Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: is:Pelópsskagi
m bot Engadido: uk:Пелопоннес
Liña 64: Liña 64:
[[sv:Peloponnesos]]
[[sv:Peloponnesos]]
[[tr:Mora Yarımadası]]
[[tr:Mora Yarımadası]]
[[uk:Пелопоннес]]
[[vec:Morea]]
[[vec:Morea]]
[[zh:伯罗奔尼撒]]
[[zh:伯罗奔尼撒]]

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2008 ás 13:55

O Peloponeso (en grego, Πελοπόννησος) constitúe unha larga península no sur da Grecia, separada do continente polo Istmo de Corinto.

A periferia do Peloponeso.

Etimoloxicamente, o seu nome deriva do antigo heroi grego Pélops, (Πελοπς), fillo de Tántalo e antepasado dos Atridas, o cal tería dominado toda a rexión, e da palabra grega que designa illa, νησος (nisos), donde teríamos o nome Illa de Pélops. Notese, por exemplo, a presenza deste último elemento nunha outra designación xeográfica do país – as doce illas que constituen o arquipélago do Dodecaneso (Δωδεκάνησα), palabra grega que significa precisamente doce (Δωδεκά, dodeká) illas (νησα, nisa).

Curiosamente, o Peloponeso só se tornou verdadeiramente unha illa acando da abertura do Canal de Corinto, en 1893. En 2004, o Peloponeso gañou unha segunda ligación coa Grecia Continental, coa inauguración da Ponte Río-Antirio.

Do Peloponeso veu o nome da Guerra do Peloponeso que opuxo, na Antiguidade Clásica, aAtenas, a potencia marítima da Hélade, situada na Ática, a Esparta, a potencia continental, que se achaba no sur da península.

Nos tempos medievais, a península foi chamada Moreia, por se asemellar vagamente a unha folla de amoreira.

Aínda que o termo "Peloponeso" sexa frecuentemente usado para se referir á totalidade da península, na división administrativa provincial grega, a periferia (περιφέρειες) con ese nome inclúe só unha parte da península, composta por cinco prefeituras, ou nomoi (do grego νομοι, plural de νομος, nomos):

Esta perifería ten a súa capital na cidade de Patras.

O resto das prefeituras do Peloponeso (a Acaia e maila Élida), aínda que facendo xeograficamente parte da península, forman parte da periferia da Grecia Occidental.