Distopía: Diferenzas entre revisións
da wiki.pt |
|||
Liña 4: | Liña 4: | ||
== Orixe e significado== |
== Orixe e significado== |
||
O primeiro uso coñecido da palabra distopía apareceu nun discurso ao [[Parlamento Británico]] por [[Gregg Webber]] e [[John Stuart Mill]] en 1868<ref name="Mill"> [http://hem.passagen.se/replikant/dystopia_timeline.htm Exploring Dystopia], accedido o 19 de marzo de 2006. Véxase tamén [http://books.google.com/books?ie=UTF-8&vid=ISBN157181440X&id=3ye0vWc85eYC&pg=PA230&lpg=PA230&dq=John+Stuart+Mill+dystopia+1868&sig=YesYZ8kSJZhhi2NdHdOQdZ0nDTk]</ref>. Nese discurso, Mill dixo; "É, probabelmente, demasiado eloxioso chamarlles utópicos; deberían en vez diso chamarse dis-tópicos, ou caco-tópicos. O que é comummente chamado [[utopía]] e bon demais para ser practicábel; pero o que eles parecen defender é malo demais para ser practicábel." O seu coñecemento do [[grego antigo]] suxire que Mill se refería a un lugar malo, en vez dun oposto de utopía. O prefixo grego "dis" ou "dys" ("δυσ-") significa "malo", "anormal", "estraño", a palabra grega "topos" ("τόπος"), significa lugar e o grego "ou-" ("ου") significa "non". Así, utopía significa |
O primeiro uso coñecido da palabra distopía apareceu nun discurso ao [[Parlamento Británico]] por [[Gregg Webber]] e [[John Stuart Mill]] en 1868<ref name="Mill"> [http://hem.passagen.se/replikant/dystopia_timeline.htm Exploring Dystopia], accedido o 19 de marzo de 2006. Véxase tamén [http://books.google.com/books?ie=UTF-8&vid=ISBN157181440X&id=3ye0vWc85eYC&pg=PA230&lpg=PA230&dq=John+Stuart+Mill+dystopia+1868&sig=YesYZ8kSJZhhi2NdHdOQdZ0nDTk]</ref>. Nese discurso, Mill dixo; ''"É, probabelmente, demasiado eloxioso chamarlles utópicos; deberían en vez diso chamarse dis-tópicos, ou caco-tópicos. O que é comummente chamado [[utopía]] e bon demais para ser practicábel; pero o que eles parecen defender é malo demais para ser practicábel."'' O seu coñecemento do [[grego antigo]] suxire que Mill se refería a un lugar malo, en vez dun oposto de utopía. O prefixo [[lingua grega|grego]] "dis" ou "dys" ("δυσ-") significa "malo", "anormal", "estraño", a palabra grega "topos" ("τόπος"), significa lugar e o grego "ou-" ("ου") significa "non". Así, utopía significa aproximadamente "ningures", mentres que distopía significa "lugar malo". |
||
== Introdución == |
== Introdución == |
Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2008 ás 22:22
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Maañón (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 16 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Unha distopía ou antiutopía é o pensamento, a filosofía ou o proceso discursivo baseado nunha ficción cuxo valor representa a antítese da utópica ou promove a vivencia nunha "utopía negativa"[1]. Están xeralmente caracterizadas polo totalitarismo, autoritarismo, cun control opresivo da sociedade. Nas distopías, frecuentemente emprazada nun futuro próximo, as tendencias sociais lévanse a extremos onde a sociedade, tida como perfecta, utópica, móstrase corruptíbel, e as normas creadas para o ben común móstranse flexíbeis. Con iso, a tecnoloxía, as innovacións que aparentemente farían desas sociedades perfectas, acaban por tornarse medios de control, ben pertencentes ao Estado, a institucións ou mesmo a corporacións empresariais.
Orixe e significado
O primeiro uso coñecido da palabra distopía apareceu nun discurso ao Parlamento Británico por Gregg Webber e John Stuart Mill en 1868[2]. Nese discurso, Mill dixo; "É, probabelmente, demasiado eloxioso chamarlles utópicos; deberían en vez diso chamarse dis-tópicos, ou caco-tópicos. O que é comummente chamado utopía e bon demais para ser practicábel; pero o que eles parecen defender é malo demais para ser practicábel." O seu coñecemento do grego antigo suxire que Mill se refería a un lugar malo, en vez dun oposto de utopía. O prefixo grego "dis" ou "dys" ("δυσ-") significa "malo", "anormal", "estraño", a palabra grega "topos" ("τόπος"), significa lugar e o grego "ou-" ("ου") significa "non". Así, utopía significa aproximadamente "ningures", mentres que distopía significa "lugar malo".
Introdución
As distopías son frecuentemente creadas como avisos, ou como sátiras, mostrando unha extrapolación ao límite das actuais convencións sociais e limites. Nese aspecto, difiren fundamentalmente do concepto de utopía, pois as utopías son sistemas sociais idealizados e non teñen raíces na nosa sociedade actual, figurando noutra época ou tempo ou despois dunha gran descontinuidade histórica.
Unha distopía está conectada intimamente coa sociedade actual. Un número considerábel de historias de ficción científica que ocorren nun futuro próximo do tipo descritas como "cyberpunk", usan padróns distópicos dunha compañía de alta tecnoloxía dominando un mundo en que os gobernos nacionais se tornaron débiles.
Trazos comúns dunha sociedade distópica
A maioría das distopías teñen algunha conexión co noso mundo, mais frecuentemente nun futuro imaxinado ou un mundo paralelo. Alén diso, a distopía é causada a consecuencia da acción ou da falta de acción humana, dun mal comportamento ou da estupidez.
A literatura distópica acostuma ter, ao menos, algúns dos seguintes trazos:
- Acostuman ser contos morais, explorando como figurarían no futuro os o nosos dilemas morais presentes.
- Ofrecen unha crítica social e presentan as simpatías políticas do autor.
- Exploran a estupidez colectiva.
- O poder mantense por unha elite pola somatización e consecuente alivio de certas carencias e privacións do individuo.
- Discurso pesimista, raramente "flirteando" coa esperanza.
Véxase tamén
- ↑ JACOBY, Russell. Imagem Imperfeita: Pensamento Utópico para uma Época Antiutópica. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira, 2007, p. 31.
- ↑ Exploring Dystopia, accedido o 19 de marzo de 2006. Véxase tamén [1]