Tulkas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 8: Liña 8:


===Referencias===
===Referencias===
<references>
<references/>


{{ainur}}
{{ainur}}

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2008 ás 17:27

Tulkas é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É un dos Valar, os seres anxelicais que gardan e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). Tamén se lle coñece polo alcume Astaldo, que significa o Valente.

A Tulkas descríbeselle como un home de cabelo e barba dourados e cute rubio, que non precisa de cabalo, xa que é incansábel e ningunha outra cousa pode igualar a súa velocidade[1]. Non lle interesan nin o futuro nin o pasado, e é o máis guerreiro dos Valar. Foi o último deles en descender a Arda para axudar aos demais na guerra que estaban a librar contra Melkor, o Vala maligno. Melkor fuxiu ante a súa chegada, co que comezou a Primavera de Arda.

De Tulkas dise que goza coa loita, usando só as súas mans como armas, e cos concursos de forza; que tarda en anoxarse mais que tamén tarda en perdoar; por iso foi un dos Valar que se opuxo á liberación de Melkor do seu presidio logo de este tentar conquistar o mundo. Dise tamén que aínda que non resulta útil como conselleiro, é un amigo rexo.

Logo da creación das Dúas Lámpadas e de que os Valar estabelecesen a súa primeira morada en Almaren, Tulkas casou con Nessa durante un grande banquete disposto por Manwë. Despois adormeceu, momento que aproveitou Melkor para entrar na Terra Media sen ser visto[2].

Referencias

  1. O Silmarillion: Valaquenta
  2. O Silmarillion: Valaquenta, Quenta Silmarillion