Fuste: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
{{Templo grego}}
Elvire (conversa | contribucións)
m + fr
Liña 17: Liña 17:
[[cs:Šachta]]
[[cs:Šachta]]
[[es:Fuste]]
[[es:Fuste]]
[[fr:Fût (architecture)]]
[[pt:Fuste]]
[[pt:Fuste]]

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2008 ás 22:36

Columna de Traxano
Fustes dos piares compostos da nave da Catedral de Santiago de Compostela

O fuste é a parte da columna que se atopa entre o capitel e a base.

Corresponde ao corpo principal ou básico das columnas utilizadas en moitos dos edificios desde a época exipcia ata o neoclásico do século XIX. O seu deseño pode ser desde o simplemente liso, é dicir sen ningunha decoración, pasando polo estriado ou raiado no sentido vertical do fuste, este estriado chegouse a facer fino resaltándoo en lombo curvo ou ben acanalado, con muescas nos extremos de cada raiadura para difuminar a súa forma coa do basamento ou co capitel.

Os fustes chegaron a contar con decorados vexetais ao seu derredor, para facelos máis vistosos.

Normalmente os fustes construíanse en forma de seccións encostadas no sentido vertical, ao facelo os gregos chegaron a facelos bombeados na parte central coa finalidade de que a visual en perspectiva non os fixese parecer desproporcionados, ou ben son cilíndricos con maior grosor na súa parte interior, grosor que vai diminuíndo conforme crece ou se alonga.

O fuste de maior decoración é o denominado como "salomónico" por ter un deseño torto ou helicoidal, con decorado en follas de parra e acios de uvas, e é propio do barroco.

Tamén se teñen os fustes simulados acaroados ás fachadas dos templos católicos, como os estípites, que teñen forma de pirámide truncada pero co lado máis angosto na parte inferior.