Cho Oiu: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
m Cho Oyu movida a Cho Oiu
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2008 ás 23:52

O Cho Oyu desde Gokyo

O Cho Oyu é a sexta montaña máis alta da Terra con 8.201 m.s.n.m. Està situada na cadea do Himalaia, a uns 20 km ao oeste do Everest, a 28º 06' N e 86º 39' L, na fronteira entre Nepal e o territorio do Tíbet.

Nome

Cho Oyu significa Deusa Turquesa en tibetano.

Ascensión

O Cho Oyu foi escalado até a cima por primeira vez, seguindo a ruta da súa cara oeste, o 19 de outubro de 1954 polos montañeiros Herbert Tichy, Joseph Joechler e o xerpa Pasang Dawa Lama, formando parte dunha expedición austríaca.

A poucos quilómetros a poñente do Cho Oyu está ubicado Nangpa La (5.716 m), un paso xeado que se utiliza na vía comercial entre o Tíbet e a zona nepalí de Khumbu. A causa da súa proximidade ao Cho Oyu, os escaladores coidaron que o Cho Oyu era o "oitomil" máis fácil de ascender.

O Cho Oyu foi o quinto cume de máis de oito mil metros de altura que foi coroado polo ser humano, logo do Annapurna (xuño de 1950), Everest (maio de 1953), Nanga Parbat (xullo de 1953) e o K2 (xullo de 1954).

Outras ascensións