Diferenzas entre revisións de «Yavanna»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
==Personaxe==
N'Yvanna ''O Silmarillion'' aparece comoé unha dos [[Valar]], os seres anxelicais que gardan e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien). É a esposa de [[Aulë]] e a encargada da ''Olvar'' ([[flora]]) e ''Kelvar'' ([[fauna]]) do mundo. As súas forma visíbeis son unha muller alta vestida de verde ou unha grande árbore que verte orballo dourado sobre a terra.
 
Cando [[Eru Ilúvatar]] (a versión de [[Deus]] de Tolkien) permite que as creacións de Aulë, os [[Anano (Terra Media)|Ananos]], sobrevivan, Yavanna teme que estes acaben tallando todas as árbores da Terra Media. Eru responde á súa pregaria creando aos [[Ent]]s para protexeren as árbores. As [[Aguia (Terra Media)|Aguias]] tamén teñen a súa orixe na canción de Yavanna e [[Manwë]]. Tanto os Ents como as Aguias deben a súa existencia aos "espíritos vidos de lonxe" invocados pola mente de Yavanna para habitaren entre a fauna e a flora de Arda. As [[Dúas Lámpadas]] son creadas por Aulë a petición de Yavanna, e a súa luz fai [[xerminación|xermolar]] as sementes plantadas por ela. Logo de que [[Morgoth|Melkor]], o Vala maligno, destruíse as Dúas Lámpadas e de que os Valar se retirasen ao afastado Oeste para fundar o reino de [[Valinor]], Yavanna crea por medio do seu canto as [[Dúas Árbores de Valinor]] que iluminan a terra dos Valar.
3.209

edicións

Menú de navegación