Orco (Terra Media): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
{{Outroshomónimos|Orco (homónimos)}} |
m bot Engadido: eo:Orko (Mez-Tero) |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
[[de:Ork]] |
[[de:Ork]] |
||
[[en:Orc]] |
[[en:Orc]] |
||
[[eo:Orko (Mez-Tero)]] |
|||
[[es:Orco]] |
[[es:Orco]] |
||
[[fi:Örkki]] |
[[fi:Örkki]] |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2008 ás 03:56
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Orco (homónimos).
Esta criatura fantástica é moi frecuente en relatos de fantasía épica. É unha raza antropomorfa de costumes brutais creada pola imaxinación de J.R.R. Tolkien dentro da súa obra de fantasía sobre a Terra Media, que inclúe O Hobbit e O Señor dos Aneis.
Hai varias versións dentro da propia mitoloxía tolkieniana en relación coa orixe concreta dos Orcos.
- Unha delas baséase na crenza dos propios elfos de que os Orcos eran unha parte dos Avari ou Elfos Renuentes (aqueles que non quixeran facer a Grande Viaxe), que se volveran salvaxes e malvados nas súas terras.
- A outra, segundo se nos conta no Silmarillion, narra que nos primeiros tempos da Terra Media, tempos en que o malvado Melkor xa estaba enfrontado ó resto dos Valar, moitos elfos que se afastaban sós dos seus dominios eran raptados por Melkor, que os mantiña cativos e escravizados, para ilos corrompendo coa súa crueldade. Estes seres, contrariamente a moitas das creacións de Melkor, tiñan vida propia e reproducíanse á imaxe do resto do fillos de Ilúvatar.
Así se creou, disque, a raza dos Orcos, unha raza que non era máis ca unha imaxe distorsionada dos propios elfos, nacida do odio e a envexa que Melkor lles tiña a eles.