata de Biblos 20.
  • Pontes, E. (1973): Estrutura do verbo no português coloquial. Petrépolis: Vozes.
  • Santamarina, A (1974): El verbo gallego. Anexo 4 de Verba. Santiago.